DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44601

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 20 de xullo de 2023 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello de Ferrol,

DISPOÑO:

O nomeamento de Javier Pastor Díaz Mosquera como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación do Concello de Ferrol.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar