DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44589

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para a selección de dúas prazas de persoal temporal.

A directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar (en diante,
Cetmar), en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e bases específicas para a selección de 1 secretaria de
Dirección e 1 auxiliar técnico de Área.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabello, s/n, 36208 Vigo e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte da publicación deste anuncio.

Vigo, 14 de xullo de 2023

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar-Fundación Cetmar