BDNS (Identif.): 710095.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Persoas beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas inscritas no Reaga con orientación técnica económica principal en:
1. Horticultura ao aire libre.
2. Horticultura en invernadoiro.
3. Horticultura e cultivos diversos.
4. Cultivos leñosos.
5. Sementes e plántula de hortalizas.
6. Pataca.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal (procedemento MR419A), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4, Investimentos en activos físicos; submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, que contribúe directamente ás areas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola) e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura), e convocalas para o exercicio orzamentario 2023.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 24 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR419A).
Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural