De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
O acto adoptouno o xefe territorial da Vicepresidencia Segunda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, Edificio Administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Lugo, 20 de xullo de 2023
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe da Área Provincial de Lugo
ANEXO
Expediente |
DNI/NIE |
Acto obxecto de notificación |
LU-21/2023 |
33860637Z |
Resolución do expediente sancionador |
LU-23/2023 |
33337256K |
Acordo de inicio do expediente sancionador |