A Orde do 25 de novembro de 2022 (DOG núm. 229, do 1 de decembro) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este sistema transitorio configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino.
O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 2.12.2022 ata o 26.12.2022.
As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o recoñecemento dos graos I ou II polas causas sinaladas en cada unha.
En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública
RESOLVE:
Desestimar as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder aos graos extraordinarios I e II do sistema de carreira administrativa, por non cumprir os requisitos previstos para o acceso ao grao establecidos na Orde do 25.11.2022.
De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a desestimación da súa solicitude de recoñecemento extraordinario dos graos I ou II do sistema de carreira administrativa.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte a súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Causas |
|
Observación |
1 |
Non ten 5 anos de antigüidade a 31.12.2021 |
Artigo 14.1.a) e Acta núm.4 da Comisión de Seguemento |
2 |
Non ten 11 anos de antigüidade a 31.12.2021 |
Artigo 16.1.a) e Acta núm. 4 da Comisión de Seguemento |
Nº |
Data de solicitude |
NIF |
Nombre |
Grado |
Grupo |
Causa |
1 |
6.12.2022 |
***9658** |
Diego Mosquera Mato |
2 |
A2 |
2 |
2 |
7.12.2022 |
***0285** |
Eloy Morán Méndez |
2 |
A1 |
2 |
3 |
7.12.2022 |
***9477** |
Carlos Roque García Gómez |
2 |
A2 |
2 |
4 |
7.12.2022 |
***8776** |
Ulpiano Leandro Villanueva Rodríguez |
2 |
A1 |
2 |
5 |
12.12.2022 |
***4753** |
Andrés Alonso García |
2 |
A1 |
2 |
6 |
15.12.2022 |
***5107** |
José Luis Rodríguez Pedreira |
2 |
A1 |
2 |
7 |
16.12.2022 |
***6379** |
Clara González Martínez |
1 |
C2 |
1 |
8 |
19.12.2022 |
***6554** |
José Antonio Gómez García |
2 |
A1 |
2 |
9 |
21.12.2022 |
***3582** |
Juan José Martínez Piñeiro |
2 |
A1 |
2 |
10 |
23.12.2022 |
***1615** |
Consuelo Carballo Pérez |
1 |
C1 |
1 |