DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44822

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de orientación laboral.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 42354, respecto da base I.I.1., onde di:

«…O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento trinta (130) prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de orientación laboral, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): cento trinta (130) prazas de acceso libre, das cales dezaseis (16) se reservan para a quenda de discapacidade.

Resérvanse trinta e dúas (32) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición».

Debe dicir:

«…O obxecto do proceso selectivo será cubrir cento trinta e unha (131) prazas do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de orientación laboral, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2022, á cal se acumula a procedente da oferta de 2021, segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2022, aprobada polo Decreto 217/2022, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): cento trinta (130) prazas de acceso libre, das cales dezaseis (16) se reservan para a quedan de discapacidade.

– Oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril): unha (1) praza de acceso libre.

Resérvanse trinta e dúas (32) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición».