DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 21 de xullo de 2023 Páx. 44821

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, na escala técnica de condución do corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 42384, respecto da base I.2.1.3, onde di:

«Tamén poderá concorrer, pola quenda de promoción interna, o persoal laboral fixo pertencente ao grupo III que se atope incluído dentro do ámbito de aplicación do V Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia».

Debe dicir:

«Tamén poderá concorrer, pola quenda de promoción interna, o persoal laboral fixo pertencente ao grupo III e á categoría 16 do grupo IV que se atope incluído dentro do ámbito de aplicación do V Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia».