DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45134

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

ANUNCIO do 13 de xullo de 2023, da Comisión de Selección, polo que se fai pública a resolución da mesma data sobre o resultado da proba de coñecemento da lingua galega obtido polas persoas aspirantes que non acreditan estar en posesión do nivel de coñecemento requirido.

Mediante a Resolución do 13 de xullo de 2023 publicouse o resultado obtido na proba de coñecemento da lingua galega, do 12 de xullo de 2023, polas persoas aspirantes que non acreditan estar en posesión do nivel de coñecemento requirido para o acceso ás prazas convocadas.

A resolución poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Turismo de Galicia, no enderezo electrónico: https://www.turismo.gal/espazo-institucional

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2023

Antonio Casas Calviño
Presidente da Comisión de Selección