DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 20 de xullo de 2023 Páx. 44514

IV. Oposicións e concursos

Consello Económico e Social de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2023 pola que se fai pública a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso no grupo 1 (Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello).

De conformidade co establecido na base I.4.1 da convocatoria que regula o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo 1 do Consello Económico e Social de Galicia (DOG núm. 246, do 28 de decembro), esta presidencia

RESOLVE:

Aprobar a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso na praza de persoal laboral do Consello Económico e Social de Galicia, grupo 1, Dirección do Centro de Documentación e Apoio ao Consello.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org.

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución e poderase consultar no portal web corporativo www.ces-galicia.org.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2023

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do Consello Económico e Social de Galicia

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas: ningunha.

Relación de persoas aspirantes admitidas:

Apelidos e nome

NIF

Castro Lodeiro, Fernando

***2694**

Lomba Molinos, Sara

***1755**