DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45122

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), e modificado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade educación social, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da
Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,
escala técnica de facultativos, especialidade educación social

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Laura Fuentes López, persoal funcionario do corpo de técnicos de apoio social, subgrupo A2.

Secretaría:

– Adrián Vázquez Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Ramón Olegario Sampedro López, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade en pedagoxía terapéutica.

– María Vitalia García Méndez, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de pedagoxía.

– María Aurora Cid González, persoal laboral fixo da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo I, categoría 11, titulada superior pedagoga.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Pilar María Barreiro González, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

– Javier Francisco Rouco Ferreiro, persoal funcionario do corpo de mestres.

Vogais:

– Raquel Seijo Gómez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Rufino David Luances Gudín, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos facultativos,especialidade de terapia ocupacional.

– José Manuel Oreiro Blanco, persoal funcionario do corpo facultativo superior, escala de facultativos, especialidade de psicoloxía.