DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 31 de xullo de 2023 Páx. 46431

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 20 de xullo de 2023 pola que se amplía o crédito para o procedemento PE120A e PE120E da Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2023 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos dos procedementos PE120A, PE120B, PE120C e PE120E).

BDNS (Identif:): 669171.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total do crédito para a financiación das axudas previstas na Orde do 19 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regulan os procedementos para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convocan para o ano 2023 os devanditos procedementos, tramitados como expedientes anticipados de gasto (códigos dos procedementos PE120A, PE120B, PE120C e PE120E), en concreto para os procedementos:

– PE120A nunha contía de 92.187,00 euros, con cargo á aplicación 15.02.723A.770.0 (código do proxecto 2016.00254), polo que o importe total da convocatoria de 2023 para este proxecto ascende a 192.187,00 euros.

– PE120E nunha contía de 183.650,75 euros, con cargo á aplicación 15.02.723A.770.5 (código proxecto 2016.00278) polo que o importe total da convocatoria de 2023 para este proxecto ascende a 483.650,75 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para la presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar