Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental da planta de produción de hidróxeno verde presentada por Tasga Renovables, S.L. co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: 2023-IPPC-I-34.
Titular: Tasga Renovables, S.L.
NIF: B32354664.
Domicilio social: vía Faraday, 12 D, 15890, Santiago de Compostela (A Coruña).
Localización da instalación: encoro de Touro, 36586, concello de Vila de Cruces (Pontevedra).
Actividade: produción de hidróxeno verde.
Categoría principal da actividade: categoría 4.2.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Descrición do proceso: xeración de hidróxeno mediante electrólise da auga, ademais de compresión e almacenamento. A subministración eléctrica provirá da central hidroeléctrica ao pé do encoro de Touro e a auga necesaria captarase do río Ulla.
Verteduras: ao río Ulla o excedente da auga do proceso de electrólise.