DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45120

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP.

Unha vez convocado o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP, mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e pola Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, subgrupo AP

Tribunal titular:

Presidencia:

– Eva Fachado Rubio, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

Secretaría:

– Camilo Ríos Gestal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Avelina Amado Fernández, persoal funcionario do corpo de profesores de formación profesional.

– Rocío Pérez Reija, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Luis Ángel Castrillo Calvo, persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo III, categoría 065.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Marina Gabriela Cousillas Anido, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Secretaría:

– Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.

Vogais:

– José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Eva Pallas Figueira, persoal laboral fixo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, grupo III, categoría 065.