DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Luns, 7 de agosto de 2023 Páx. 47308

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 26 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975R).

Segundo o recollido no artigo 1 do Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (actual Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda), esta consellería é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias e funcións en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, conservación do patrimonio natural, paisaxe e vivenda, conforme o establecido no Estatuto de autonomía para Galicia nos termos sinalados na Constitución española, co nivel de desenvolvemento que se indica neste decreto para cada un dos órganos integrantes deste departamento.

En particular, segundo o artigo 10 do referido decreto, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático exerce as competencias e funcións en materia de avaliación e control da incidencia que sobre o ambiente provoque a actividade humana, o fomento de sistemas e estratexias de corrección da dita incidencia, a avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, a xestión dos sistemas de observación ambiental e predición meteorolóxica de Galicia e o impulso da investigación ambiental e o desenvolvemento tecnolóxico para o logro da adecuada protección ambiental.

Inclúense aquí:

a) A elaboración e o seguimento dos programas autonómicos de prevención de residuos e dos plans autonómicos de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, e das accións de desenvolvemento destes.

b) O fomento das accións de minimización da produción de residuos, da súa reutilización e reciclaxe.

c) A planificación e o fomento de accións relacionadas coa economía circular.

A planificación en materia de prevención e xestión de residuos municipais en Galicia establece as bases para impulsar a xestión dos residuos cara a un escenario sustentable e acorde coa xerarquía de residuos marcada pola normativa, facendo especial fincapé na prevención, reutilización e valorización dos residuos, establecendo metas e obxectivos de acordo coa normativa vixente.

Así, a situación actual en materia de xestión de residuos municipais, recollida no novo plan de residuos que se atopa en tramitación, permite extraer conclusións e establecer prioridades de actuación encamiñadas cara ao cumprimento destes obxectivos. Entre eles, destacan medidas de prevención na xeración de residuos, o incremento progresivo da cantidade de residuos destinados á preparación para a reutilización e reciclaxe, a mellora da recollida separada en todo o territorio galego, incluíndo a incorporación de novas fraccións de residuos, o aumento da rede de puntos limpos de Galicia considerando as diferentes modalidades para dar cobertura á totalidade da poboación, e melloras nas infraestruturas existentes co fin de mellorar a recuperación de materiais e reducir a cantidade de residuos con destino a vertedoiro.

En concreto, os novos obxectivos de preparación para a reutilización e reciclado dos residuos domésticos municipais quedaron fixados para tres novos horizontes temporais: obxectivo do 55 % en 2025, 60 % en 2030 e 65 % en 2035, que se continúan coa senda marcada xa vixente do 50 % en 2020. Estes residuos, ademais, teñen unha restrición máxima de vertedura do 10 % do total dos residuos municipais xerados en 2035. Para estes obxectivos, hai que engadir os de reciclaxe de envases e residuos de envases, globais e por materiais, fixados para 2025 e 2030.

Polo que atinxe ao obxecto e finalidade da presente orde, estas axudas contribúen ao cumprimento da normativa comunitaria neste contexto e, en particular:

• Fomentan as primeiras opcións da xerarquía de residuos.

• Favorecen a separación dos residuos de características especiais, a través dunha axeitada clasificación, que facilitará as operacións de recuperación, reutilización e reciclaxe dos materiais.

• Favorecen a redución do depósito en vertedoiro, coas medidas relativas á preparación para a reutilización e reciclaxe dos materiais recuperables.

• Reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro, contribuíndo á loita contra o cambio climático.

• Contribúen ao alongamento da vida útil dalgúns produtos e ao incremento da dispoñibilidade de materias primas secundarias para os procesos industriais, reducindo o consumo de materias primas virxes, en definitiva, a facer un uso máis eficiente dos recursos dispoñibles.

Ademais da contribución en materia de xestión de residuos, de uso eficiente de recursos e da loita contra o cambio climático, súmanse outros beneficios asociados á xeración de emprego como consecuencia da promoción de actividades de recollida, preparación para a reutilización e reciclaxe.

Seguindo o principio de xerarquía de residuos, a prevención é a mellor opción de xestión, seguida nesta orde, da preparación para a reutilización, da reciclaxe, doutras formas de valorización (incluída a enerxética) e por último da eliminación (o depósito en vertedoiro, entre outras).

En consecuencia, tendo en conta as competencias asumidas por este departamento, esta convocatoria vai destinada a apoiar as empresas na procura de respostas aos retos e oportunidades asociadas á innovación ambiental, a fomentar a realización por parte das empresas de actuacións e investimentos encamiñados, con carácter prioritario, á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental, prestando a súa colaboración económica aos proxectos realizados polo sector empresarial galego en materia de xestión dos recursos e dos residuos.

Cómpre sinalar que con data do 20 de xuño de 2022 aprobáronse, na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, as bases reguladoras das subvencións que deben convocar as comunidades autónomas e o reparto propiamente dito das axudas previstas para o Plan de apoio á implementación da normativa de residuos, Programa de economía circular e PIMA residuos.

O obxectivo, polo tanto, é lograr que se cree unha nova cultura empresarial que aposte por unha tecnoloxía eficiente, que utilice procesos ecoeficientes baseados na excelencia operacional e o uso de tecnoloxías limpas. Ademais, deberán aproveitar os avances en innovación que se están a xerar coa industria 4.0 (fabricación aditiva, monitorización de procesos, incorporación de tecnoloxías facilitadoras esenciais [TFE], materiais avanzados, etc.) para establecer procesos de recollida e xestión de residuos que garantan a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro e a redución da contaminación ao ambiente (auga, solo e aire).

As actuacións recollidas nesta orde encádranse no marco do Acordo da Comisión de Coordinación en materia de residuos dentro do Mecanismo de recuperación e resiliencia, eixo/compoñente 12: Política industrial de España 2030, medida/investimento I3: Apoio á implementación da normativa de residuos e ao fomento da economía circular (residuos e economía circular), submedida 001: Residuos e economía circular, modalidade de financiamento 4620-MRR, do Plan estatal de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), e no cumprimento da normativa autonómica, estatal e da Unión Europea que regula este tipo de investimentos, e quedan suxeitas, en todo caso, ao cumprimento, execución e realización dos obxectivos fixados no devandito plan.

O investimento é coherente co obxectivo «Finalización de proxectos de apoio á aplicación da lexislación sobre residuos e fomento da economía circular na empresa», tal e como se define no anexo da proposta de decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España [SWD(2021) 147 final], resultando apto para acadar, polo menos, 30 proxectos aprobados polo MITERD de apoio á aplicación da lexislación sobre residuos e fomento da economía circular na empresa, que se axusten ao disposto na guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» (DO C 58 do 18.2.2021, p.1), que constitúe o indicador correspondente a este obxectivo.

As actuacións asegurarán o cumprimento do compromiso de etiquetado verde (non contan con etiquetado dixital) da inversión C12.I3, e encádranse no seguinte campo de intervención de acordo co Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia: 042: Xestión de residuos domésticos: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclaxe, cunha contribución aos obxectivos climáticos nun 40 % e aos ambientais nun 100 %.

Neste marco resultan de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como o Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19 e regulado segundo o Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resulta tamén de aplicación a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, así como a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e a Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Estarán sometidas á plena aplicación dos mecanismos de xestión e control que se establezan para o Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE e á normativa da Unión Europea aplicable á xestión, seguimento e control que se estableza para o Plan de reconstrución, transformación e resiliencia, así como as específicas relativas á información e publicidade, verificación e demais impostas pola normativa da Unión Europea, cuxa aplicación será de obrigado cumprimento.

Así mesmo, todas as actuacións que se executen dentro do marco do Plan nacional de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) deben cumprir o principio de «non causar prexuízo significativo» aos seguintes obxectivos ambientais recollidos no artigo 17 do Regulamento 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar investimentos sostibles (principio DNSH):

a) A mitigación do cambio climático.

b) A adaptación ao cambio climático.

c) O uso sostible e a protección dos recursos hídricos e mariños.

d) A economía circular.

e) A prevención e control da contaminación.

f) A protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.

O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta orde non excederá o 90 % do custo total do proxecto para a liña 1, o 60 % e na liña 2 e un 40 % nas liñas 3 e 4. A porcentaxe restante será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto a financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2), así como con axudas, subvencións, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outro fondo europeo, tales como o Feder, REACT-UE, FSE, Feader, Horizonte Euro.

En virtude do anterior, no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975R).

Artigo 2. Beneficiarios

1. Con carácter xeral, poderán ser beneficiarias destas axudas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que fose a súa forma xurídica, que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, así como as grandes empresas, que se entenderá que cumpran a dita condición ao non poder ser consideradas pemes, conforme o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/214 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

2. Considerarase empresa, para os efectos das presentes bases reguladoras e segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica incluídas as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro. Inclúense nesta definición, en particular, os autónomos, comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda que carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.

3. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no punto 2 deste artigo, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o que se solicita a axuda deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de beneficiarios. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Unha empresa non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea e para a mesma actuación de maneira individual e a través dunha agrupación en que se integre. De darse o caso, inadmitirase a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo. En cambio, si será posible que unha mesma empresa concorra a esta convocatoria de maneira simultánea para as diferentes liñas subvencionables a que se refire o artigo 3, para o que deberá presentar unha solicitude para cada unha das liñas subvencionables, de ser o caso.

5. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) As entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) As entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento (UE) nº 651/2014), sempre que a situación de empresa en crise fose anterior ao 31 de decembro de 2019.

c) As entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

d) No caso de que a subvención supere os 30.000,00 euros e a entidade solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei.

Artigo 3. Actuacións subvencionables

1. Ao abeiro desta orde de axudas serán subvencionables as actuacións que se citan de seguido para cada liña de axuda.

a) Liña 1: proxectos de nova construción de instalacións de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), ampliación de instalacións existentes para incluír liñas de preparación para a reutilización de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e mellora de instalacións existentes de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación para asociacións e fundacións.

Estas axudas teñen como fin mellorar a cantidade de residuos preparados para a súa reutilización procedentes de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.). Para este obxecto, financiaranse tanto a construción de novas instalacións, ampliación de instalacións xa existentes para incluír liñas de preparación para a reutilización, como melloras de instalacións xa existentes de PxR para residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

Ao abeiro destas liñas serán subvencionables as actuacións que se citan a continuación:

1º. A construción da instalación dedicada á preparación para a reutilización, incluíndo zona de almacenaxe e superficie destinada á venda dos produtos recuperados. O financiamento limitarase aos conceptos mínimos para un adecuado funcionamento da instalación, e o proxecto cumprirá con todos os requisitos que a normativa sectorial poida impoñer a estas instalacións. Non se inclúen instalacións auxiliares, como oficinas ou almacéns para maquinaria.

2º. Os elementos de almacenamento adecuado tanto para os residuos recibidos como para os produtos recuperados, como gaiolas, andeis ou armarios.

3º. A maquinaria e ferramentas necesarias para desenvolver os traballos de preparación para a reutilización. Non se inclúe neste concepto material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade.

4º. Formación para os traballadores da instalación.

5º. Campaña de comunicación, unha vez terminada a instalación, e dirixida a concienciar a poboación próxima da entrega de residuos para a súa preparación para a reutilización.

6º. A adquisición de software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados como dos produtos recuperados.

7º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

b) Liña 2: proxectos de nova construción de instalacións de PxR para residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.), ampliación de instalacións existentes para incluír liñas de preparación para a reutilización de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e mellora de instalacións existentes de PxR de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación para empresas e autónomos.

Estas axudas teñen como fin mellorar a cantidade de residuos preparados para a súa reutilización procedentes de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.). Para este obxecto, financiarase tanto a construción de novas instalacións, a ampliación de instalacións xa existentes para incluír liñas de preparación para a reutilización como melloras de instalacións xa existentes de PxR para residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) dentro do territorio da Comunidade Autónoma.

Ao abeiro destas liñas serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir:

1º. A construción da instalación dedicada á preparación para a reutilización, incluíndo zona de almacenaxe e superficie destinada á venda dos produtos recuperados. O financiamento limitarase aos conceptos mínimos para un adecuado funcionamento da instalación, e o proxecto cumprirá con todos os requisitos que a normativa sectorial poida impoñer a estas instalacións. Non se inclúen instalacións auxiliares, como oficinas ou almacéns para maquinaria.

2º. Os elementos de almacenamento adecuado tanto para os residuos recibidos como para os produtos recuperados, como gaiolas, andeis ou armarios.

3º. A maquinaria e ferramentas necesarias para desenvolver os traballos de preparación para a reutilización. Non se inclúe neste concepto material funxible ou outro tipo de maquinaria e ferramentas que non sexan necesarias para o desenvolvemento da actividade.

4º. Formación para os traballadores da instalación.

5º. Campaña de comunicación, unha vez terminada a instalación, e dirixida a concienciar a poboación próxima da entrega de residuos para a súa preparación para a reutilización.

6º. A adquisición de software e hardware para o control e a rastrexabilidade tanto dos residuos recibidos e xerados como dos produtos recuperados.

7º. Servizos complementarios á execución da obra, tales como honorarios de redacción de proxecto, dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde.

c) Liña 3: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de triaxe e clasificación de envases. Estas axudas estarán destinadas a maximizar o aproveitamento dos materiais contidos nos residuos de envases lixeiros que se recollan de forma separada e que se traten en instalacións de separación mecánica, de maneira que poidan contribuír á consecución dos obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclado así como a da redución dos residuos destinados ao seu depósito en vertedoiro para empresas e autónomos.

Ao abeiro desta liña serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir:

1º. Separadores ópticos.

2º. Separadores balísticos.

3º. Separadores de metais férricos e non férricos (por exemplo, separadores magnéticos, separadores de correntes de Foucault, etc.).

4º. Calquera outro método de separación distinto dos enumerados anteriormente que contribúa significativamente a incrementar a eficacia de recuperación de materiais susceptibles de seren reciclados.

d) Liña 4: actuacións destinadas á implementación de melloras nas instalacións de tratamento existentes para incrementar a súa eficacia na recuperación de materiais contidos nos residuos municipais que se recollan de forma mesturada de maneira que poidan contribuír á consecución dos obxectivos comunitarios de preparación para a reutilización e reciclaxe, así como ao de redución dos residuos municipais destinados ao seu depósito en vertedoiro para empresas e autónomos.

Ao abeiro desta liña, serán subvencionables as actuacións que se citan a seguir:

1º. Separadores ópticos.

2º. Separadores balísticos.

3º. Separadores de metais férricos e non férricos (por exemplo, separadores magnéticos, separadores de correntes de Foucault, etc.).

4º. Calquera outro método de separación distinto dos enumerados anteriormente que contribúa significativamente a incrementar a eficacia de recuperación de materiais susceptibles de seren reciclados.

5º. Sistemas de tratamento da fracción orgánica separada da fracción resto para o seu aproveitamento enerxético posterior.

Artigo 4. Requisitos

Os proxectos que se presenten para optar á presente convocatoria deberán observar os seguintes requisitos:

a) Deberá ter presentada a solicitude de autorización ou, se é o caso, modificación da autorización, como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos, deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.

b) Para os efectos da presente convocatoria, teñen a consideración de residuos especiais de competencia municipal aqueles residuos que carecen de sistemas ordinarios de recollida pero que son susceptibles de recuperación ou necesitan recollerse separadamente debido ás súas especiais características (aceites vexetais usados, téxtiles, voluminosos, etc.).

c) Será obrigatorio que, na fase de xustificación final da axuda, a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade.

d) Non serán financiables os alugamentos e pagamentos de servizos a terceiros.

e) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

f) Sera obrigatorio que as empresas beneficiarias das liñas 2, 3 e 4 acrediten que non se atopaban en crise con anterioridade ao 31 de decembro de 2019, e que non teñen unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común. Para estes efectos, asinarán a declaración responsable recollida no anexo I.

g) Requisitos específicos para as liñas 1 e 2:

1º. Deberá presentarse un proxecto en que se inclúan os tipos de residuos que prepararán para a reutilización, os tratamentos de cada un deses residuos, así como as condicións de venda, que incluirán a correspondente garantía postventa e a súa declaración como produto novo naqueles casos que sexa necesario.

h) Requisitos específicos para a liña 3:

1º. Non se considerarán conceptos subvencionables os custos do servizo de recollida selectiva, o tratamento dos residuos, así como tampouco os custos de mantemento nin os alugueres.

2º. Será obrigatorio comprometerse a que antes do fin do ano 2025 os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda, procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida separada con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel cartón e vidro. No caso de que non se cumpra o indicado anteriormente, a entidade beneficiaria deberá reintegrar a totalidade da axuda percibida.

i) Requisitos específicos para a liña 4:

1º. Non se considerarán conceptos subvencionables os custos do servizo de recollida selectiva, o tratamento dos residuos, así como tampouco os custos de mantemento nin os alugamentos.

2º. Non se financiará a construción de novas instalacións de tratamento mecánico-biolóxico.

3º. Non se financiarán melloras nas instalación existentes, a excepción das que teñan por finalidade a separación e recuperación de materiais dos residuos mesturados que poidan ser obxecto dun reciclado posterior, ou a reconversión das plantas para o tratamento dos biorresiduos recollidos separadamente mediante compostaxe ou dixestión anaerobia, garantindo que estes investimentos non supoñan un aumento da capacidade das plantas ou a extensión da súa vida útil, verificado no nivel de cada unha das instalacións.

4º. Será obrigatorio comprometerse a que antes do fin do ano 2025 os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda, procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida separada con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel cartón e vidro. No caso de que non se cumpra o indicado anteriormente, a entidade beneficiaria deberá reintegrar a totalidade da axuda percibida.

Artigo 5. Gastos subvencionables

1. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que de forma indubidable respondan á natureza da actividade subvencionable e cumpran o establecido no artigo 17 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia (en diante, Mecanismo).

2. En particular, non serán gastos subvencionables os seguintes:

a) Os gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, así como os gastos non imputables ao investimento.

b) O imposto sobre o valor engadido, así como calquera outro imposto de natureza similar que sexa recuperable. Tampouco se subvencionarán os impostos persoais ou sobre a renda.

c) Os gastos financeiros derivados do investimento.

d) Os investimentos realizados mediante contrato de arrendamento financeiro ou leasing.

e) Os gastos de persoal.

f) Os premios ou agasallos non relacionados coa actuación e/ou innecesarios.

g) Os custos asociados aos servizos de recollida e o tratamento dos residuos municipais.

h) Respecto dos bens de equipo de segunda man, estes serán subvencionables cando se cumpran os requisitos seguintes:

1º. Que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

2º. O prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes extremos mediante certificación de taxador independente.

i) Os custos de alugamentos e pagamento de servizos a terceiros.

j) No caso de que o proxecto, ou determinados conceptos deste, afecten fluxos de residuos cubertos pola responsabilidade ampliada do produtor, non será financiable a parte atribuíble á responsabilidade ampliada do produtor.

k) Non se valorarán factores enerxéticos.

l) Así como todos aqueles gastos que figuren no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como non subvencionables.

3. As entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade da actuación subvencionable, de conformidade co disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De ser o caso, as entidades subcontratadas deberán comprometerse a cumprir cos estándares máis exixentes en relación coas das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito plan, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Para estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase mediante declaración da subcontrata correspondente, no momento da xustificación (artigo 24.3.f), segundo o modelo incluído como anexo VI nesta orde.

4. O beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

Artigo 6. Crédito e contía das axudas

1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2023 e 2024 procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, cun importe total de 5.600.000,00 €. Coa seguinte distribución:

Liñas de axudas

Aplicación orzamentaria

Código de proxecto

Anos

Totais

2023

2024

Liña 1 PxR Asociacións e fundacións

08.02.541D.781.0

2023 00228

100.000,00 €

900.000,00 €

1.000.000,00 €

Liña 2PxR Empresas e autónomos

08.02.541D.770.0

100.000,00 €

900.000,00 €

1.000.000,00 €

Liña 3 Melloras de plantas de envases

08.02.541D.770.0

160.000,00 €

1.440.000,00 €

1.600.000,00 €

Liña 4 Melloras de instalacións de tratamento

08.02.541D.770.0

200.000,00 €

1.800.000,00 €

2.000.000,00 €

Totais

560.000,00 €

5.040.000,00 €

5.600.000,00 €

a) Dentro do proxecto con código 2023 00228, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.781.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 ata un máximo de 100.000,00 €, e con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.770.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 ata un máximo de 460.000,00 €, procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1: 100.000 € (aplicación 08.02.541D.781.0).

2º. Importe para a liña 2: 100.000 € (aplicación 08.02.541D.770.0).

3º. Importe para a liña 3: 160.000 € (aplicación 08.02.541D.770.0).

4º. Importe para a liña 4: 200.000 € (aplicación 08.02.541D.770.0).

b) Dentro do proxecto con código 2023 00228, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.781.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 ata un máximo de 900.000,00 €, e con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.770.0, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 ata un máximo de 4.140.000,00 €, procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1: 900.000 € (aplicación 08.02.541D.781.0).

2º. Importe para a liña 2: 900.000 € (aplicación 08.02.541D.770.0).

3º. Importe para a liña 3: 1.440.000 € (aplicación 08.02.541D.770.0).

4º. Importe para a liña 4: 1.800.000 € (aplicación 08.02.541D.770.0).

2. No tocante á contía das axudas para a:

a) Liña 1. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 90 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo beneficiario e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2). O importe máximo da subvención será de 200.000 €.

b) Liña 2. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nesta liña non excederá o 60 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo beneficiario e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2).

As axudas establecidas nas liñas 1 e 2 están sometidas ao réxime de minimis nos termos establecidos no artigo 3 do Regulamento (UE) 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá dos 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido. Cando se trate de entidades que presten servizos de interese económico xeral, este límite será de 500.000 €, segundo o previsto no artigo 2.2 do Regulamento (UE) 360/2012 da Comisión, do 25 de abril de 2012.

En virtude do anterior, as entidades deberán declarar, no momento de presentar a solicitude, o conxunto de axudas recibidas pola empresa en concepto de minimis, durante os dous exercicios fiscais anteriores, e durante o exercicio fiscal en curso.

c) Liña 3. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nestas liñas non excederá o 40 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo beneficiario e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2). A contía máxima da axuda por beneficiario establécese en función das toneladas de residuos de envases lixeiros procedentes de recollida separada (segundo o declarado conforme o disposto no artigo 8.1, o) 3º) tratados pola instalación a razón de 50 €/tonelada, ata o esgotamento do crédito a que se refire o presente artigo.

d) Liña 4. O financiamento máximo outorgado para as actuacións reguladas nestas liñas non excederá o 40 % do custo total do proxecto. A porcentaxe restante será asumida polo beneficiario e será compatible co financiamento que os beneficiarios poidan recibir doutras administracións, sempre e cando non supere o custo total do proxecto que se vai financiar. O financiamento achegado non é compatible cos proxectos Clima, promovidos a través do Fondo de Carbono para unha Economía Sustentable (FES-CO2). A contía máxima da axuda por beneficiario establécese en función das toneladas de residuos (segundo o declarado conforme o disposto no artigo 8.1, o) 3º) tratados pola instalación a razón de 2,5 €/tonelada, ata o esgotamento do crédito a que se refire o presente artigo.

As axudas concedidas dentro das liñas de axudas 3 e 4 establecidas nesta orde e descritas neste artigo estarían sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, concretamente no seu artigo 47, onde se indica que as axudas ao investimento que permitan ás empresas ir máis alá das normas da Unión en materia de protección ambiental ou incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión, serán compatibles co mercado interior a teor do artigo 107, punto 3 do Tratado.

Estas liñas acóllense a este regulamento, e atenden ao recollido nas directrices sobre axudas estatais en materia de protección do ambiente e enerxía 2014/2020 posto que:

Contribúen a un obxectivo de interese xeral. A Directiva 2008/98/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 19 de novembro de 2008, sobre os residuos, modificada pola Directiva (UE) 2018/851, establece obxectivos específicos para os estados membros na preparación para a reutilización e reciclaxe de residuos municipais, así como impón a restrición máxima de vertedura do 10 % do total dos residuos municipais xerados no 2035. Así, establece obxectivos moi ambiciosos fixando de forma escalada varios anos límite para cumprir diversos obxectivos:

En 2025, aumentarase a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos municipais ata un mínimo do 55 % en peso. En 2030, aumentarase a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos municipais ata un mínimo do 60 % en peso. En 2035, aumentarase a preparación para a reutilización e a reciclaxe de residuos municipais ata un mínimo do 65 % en peso.

Xa no marco da Estratexia 2020, a folla de ruta cara a unha Europa eficiente no uso dos recursos (COM(2011) 571 final) deseña un marco estratéxico que establece as condicións para promover, entre outras cuestións, o incremento da reutilización, a reciclaxe e a substitución de materiais, así como para o aforro de recursos, con este fin, fixa como obxectivo que en 2020 os residuos xestionaranse como recursos. Para iso, a Comisión Europea estableceu, entre outras, as seguintes actuacións: estimular o mercado de materiais secundarios e a demanda de materiais reciclados ofrecendo incentivos económicos e desenvolvendo criterios para determinar cando un residuo deixa de selo.

Artigo 7. Solicitudes

1. As solicitudes subscribiranas directamente aos interesados ou á persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975R).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG).

5. Para o caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pon á disposición dos interesados o seguinte enderezo de correo electrónico: axudas.cmaot@xunta.gal

No ámbito do sector público autonómico estarán obrigados a relacionarse a través de medios electrónicos para realizar calquera trámite dun procedemento administrativo os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional, de acordo co establecido no artigo 10.1 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

A publicación dos formularios da solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.

Artigo 8. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación do nomeamento do representante da entidade solicitante para a súa relación coa Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

b) As empresas que non estean obrigadas por lei a inscribirse no Rexistro Mercantil ou calquera outro rexistro público presentarán a documentación acreditativa da constitución e da representación correspondente.

c) Copia do documento que acredite a existencia dun centro de traballo en Galicia ou a realización dalgunha actividade empresarial xustificable dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Declaración responsable emitida polo representante da empresa en que se indique a cualificación como empresa autónoma, ou ben se indiquen as empresas asociadas ou vinculadas, incluíndo os datos de participación respectivos.

e) Declaración, por parte da entidade solicitante, do compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) no senso do artigo 8, punto 2.e), da Orden HFP/1030/2021, do 29 de setembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (anexo II). Dentro da cal se contén a referencia expresa ao domicilio fiscal da persoa física ou xurídica.

f) Declaración destinada a especificar calquera outra axuda solicitada ou concedida para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes, así como as sometidas á norma comunitaria de minimis recibidas no exercicio corrente e nos dous exercicios fiscais anteriores, para as liñas 1 e 2.

g) Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no artigo 2 destas bases, deben presentar os estatutos de constitución da agrupación ou, de ser o caso, os de asociación, así como o anexo de pluralidade de solicitantes (anexo VII).

h) As memorias técnicas dos proxectos ou actuacións para as cales solicita a subvención deberán conter unha descrición clara das actividades que se van desenvolver, tanto desde o punto de vista técnico como económico, así como os datos e información requirida para o tipo de actuación ou actuacións para as que se solicita a axuda e segundo o que se sinala a seguir.

A memoria do proxecto deberá incluír, como mínimo, os seguintes contidos:

1º. Tipoloxía e nome do proxecto.

2º. Breve descrición do proxecto presentado, en que se inclúan polo menos as capacidades que se van tratar ou aumentar e os residuos que se van tratar.

3º. Identificación e datos de contacto do responsable técnico.

4º. Introdución e diagnose da situación actual na materia do proxecto dentro do ámbito de actuación.

5º. Obxectivos do proxecto e descrición detallada das súas actuacións (materiais necesarios, tipo e cantidade) poboación atendida e sectores ou axentes implicados. Será precisa neste punto a referencia ás melloras ou beneficios ambientais que se procuran co proxecto.

6º. Indicadores e medidas de seguimento e resultados esperados (residuos recollidos en quilogramos, por tipoloxía de residuos).

7º. Estimación dos gases de efecto invernadoiro evitados e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia: https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/fondo-carbono/metodologias.aspx (obxectivos cuantitativos e cualitativos).

8º. Programación temporal (cronograma) para o desenvolvemento do proxecto en correspondencia coas previsións de gastos incluídas no orzamento que se remita e tendo en conta o recollido nestas bases reguladoras.

9º. O plan de actuación deseñado deberá incluír unha xustificación pormenorizada dos materiais, actuacións e recursos propostos de conformidade cos gastos subvencionables ao abeiro desta orde.

10º. Orzamento resumido e detallado das actuacións que se van solicitar (tendo en conta que o IVE non é subvencionable), os conceptos polos que se concorre na convocatoria chegando á desagregación no nivel de importes unitarios, de ser o caso, e tendo en conta o establecido nestas bases reguladoras en relación co período subvencionable e os prazos para a xustificación.

Toda a documentación técnica debe ser presentada nun único documento, que se titule do seguinte xeito: Memoria_técnica.

i) Documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4.

j) Documentación que considere oportuna para os efectos do establecido no artigo 15 desta orde, co fin de que a Comisión de Avaliación poida avaliar o cumprimento ou non dos criterios fixados para a valoración e relación das solicitudes presentadas ou declaración responsable, de ser o caso, que permita deixar constancia do seu cumprimento.

k) Solicitude de autorización ou, se é o caso, modificación da autorización como xestor de residuos perigosos e/ou non perigosos ante o órgano competente da Comunidade Autónoma de Galicia na fase de solicitude. A solicitude como xestor de valorización de residuos perigosos e/ou non perigosos, deberá incluír, nos casos en que así o exixa a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento correspondente para iniciar o trámite.

l) No caso de solicitudes relativas ás liñas 1 e 2, Instalacións de PxR, deberán presentar:

1º. Anexo I.a para solicitudes da liña 1 ou anexo I.b para solicitudes da liña 2 debidamente cubertos.

2º. Declaración responsable das capacidades da nova instalación (capacidade máxima e normal) e da poboación potencialmente atendida, se é o caso.

m) No caso de solicitudes relativas as liñas 3 e 4, deberán presentar:

1º. Anexo I.c para solicitudes de axuda para a liña 3 ou anexo I.d para solicitudes para a liña 4 debidamente cuberto.

2º. Declaración xurada de que os residuos recibidos nas plantas obxecto da axuda, procedan de entidades que teñan implantado un modelo de recollida selectiva con contedores específicos para a recollida de envases lixeiros, biorresiduos, papel cartón e vidro ou, de non ser o caso, compromiso asinado de implantar este modelo de recollida separada antes do fin de 2025.

3º. Declaración responsable da cantidade de residuos (toneladas) tratados pola instalación no último ano.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de interdiario de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se pode obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesada presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación desde de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. Así mesmo, os proxectos que opten ás subvencións que se rexen polas presentes bases reguladoras deberán acompañarse da documentación acreditativa que xustifique o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 4.

Artigo 9. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) Alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.

e) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

f) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

i) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Procedemento de concesión

O procedemento que se empregará para a concesión das axudas será a concorrencia competitiva contemplado no artigo 19, punto 1º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Artigo 12. Órganos competentes

A Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión de subvencións mentres que corresponde á persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ditar a resolución da concesión.

Artigo 13. Instrución

1. A instrución do procedemento corresponde á Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que revisará toda as solicitudes recibidas e a documentación presentada.

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, requirirase o solicitante de acordo co disposto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que, no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixese, poderase considerar desistido da súa petición, arquivándoa sen máis trámites, segundo a resolución que para o efecto se dite.

Igual requirimento se efectuará no suposto de resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), á Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e á consellería competente en materia de economía e facenda; nestes casos o solicitante terá que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

3. Sen prexuízo do disposto no punto anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á entidade solicitante que achegue a información e/ou a documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

4. Tales requirimentos de emenda, así como calquera tipo de notificación, realizaranse a través de medios electrónicos, de conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, de maneira que, cando existindo constancia da posta á disposición da notificación, transcorresen dez (10) días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada, salvo que de oficio ou por instancia do destinatario se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

5. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, os expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos, xunto co correspondente informe do órgano instrutor, á comisión encargada da súa valoración. Aqueles que non cumpran coas exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, serán obxecto de resolución de inadmisión a trámite ou de denegación, dependendo da circunstancia que concorra en cada caso.

6. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 14. Comisión de Avaliación

1. As solicitudes completas, xunto coa documentación requirida, serán postas á disposición dunha comisión de avaliación para a súa valoración e informe, o cal incluirá unha relación coa puntuación que corresponde a cada unha das solicitudes segundo os criterios establecidos no artigo 15 desta orde.

2. A Comisión de Avaliación estará presidida pola persoa titular da Subdirección Xeral de Residuos, ou persoa en que delegue, e integrada por dous funcionarios da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, co nivel mínimo de xefe/a de servizo, e actuará como secretario unha persoa funcionaria da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

3. A referida comisión realizará a valoración técnica dos expedientes admitidos ou non denegados e emitirá un informe do órgano avaliador (tendo en conta os criterios sinalados no artigo 15) en que identificarán, de xeito individualizado, a puntuación obtida por cada un dos solicitantes que acadaron a fase de avaliación, mediante unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións, tanto administrativas como técnicas, establecidas nas bases reguladoras. No informe constará a relación das entidades coas correspondente puntuacións obtida segundo os criterios de valoración.

4. Este informe será remitido ao órgano instrutor, que elaborará a proposta de resolución con base na puntuación obtida por cada un dos solicitantes na fase de valoración técnica, que será elevada á persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, ou persoa en que delegue, para a súa resolución.

Consonte o establecido no artigo 3 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que formen arte do órgano competente para a concesión e os membros dos órganos colexiados de valoración de solicitudes, de ser o caso, nas fases de valoración de solicitudes y resolución de concesión, deberán asinar electrónica unha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), co contido mínimo indicado no anexo I da devandita orde.

No caso de que concorra conflito de intereses, aplicarase o procedemento establecido no artigo 6 da dita orde.

Consonte o establecido no artigo 6.4 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, as persoas que interveñan no proceso de selección dos beneficiarios ou nos procesos de verificación do cumprimento das condicións, manifestarán, de forma expresa, a ausencia ou non de conflito de intereses a través dunha declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI), de acordo co modelo establecido na dita orde.

No caso de que concorra conflito de intereses, a persoa afectada concretará as solicitudes sobre as que recae o dito conflito, e deberá absterse de intervir na súa selección coa fin de mitigar os riscos de materialización deste conflito.

Artigo 15. Criterios de valoración

1. A Comisión de Avaliación, a que se refire o artigo 14 desta orde, valorará as solicitudes presentadas aplicando os criterios e puntuacións que de seguido se sinalan para cada un dos grupos de actuacións subvencionables contemplados:

a) Liña 1:

1º. Capacidade máxima de tratamento (toneladas anuais) ata 20 puntos.

2º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 30 puntos.

3º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 20 puntos distribuídos da seguinte maneira:

– Ratio cantidade de residuos a tratar/investimento (toneladas/euro) aos que aplica o proxecto: ata 10 puntos.

– Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitada: ata 10 puntos.

4º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:

– A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria, en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo); ata 10 puntos.

– A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e da planificación de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente; ata 10 puntos.

– A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados; ata 10 puntos.

b) Liña 2:

1º. Capacidade máxima de tratamento (toneladas anuais) ata 10 puntos.

2º. As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que fose a súa forma xurídica, que cumprindo o establecido neste anexo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención obterán 10 puntos.

3º. Os proxectos que conten para o seu desenvolvemento coa implicación de centros especiais de emprego e/ou entidades de economía social obterán 30 puntos.

4º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 20 puntos distribuídos da seguinte maneira:

– Ratio cantidade de residuos para tratar/investimento (toneladas/euro) aos cales aplica o proxecto: ata 10 puntos.

– Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitada: ata 10 puntos.

5º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:

A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria, en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 10 puntos.

– A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e da planificación de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente, ata 10 puntos.

– A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados, ata 10 puntos.

c) Para avaliar as solicitudes presentadas para as liñas 3 e 4.

1º. Poboación atendida ata 30 puntos.

2º. Relevancia ambiental do proxecto, ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:

– Ratio cantidade de residuos para tratar/investimento (toneladas/euro) aos cales aplica o proxecto: ata 15 puntos.

– Cantidade de gases de efecto invernadoiro evitada: ata 15 puntos.

3º. Atendendo ao carácter innovador do proxecto ou actuación presentada como, por exemplo, emprego de tecnoloxía innovadora, solución proposta diferente ás instalacións existentes, etc., ata 10 puntos.

4º. A coherencia, calidade e claridade da memoria do proxecto (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 30 puntos distribuídos da seguinte maneira:

– A calidade do proxecto valorarase en función do grao de detalle técnico e descritivo da memoria, en cada un dos seus parágrafos (diagnose, obxectivos, indicadores, resultados previstos, continuidade no tempo), ata 10 puntos.

– A coherencia do proxecto valorarase en función do resultado e conclusións da diagnose, da súa viabilidade económica e ambiental, do seu alcance e seguimento e do planeamento de obxectivos en liña cos establecidos na normativa vixente, ata 10 puntos.

– A claridade do proxecto valorarase en función do nivel de coñecemento, explicación e xustificación das actuacións proxectadas para acadar os beneficios ambientais esperados, ata 10 puntos.

2. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados. Co obxectivo de acadar un nivel mínimo de calidade dos proxectos de investimento subvencionados, establécese un nivel mínimo de puntuación de 30 puntos, sobre os 100 que como máximo se poderían acadar, para poder optar á subvención. Aquelas solicitudes que non acaden esa puntuación mínima serán rexeitadas.

3. No caso de empate na baremación decidirase a favor do proxecto que obtivese máis puntos na valoración do criterio establecido no primeiro lugar e así de xeito sucesivo co resto dos criterios establecidos no caso de manterse o empate. De persistir o empate, atenderase á data de presentación da solicitude e, de ser idéntica, ao maior importe do orzamento total da actuación.

Artigo 16. Notificación

1. As notificacións de actos administrativos, distintos da resolución de concesión, efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico efectuará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 17. Resolución e publicación da resolución de concesión

1. O órgano instrutor ditará proposta de resolución con base no documento elaborado pola Comisión de Avaliación, e elevaraa para a resolución por parte da persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

2. Na resolución figurarán os seguintes aspectos:

a) A relación de empresas beneficiarias.

b) A relación de empresas que non acadaron a condición de beneficiarias.

c) O importe dos gastos considerables subvencionables sobre os cales se fai o cálculo da contía ou porcentaxe de axuda resultante.

d) A contía da axuda, en réxime de minimis nos termos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

e) Que a axuda está cofinanciada con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece o instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resultando de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. Dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas.

f) Prazo para a execución do servizo.

g) As obrigas que corresponden ao beneficiario, os requisitos específicos relativos ao proxecto subvencionable, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa aplicable.

3. O prazo máximo para resolver será de cinco meses desde a publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Transcorrido o prazo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, poderá entender as súas pretensións desestimadas por silencio administrativo, conforme prevé o artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión.

Así mesmo, as resolucións de concesión serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web https://sirga.xunta.gal/

5. De conformidade co Real decreto 130/2019, as subvencións concedidas serán incorporadas á Base de datos nacional de subvencións, con posibilidade de acceso da Administración e dos órganos mencionados no artigo 22 do MRR á información contida no Rexistro de titularidades reais creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que poidan subministrar os ditos datos sobre titularidades reais, así como de cesión de información entre estes sistemas e o sistema de fondos europeos, segundo as previsións recollidas na normativa europea e nacional aplicable.

Artigo 18. Recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras, poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Así mesmo, o órgano competente para a concesión destas axudas poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os límites e os requisitos recollidos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Aceptación e renuncia

1. Transcorridos dez (10) días hábiles desde a súa notificación sen que a entidade beneficiaria comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta, e desde ese momento adquirirá a condición de beneficiario.

2. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se comunicase a renuncia, ditarase a correspondente resolución que se notificará ao interesado por medios electrónicos.

Artigo 21. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo das establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, das demais condicións e obrigas establecidas nesta orde e todas as que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación, as seguintes:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

2. Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos e realizar as actuacións que integran o proxecto subvencionado, segundo o estipulado no artigo 41 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións e contratación pública, cando proceda.

4. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o gozo da subvención.

5. Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente a través da intervención ambiental, ou a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, a Intervención Xeral da Administración Xeral do Estado, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, así como ás medidas de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular deberán autorizar a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, a Fiscalía europea a exercer os dereitos que recoñece o artigo 129, punto 1, do referido regulamento financeiro, e a impoñer obrigas similares a todos os perceptores finais de fondos. Esta declaración prestarase marcando o correspondente punto do anexo I. Para estes efectos, posibilitarase o acceso da Administración e de cantos órganos se recollen no artigo 22 do devandito Regulamento (UE) 2021/241 á información contida no Rexistro de Titularidades Reais, creado pola Orde JUS/319/2018, ou o acceso a outras bases de datos da Administración que poidan subministrar os ditos datos sobre os titulares reais.

Así mesmo, autorizarase a cesión da información entre estes sistemas e o Sistema de fondos europeos segundo as previsións contidas na normativa europea e nacional aplicable.

6. Asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude (bandeiras vermellas). Asegurar a adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude, a corrupción e previr o conflito de intereses e o dobre financiamento.

7. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

8. Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con cargo á subvención e a obriga do mantemento da documentación soporte. A achega da información realizarase nos termos que estableza o Ministerio de Facenda de conformidade coa normativa nacional e da Unión Europea. Mantendo os requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo.

9. Dispor de capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal se solicita a axuda.

10. Manter o investimento de que se trate para a finalidade e co carácter solicitado por un período mínimo de oito anos contado desde a emisión da correspondente autorización, de acordo co artigo 29.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

11. Custodiar e conservar a documentación da actividade financiada polo Mecanismo de recuperación e resiliencia de conformidade co artigo 132 do Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, durante un período de cinco anos a partir do pagamento do saldo ou, a falta do dito pagamento, da operación. Este período será de tres anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000 euros.

12. Cumprir os requisitos establecidos no artigo 15, número 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo que toda actividade, investimento ou material (incluído o que se difunda de maneira electrónica ou empregando medios audiovisuais) que se realice contando con financiamento obtido a partir destas axudas deberá cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto, de conformidade co establecido no anexo III destas bases; así mesmo, deben cumprir coas obrigas de información e publicidade que as autoridades competentes establezan relativas ao financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia. En particular, nas medidas de información e comunicación das actuacións que desenvolvan as inversións (carteis informativos, placas, publicacións impresas e electrónicas, material audiovisual, páxinas web, anuncios, insercións en prensa, certificados etc., onde se fará mención da orixe deste e velarase por darlle visibilidade, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU», tal como se reflicte no artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Todos os carteis e placas deberán colocarse nun lugar ben visible de acceso ao público.

13. Facilitar a recollida de indicadores de resultado cuantitativos e cualitativos tras a execución do proxecto subvencionable, nun prazo de entre seis meses e tres anos despois da finalización. Facilitar a información que permita ao órgano concedente medir a contribución da actividade subvencionada ao indicador establecido sobre o rendemento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, consonte o artigo 30 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, e establecido co número 187, en relación coa Medida C12.I3, no anexo da proposta de decisión de execución do Consello relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España [SWD(2021) 147 final].

a) As entidades beneficiarias están obrigadas a subministrar toda a información necesaria para que este órgano xestor poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4 da devandita lei.

b) As demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

14. Subministrar toda a información necesaria para que a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

15. Dispoñer das licenzas, permisos e/ou autorizacións administrativas exixidas pola normativa para o exercicio da súa actividade así como, de ser o caso, para o desenvolvemento do proxecto subvencionable.

16. Cumprir cos criterios de definición de peme, para pequenas e medianas empresas segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014(DOUE L 187, do 26 de xuño), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da UE, así como para as grandes empresas, segundo o disposto no artigo 2)24 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño).

17. Non superar, en ningún caso, o valor de mercado no custo de adquisición dos investimentos ou nos gastos subvencionables.

18. Someterse ás disposicións comunitarias sobre o Mecanismo de recuperación e resiliencia e ás actuacións da autoridade de control ou das entidades que actúen baixo a súa coordinación ou responsabilidade. En particular no relativo a:

• Obriga de asegurarse da regularidade do gasto subxacente e da adopción de medidas dirixidas a previr, detectar, comunicar e corrixir a fraude e a corrupción, previr o conflito de interese e o dobre financiamento. Para tal efecto, establecerase un sistema eficaz e eficiente e recuperaranse os importes aboados baixo erro ou empregados de maneira incorrecta, no senso do artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021 polo que se establece o Mecanismo, e a Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Debe terse en conta o cumprimento da normativa sobre axudas de Estado, con especial referencia aos supostos en que vaian participar varias administracións públicas, nos cales se debe ter especial coidado coas regras de acumulación de axudas e as de incompatibilidade entre axudas comunitarias, así como coas intensidades máximas, procurando que as categorías de axudas, na medida do posible, non sexan concorrentes senón complementarias e que os gastos elixibles non sexan os mesmos. Para iso, débese contribuír ao correcto funcionamento da Base de datos nacional de subvencións (BDNS) en cumprimento do disposto na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia como ferramenta de consulta no procedemento de concesión de axudas e lémbrase a necesidade de cumprir adecuadamente coas obrigas de subministración de información á mesma (Real decreto 130/2019, do 8 de marzo).

• Contribución á fiabilidade do sistema, en xeral, e do sistema de seguimento de indicadores do cumprimento de fitos e obxectivos e de seguimento do custo estimado, en particular.

• Requisitos de pista de auditoría de conformidade co antedito artigo 22 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo.

• Obrigas de comunicación sobre o financiamento das medidas incluídas nestas bases xa que se incluíron no Plan para a recuperación e resiliencia.

• Subministración de información dos datos sobre o perceptor final dos fondos, cando non sexa o mesmo, así coma dos contratistas e subcontratistas no caso de que o perceptor final sexa un poder adxudicador.

19. Respectar o principio de «non causar un prexuízo significativo» no senso do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar as inversións sustentables e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

20. Asumir calquera outra obriga comunitaria ou nacional que resulte de aplicación por razón do financiamento do Mecanismo de recuperación e resiliencia, así como da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

21. Os proxectos financiables deberán ser compatibles co etiquetado verde, de acordo co previsto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia, aprobado polo Consello de Ministros, do 27 de abril de 2021, e no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, en todas as fases do seu deseño e execución.

Artigo 22. Período subvencionable e prazo de execución

1. O período subvencionable será, con carácter xeral, o comprendido entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2024, ambos incluídos, para as liñas 1 e 2 e entre a data de solicitude da axuda e o 30 de decembro de 2024 ambos inclusive para as liñas 3 e 4.

2. Non serán subvencionables os proxectos concluídos materialmente na data de presentación da solicitude.

3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados con anterioridade ao remate da data límite para solicitar o aboamento da axuda e súa xustificación consonte o establecido no parágrafo seguinte.

4. A data límite para xustificar cada anualidade do proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será:

a) O 30 de decembro de 2023 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade de 2023. Incluiranse neste orzamento as actuacións executadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2023 para as liñas 1 e 2.

b) O 30 de decembro de 2024 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2024.

Artigo 23. Xustificación da subvención

1. Os beneficiarios das axudas quedan obrigados a acreditar, no prazo máximo ao cal se refire o artigo anterior, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do orzamento en virtude do establecido na resolución de concesión que lle foi notificada. En caso de non xustificarse a totalidade do orzamento do proxecto, a subvención será minorada na mesma proporción. En calquera caso, o beneficiario deberá xustificar unha porcentaxe mínima do 50 % do importe concedido; de non acadarse ese mínimo, enténdese que non se lograron os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, determinarase a perda do dereito ao cobramento da subvención concedida.

2. A solicitude do pagamento efectuarase polo beneficiario a través de medios electrónicos e con anterioridade a que remate a data límite a que se refire o artigo 22, punto 1, mediante a presentación do anexo IV que estará accesible na Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. A dita solicitude acompañarase da documentación xustificativa do investimento requirida. A Administración poderá solicitar a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Tal e como dispón o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables nas xustificacións presentadas polos beneficiarios, porao no seu coñecemento e concederalles un prazo de dez (10) días para a súa corrección. Os requirimentos de emenda serán notificados segundo o establecido nas presentes bases reguladoras.

Igual requirimento se efectuará no suposto do resultado negativo da consulta efectuada á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), consellería competente en materia de economía e facenda, así como a verificación do DNI do solicitante (persoa física) e do representante da persoa xurídica e o NIF do solicitante (persoa xurídica), ou cando como resultado da comprobación se obteña un resultado negativo na comprobación de causas de inhabilitación para recibir subvencións ou axudas; neste caso o solicitante terá que achegar as correspondentes certificacións ou documentos.

No suposto de que transcorrese o prazo establecido para a xustificación sen terse presentado ningunha documentación, requirirase igualmente o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días hábiles a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. O órgano instrutor comprobará de oficio que a instalación conte coa autorización pertinente para levar a cabo a actividade, segundo o previsto no artigo 4.c) desta orde.

Artigo 24. Documentación xustificativa do investimento

1. As entidades beneficiarias terán de prazo para presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados ata:

a) O 30 de decembro de 2023 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2023. Para as liñas 1 e 2 incluiranse neste orzamento as actuacións executadas entre o 1 de marzo de 2020 e o 30 de decembro de 2023.

b) O 30 de decembro de 2024 para os proxectos que se imputen ao orzamento correspondente á anualidade 2024.

A conta xustificativa con entrega de xustificantes de gastos, de conformidade co establecido no artigo 48 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, conterá a seguinte documentación:

2. Solicitude de aboamento efectuada pola entidade beneficiaria conforme o modelo que se facilita no anexo IV.

3. Memoria de actuacións xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención que, de conformidade co contido requirido en fase de solicitude, identifique, entre outras cuestións, as actividades realizadas e dos resultados obtidos en relación cos indicadores de seguimento e avaliación propostos, incluíndo unha estimación dos gases do efecto invernadoiro evitados e das toneladas de residuos que contribuirán ao cumprimento dos obxectivos nesta materia e as toneladas de residuos municipais preparadas para a reutilización ou reciclaxe. As emisións de gases de efecto invernadoiro evitadas calcuranse de acordo coa metodoloxía exposta no seguinte enderezo: http://www.miteco.gob.es/cambio-climatico/temas/fondo-carbono/metodología.aspx ou outra metodoloxía equivalente.

Esta memoria, xunto coa solicitude de pagamento, acompañarase de calquera outro material informativo (fotografías, publicacións, recensións en web, etc.) que se considere de interese.

4. Memoria económica xustificativa das actividades realizadas, que conterá:

a) Unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade, con identificación do acredor e do documento, o seu importe e a data de emisión. No caso de que a subvención se outorgue segundo un orzamento, indicaranse as desviacións producidas.

Tanto os xustificantes de gasto como os dos pagamentos deberán ter data comprendida dentro do período de subvencionabilidade previsto no artigo 22 destas bases.

b) As facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa incorporados na relación a que se fai referencia no parágrafo anterior. Os gastos aparecerán desagregados por conceptos ou unidades de obra.

A expedición das facturas e o seu contido axustarase ao disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel, de acordo cos procedementos que establece a normativa vixente.

c) Xustificantes bancarios dos aboamentos efectuados (transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario do ingreso efectivo polo portelo) en que deberán constar ademais do emisor e receptor do pagamento, o número de factura obxecto do pagamento, así como a data en que se tivesen efectuado, a cal deberá estar comprendida entre a data de inicio e a data límite da xustificación.

Non se admitirán os pagamentos en efectivo, así como os xustificantes obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da dita entidade bancaria.

d) No caso de adquisición de bens de equipo de segunda man, certificado de taxador independente debidamente acreditado, e declaración do vendedor en que conste a orixe dos bens e que estes non teñen sido obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria.

e) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

No momento da xustificación da execución do proxecto e, en calquera caso, antes do pagamento, o peticionario debe presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

f) Xustificación por parte do beneficiario de ter solicitado como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

O provedor que resulte subcontratado deberá acreditar o cumprimento cos estándares máis exixentes en relación co cumprimento das normas xurídicas, éticas e morais, adoptando as medidas necesarias para previr e detectar a fraude, a corrupción e os conflitos de interese, así como a respectar os principios de economía circular e evitar impactos negativos significativos no ambiente («DNSH» polas súas siglas en inglés do no significant harm) na execución das actuacións levadas a cabo no marco do dito plan, así como a non incorrer en dobre financiamento e que, de ser o caso, non lle conste risco de incompatibilidade co réxime de axudas de Estado. Para estes efectos, o cumprimento nestes termos acreditarase segundo o modelo do anexo VI das presentes bases reguladoras.

g) Documento asinado por todos os participantes que conformen a agrupación beneficiaria da axuda no cal se recollan expresamente todos os termos dos extremos requiridos nas presentes bases para as solicitudes presentadas de forma conxunta.

5. Documentación acreditativa de ter realizada a publicidade axeitada (fotografías dos carteis informativos, publicidade a través de páxina web, exemplares da documentación escrita, etc.) que xustifique ter dado cumprimento ás obrigas establecidas en materia de información e comunicación, sobre o apoio procedente dos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia tal como reflicte o artigo 34 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e segundo o cal se establece no anexo III que acompaña as presentes bases reguladoras.

Artigo 25. Pagamento da axuda

1. O pagamento das axudas efectuarase con cargo ao exercicio orzamentario, unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade subvencionable, e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria da solicitude de aboamento e da xustificación requirida nestas bases reguladoras.

2. Poderá anticiparse ata o 50 % do importe concedido, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no artigo 63 do Decreto 11/2009, e nesta convocatoria, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación desta. De acordo co devandito artigo 63, a concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado, deberán manifestalo expresamente no prazo máximo de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da notificación da resolución de concesión, mediante a presentación da correspondente solicitude de pagamento anticipado, empregando o modelo que se incorpora como anexo V.

As entidades beneficiarias que queiran acollerse á modalidade de pagamento anticipado, deberán constituír garantías nos termos establecidos no artigo 67 e seguintes do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, salvo nos supostos previstos no artigo 65.4 do mesmo decreto.

3. De non presentar a solicitude de pagamento anticipado enténdese que a entidade solicitante renuncia ao anticipo. Neste caso o pagamento das axudas efectuarase unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou actividade e logo da presentación por parte da entidade beneficiaria, no prazo establecido, da documentación xustificativa a que se refire o artigo anterior.

4. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería concedente, antes de proceder ao seu pagamento final, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, así como o cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao ambiente na execución das actuacións subvencionadas no senso do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar as inversións sostibles e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Os órganos competentes da consellería concedente poderanlle solicitar ao beneficiario as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes, e advertirlle de que a falta de presentación da xustificación no prazo concedido para o efecto poderá comportar a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Cando o custo xustificado da actividade ou investimento fose inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe, sempre que coa parte realmente executada se poida entender cumprida a finalidade da subvención.

6. O pagamento realizarase logo de verificación do órgano concedente do cumprimento da obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 26. Perda do dereito ao cobramento da subvención e procedemento de reintegro

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras ou na demais normativa aplicable, así como nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o que dará lugar a devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Incumprimento dos proxectos:

a) Incumprimento total: se o beneficiario xustifica conceptos, partidas e/ou elementos subvencionables aprobados que representen menos do 50 % do importe total do investimento subvencionable, entenderase que non acadou os obxectivos propostos na solicitude e, polo tanto, perderá o dereito de cobramento da subvención.

Así mesmo, o non cumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo» ao ambiente na execución das actuacións subvencionadas no senso do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, dará lugar á devolución total da subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

b) Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, e a xustificación sexa igual ou superior ao 50 %, poderá apreciarse un incumprimento parcial, e deberase resolver sobre o seu alcance aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión.

Sen prexuízo doutros supostos que poidan concorrer, no caso de condicións referentes á contía ou concepto da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de realizar ou aplicado a un concepto distinto do considerado subvencionable; deberanse, se é o caso, reintegrar as cantidades percibidas na dita proporción.

4. Incorrerase en causa de non pagamento ou reintegro das axudas no caso de non manter as condicións establecidas nestas bases de conformidade coa gradación seguinte:

a) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas e os investimentos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non dar publicidade ao financiamento dos investimentos que sexan obxecto de subvención, de acordo co establecido nestas bases.

c) Suporá a perda dun 5 % non comunicar ao órgano concedente destas axudas a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

5. No caso de condicións que constitúan obrigas que a entidade beneficiaria deba acreditar en fase de xustificación, tales como obrigas de publicidade ou comunicación doutras axudas, estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención polo que a graduación fixada no punto anterior só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo ás ditas obrigas.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por esta das obrigas previstas na citada lei.

Artigo 28. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 21, e ás de control e auditoría recollidas no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e o Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión. En particular, deberán autorizar a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, e cando proceda, a Fiscalía europea a exercer os dereitos que recoñece o artigo 129, punto 1, do referido Regulamento financeiro e asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionais. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto.

Artigo 29. Comprobación de subvencións

1. A Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu regulamento.

Artigo 30. Compatibilidade das axudas

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas destinadas á mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou organismo internacional, sempre que o importe total das axudas percibidas non supere a intensidade máxima da axuda permitida.

2. As axudas que se concedan ao abeiro das liñas 1 e 2 desta orde terán a consideración de axudas de minimis e réxense polo establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis. A axuda total concedida baixo este concepto de minimis por calquera Administración pública a un mesmo beneficiario non poderá exceder de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais.

As axudas concedidas dentro das liñas de axudas 3 e 4 establecidas nesta orde estarían sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, concretamente no seu artigo 47, onde se indica que as axudas á inversión que permitan ás empresas ir máis alá das normas da Unión en materia de protección ambiental ou incrementar o nivel de protección ambiental en ausencia de normas da Unión, serán compatibles co mercado interior a teor do artigo 107, número 3 do Tratado.

3. Non obstante, e de acordo co establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, a axuda concedida no marco deste mecanismo sumarase á proporcionada con relación a outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de inversión poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo.

4. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa da execución do servizo. Así mesmo, antes de conceder a axuda, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto, así como, se fose o caso, das axudas recibidas en réxime de minimis nos últimos tres exercicios. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar, se fose o caso, ao inicio dun procedemento de reintegro.

5. En todo caso, antes de conceder a axuda e no momento da xustificación, solicitarase á entidade solicitante ou beneficiaria unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto.

6. O incumprimento do disposto neste artigo poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión nos termos previstos nestas bases reguladoras ou, de ser o caso, á iniciación do procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito ao cobramento da subvención ou para o seu reintegro.

Artigo 31. Infraccións e sancións

O réxime de infraccións e sancións aplicable ao establecido nesta orde é o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 32. Medidas antifraude

A detección de feitos que puidesen ter sido constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados, total ou parcialmente, con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto: http://www.conselleriadefacenda.es/es/areas-tematicas/Indarra-Unificación/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados, total ou parcialmente, con cargo a fondos procedentes da Unión Europea. A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, tal como se establece no Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo, e na Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Artigo 33. Análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos de concesión de subvencións que executan o PRTR

O presente procedemento de concesión de subvencións está suxeito á análise sistemática e automatizada do risco de conflito de interese prevista na disposición adicional centésima décimo segunda da Lei 31/2022, do 23 de decembro, e na Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

De acordo co establecido no artigo 7 da Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, o órgano de concesión da subvención poderá solicitar aos solicitantes de axudas a información da súa titularidade real cando a AEAT non dispoña desa información e así o indicase mediante a correspondente bandeira negra, tendo en conta a análise realizada a través de Minerva. Este suposto non implicará a suspensión automática do procedemento en curso, pero a dita información deberá achegarse ao órgano de concesión da subvención no prazo de 5 días hábiles desde que se formule a solicitude de información. A falta desta información no prazo sinalado será motivo de exclusión do procedemento.

Os datos, unha vez recibidos, serán adecuadamente custodiados de acordo co Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (Regulamento xeral de protección de datos), e coa Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. A través do Minerva, o responsable de operación levará a cabo un novo control ex ante do risco de conflito de interese, indicando, en lugar do solicitante de axudas, os titulares reais recuperados polo órganos de concesión da subvención.

Artigo 34. Réxime xurídico

1. Respecto de todo o non previsto nesta orde observarase o disposto nas seguintes normas, entre outras de procedente aplicación:

a) Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España.

b) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

d) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento.

f) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

g) Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

h) Real decreto 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban as medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

i) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

j) Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

k) Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

l) Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, de 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia.

m) Normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos, así como resto de normas da Unión Europea sobre a materia e estatais de desenvolvemento ou transposición delas.

n) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

ñ) Directrices sobre axudas estatais en materia de protección de ambiente e enerxía 2014/2020.

o) Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

p) Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e o formato da información para proporcionar polas entidades do sector público estatal, autonómico e local para o seguimento do cumprimento dos fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

q) Orde HFP/55/2023, do 24 de xaneiro, relativa á análise sistemática do risco de conflito de interese nos procedementos que executan o Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

r) Lei 31/2022, do 23 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2023 (disposición centésima décimo segunda).

Disposición derradeira primeira

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para actuar por delegación da persoa titular da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira segunda

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira terceira

Esta orde terá efectos o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2023

Ángeles Vázquez Mejuto
Vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file