DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de adxudicación de dous postos de traballo de policía da Policía Local convocados para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía Local.

A Concellería delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante a Resolución do 13 de xuño de 2023, adxudicou dous postos de traballo de policía da Policía Local do Concello de Pontevedra convocados para a súa provisión polo sistema de mobilidade, mediante concurso, entre persoal funcionario de carreira doutros corpos da Policía Local, a favor de:

– Roberto Sousa Duarte, con DNI ***7759** .

– Pablo Álvarez Caloto, con DNI ***6465**.

As devanditas adxudicacións efectuáronse de conformidade coa proposta do tribunal cualificador do 1.6.2023 e implican, así mesmo, a adxudicación das prazas de policía correspondentes aos postos de traballo adxudicados e a integración das persoas adxudicadas como funcionarios de carreira coa categoría de policía da escala básica de Administración especial, subescala de servizos especiais, do corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra (grupo C, subgrupo C1).

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo proposta do tribunal cualificador, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 21 de xuño de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados