DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46315

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionarios/as de carreira dun oficial electricista, unha técnica media e un sepultureiro.

A Concellería delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante as resolucións do 15 de maio, do 7 de xuño e do 8 de xuño de 2023, nomeou funcionarios/as de carreira deste concello a:

– Agustín Loveira Martínez , con DNI***1716**, para ocupar unha praza de oficial electricista da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

– Marcos Argibay Blanco , con DNI ***7808**, para ocupar unha praza de sepultureiro/a da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema oposición libre, da OEP ordinaria do ano 2022.

– María Pilar Riveiro Rodríguez, con DNI***8733**, para ocupar unha praza de técnico/a medio/a da escala da Administración xeral, integrada dentro do grupo A, subgrupo A2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición, por promoción interna, da OEP ordinaria do ano 2022.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo propostas dos tribunais cualificadores, ao que se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou e no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os/as interesados/as tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 21 de xuño de 2023

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 17.6.2023)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados