DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 24 de xullo de 2023 Páx. 45677

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 30 de xuño de 2023 polo que se dá publicidade á exposición da lista provisional de persoas admitidas e excluídas na convocatoria do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

Anúnciase a publicación da Resolución do 30 de xuño de 2023, do director da Fundación Galicia Europa, pola que se aproban e se fan públicas as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso en diversas categorías profesionais, xunto coa lista de persoas aspirantes que teñen pendente de acreditar estar en posesión do Celga requirido.

A resolución pode consultarse no portal web corporativo da Fundación Galicia Europa, no enderezo:

https://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

O prazo para presentar alegacións é de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2023

Jesús Mª Gamallo Aller
Director da Fundación Galicia Europa