DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 28 de xullo de 2023 Páx. 46222

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se publican os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de mestrado no curso 2023/24.

BDNS (Identif.): 708929.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatorias).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Estudantado que inicia estudos de mestrado na Universidade de Vigo no curso 2023/24.

Segundo. Obxecto

O obxecto destas axudas é incentivar a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso nos estudos oficiais de mestrado universitario da Universidade de Vigo.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se publican os premios á excelencia académica para estudantes que inician estudos de mestrado no curso 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de nove mil euros (9.000 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 19 de xullo ata o 29 de setembro de 2023.

Vigo, 18 de xullo de 2023

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 22.6.2022; DOG do 6 de xullo)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade