DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45118

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso- oposición, para o ingreso no ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil

Tribunal titular:

Presidencia:

– Manuel Lage Cobas, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de audición e linguaxe.

Secretaría:

– José Antonio Cotelo Veira, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Beatriz del Sagrario Gago López, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Lidia Rodríguez Ruiz, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.

– María José Iglesias Vázquez, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Carlos Fernández Fernández, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil.

Secretaría:

– Concepción Moares Domínguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– Marco Antonio Cobo García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Sonia Ortín Holgado, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil e primaria.

– Ángeles Rey Capelo, persoal funcionario do corpo de mestres, especialidade de educación infantil e primaria.