DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44824

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 42217, respecto da base II.2.4, onde di: «…A persoa aspirante poderá pedir a substitución e nova determinación ao chou de ata dous dos temas, da mesma materia e parte que os substituídos, nos primeiros sete (7) minutos dos vinte (20) de que dispón para preparar a exposición dos temas a expoñer oralmente, sempre respectando o número de temas e materias establecidos no parágrafo anterior…»; debe dicir: «…A persoa aspirante poderá pedir a substitución e nova determinación ao chou de ata dous dos temas, da mesma materia e parte que os substituídos, nos primeiros dez (10) minutos dos trinta e cinco (35) de que dispón para preparar a exposición dos temas que vai expoñer oralmente, sempre respectando o número de temas e materias establecidos no parágrafo anterior…».