DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Mos (expediente IN407A 2023/322-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita dunha instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS MOS707 e substitución CTI Cabaleiros 36AY15 por CTC.

Situación: concello de Mos.

Características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV, con condutor RHZ1, de 27 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A450JPE0 da LMTA MOS707, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no novo centro de transformación proxectado Cabaleiros.

– Centro de transformación compacto (CTC) a 400 kVA, con relación de transformación 15 kV/400V, situado na parcela con referencia catastral 36033A030005430000SH, no lugar de Regueiro.

– Desmontaxe do centro de transformación intemperie Cabaleiros 36AY15.

– A instalación está situada no lugar de Regueiro, estrada Puxeiros-Mos, na parroquia de Torroso, no concello de Mos (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 29 de xuño de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: IN407A 2023/322-4.

Denominación: LMTS MOS707 e substitución CTI Cabaleiros 36AY15 por CTC.

Concello: Mos.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m2)

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Regueiro

Rústico

36033A30005430000SH

Carmen Pampillón Grandal

16,81

8,55

37,98