DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45132

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461C).

O 5 de maio de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 86 a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

O 23 de maio de 2023, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 19 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar con carácter provisional as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp), http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp, http://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de acceso por promoción interna, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria, as persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos de lingua galega.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de acceso por promoción interna, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 13 de xullo de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial convocado pola Orde do 19 de abril de 2023

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***3221**

Boquete

Vidal

Felipe

2

***0691**

Brea

Lago

David

3

***9706**

Bugallo

Del Puerto

Iván

3

***7439**

Leitos

González

José Enrique

2 e 3

***2983**

Marcos

Mosquera

Martina

2

***1809**

Martínez

Giráldez

Raúl Manuel

2

***9487**

Otero

Nandín

María Luz

1

***6407**

Villa

Sobrino

Ricardo

3

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Relación de méritos non presentada ou incorrecta

3

Non acreditar ou non cumprir o establecido nos puntos 2.1.g), 2.1.h), 2.1.i) e/ou 2.1.j) da convocatoria