DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 3 de agosto de 2023 Páx. 46893

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 24 de xullo de 2023 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2023.

Mediante a Orde do 24 de marzo de 2023 (DOG do 11 de abril), a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocou axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2023.

Reunida a comisión prevista no artigo 14 da citada orde, de acordo coa proposta formulada por ela e de conformidade co artigo 13 da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de nais e pais do alumnado e ás asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial relacionadas no anexo I.

Segundo. Excluír as ANPAS que figuran no anexo II por non ser dun centro de educación especial.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán electronicamente, de acordo co establecido no artigo 17 da orde de convocatoria, dirixida á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo, antes do día 31 de outubro de 2023, a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas e/ou nóminas e acreditación documental de que se efectuou o seu aboamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 24 de marzo de 2023 (DOG do 11 de abril), pola que se convocan as axudas para o ano 2023.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, esta orde poderase recorrer potestativamente en reposición no prazo dun mes, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, de acordo cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO I

CIF

Confederación/federación/ANPA EE

Beneficiaria

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confed. Galega ANPAS centros públi.)

Confederación

A Coruña

6.908,00

G70416557

Confederación ANPAS galegas

Confederación

Santiago de Compostela

7.080,00

G15098114

Congapa

Confederación

Ourense

3.639,00

G15042617

Federación provincial ANPAS centros públicos-Fapa Coruña

Federación provincial

A Coruña

3.887,00

G70366588

Federación centros públicos A Costa da Morte

Federación provincial

Carballo

1.935,00

G27019140

Fapacel Federación provincial ANPAS centros públicos

Federación provincial

Lugo

2.575,00

G27043389

FAPA Lugo

Federación provincial

Lugo

1.279,00

G32009037

Federeción provincial ANPAS centros públicos As Burgas

Federación provincial

Ourense

2.607,00

G32025538

Federación ANPAS centros privados e concertados

Federación provincial

Ourense

1.247,00

G94202843

FEAPA Pontevedra

Federación provincial

Vilagarcía de Arousa

1.311,00

G36020311

Federación provincial ANPAS centros públicos-FANPA

Federación provincial

Pontevedra

3.919,00

G70222195

Federación centros públicos Compostela

Federación provincial

Santiago de Compostela

2.079,00

G15543242

Federación ANPAS Ferrol e comarca

Federación comarcal

Ferrol

1.179,00

V36822682

Federación de ANPAS do Val Miñor

Federación comarcal

Gondomar

1.195,00

G36743946

Foanpas Federación ANPAS Olívica

Federación comarcal

Vigo

2.107,00

G36412039

FANPO Federación de ANPAS O Condado-Paradanta

Federación comarcal

Ponteareas

1.195,00

G72449150

Fafade Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza

Federación comarcal

Lalín

971,00

G44769743

Federación de ANPAS de Redondela

Federación comarcal

Redondela

1.131,00

G36581841

Fesanpas Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos

Federación comarcal

A Estrada

1.067,00

G70593991

ANPA CEE Ntra. Sra. de Lourdes

ANPA EE

A Coruña

810,00

G15747678

ANPA CEE Amicos

ANPA EE

Ribeira

810,00

G15456908

ANPA A Barcia

ANPA EE

Santiago de Compostela

810,00

G15874290

ANPA Colegio Duques de Lugo

ANPA EE

Santiago de Compostela

810,00

G15412026

ANPA CEE Terra de Ferrol

ANPA EE

Ferrol

810,00

G27159425

ANPA CEE Santa María

ANPA EE

Lugo

810,00

G32022774

ANPA CEE Miño

ANPA EE

Ourense

810,00

G32202798

ANPA CEE O Pino

ANPA EE

Ourense

810,00

V36130169

ANPA CEE Joaquina Sobrino

ANPA EE

A Guarda

810,00

G36753895

ANPA La Ilusión del Val Miñor

ANPA EE

Nigrán

810,00

G36152262

ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor Aceesca

ANPA EE

O Porriño

810,00

G36180768

ANPA CEE Juan XIII

ANPA EE

Pontevedra

810,00

G36630614

ANPA CEE A Menela

ANPA EE

Vigo

810,00

G36812063

ANPA CEE Saladino Cortizo

ANPA EE

Vigo

810,00

G36024941

ANPA CEE Os Mecos

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

810,00

G36131027

ANPA CEE Vilagarcía de Arousa

ANPA EE

Vilagarcía de Arousa

810,00

ANEXO II

Nome da ANPA

Concello

Causa de exclusión

ANPA Río de Va

Fene

Non ser ANPA de educación especial

ANPA SJ Emiliano Colegio Padres Somascos

A Guarda

Non ser ANPA de educación especial

ANPA Colexio A Encarnación

Caldas de Reis

Non ser ANPA de educación especial

ANPA Araes

Moaña

Non ser ANPA de educación especial