DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2023/118-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS VAR805 e CTC A Lagoa.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas:

Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 1.124 metros de lonxitude, con orixe e final nos empalmes coa LMTS existente VAR8051059, na rúa do Freixo, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado.

Centro de transformación (CT) a 250 kVA con r.t. de 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 7444222NH1174S0000EB, na rúa Escola do Canto, nº 28.

A instalación está situada nas rúas do Freixo, Lagoa, Escola do Canto e avenida Vilanova, na parroquia de Sobrán, municipio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 27 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente: IN407A 2023/118-4.

Denominación: LMTS VAR805 e CTC A Lagoa.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub

m2 sub

1

Escola do Canto

Rústico

7444222NH1174S0000EB

Manuel Paz Carballo

16,81

9,09

1,56