DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I e II do sistema de complemento de desempeño do posto para o persoal laboral.

A Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este sistema transitorio configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 2.12.2022 ata o 26.12.2022.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpran os requisitos previstos para o recoñecemento dos graos I ou II polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Desestimar as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder aos graos extraordinarios I e II do sistema de carreira administrativa, por non cumprir os requisitos previstos para o acceso ao grao establecidos na Orde do 25 de novembro de 2022.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a desestimación da súa solicitude de recoñecemento extraordinario dos graos I ou II do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Causas

 

Observación

1

Non ten 5 anos de antigüidade o 31.12.2021

Artigo 14.1.a) e Acta núm. 4 da Comisión de Seguimento

2

Non ten 11 anos de antigüidade o 31.12.2021

Artigo 16.1.a) e Acta núm. 4 da Comisión de Seguimento

Data de solicitude

Nome

Grao

Grupo

Causa

1

6.12.2022

***9658**

Diego Mosquera Mato

2

A2

2

2

7.12.2022

***0285**

Eloy Morán Méndez

2

A1

2

3

7.12.2022

***9477**

Carlos Roque García Gómez

2

A2

2

4

7.12.2022

***8776**

Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez

2

A1

2

5

12.12.2022

***4753**

Andrés Alonso García

2

A1

2

6

15.12.2022

***5107**

José Luis Rodríguez Pedreira

2

A1

2

7

16.12.2022

***6379**

Clara González Martínez

1

C2

1

8

19.12.2022

***6554**

José Antonio Gómez García

2

A1

2

9

21.12.2022

***3582**

Juan José Martínez Piñeiro

2

A1

2

10

23.12.2022

***1615**

Consuelo Carballo Pérez

1

C1

1