Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT e RBT Baleixas, no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2022/258-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 12 de xullo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/258-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT e RBT Baleixas.
Concello: Santiago de Compostela.
Predio |
Lugar |
Ref. catastral |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
1 |
Coto Veiga |
002000100NH34D0000PW |
Herdeiros de Agustín Noia Castro (Dominga Figueira Martínez e Sonia Noia Figueira) |
27.6.2023 |