DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 9 de agosto de 2023 Páx. 47835

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207B).

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da axencia galega das industrias culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, ao tempo, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as entidades culturais dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais.

Tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, na súa exposición de motivos «a actividade cinematográfica e audiovisual conforma un sector estratéxico da nosa cultura e da nosa economía. Como manifestación artística e expresión creativa, é un elemento básico da entidade cultural dun país. A súa contribución ao avance tecnolóxico, ao desenvolvemento económico e á creación de emprego, xunto á súa achega ao mantemento da diversidade cultural, son elementos suficientes para que o Estado estableza as medidas necesarias para o seu fomento e promoción, e determine os sistemas máis convenientes para a conservación do patrimonio cinematográfico e a súa difusión dentro e fóra das nosas fronteiras. Todo iso considerando que a cultura audiovisual, da que sen dúbida o cinema constitúe unha parte fundamental, áchase presente en todos os ámbitos da sociedade actual».

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere seguir impulsando un marco de actuación cultural baseado en tres premisas substanciais:

1. O apoio á creación de contidos audiovisuais de calidade e con vocación de difusión internacional.

2. A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Con esta convocatoria de axudas preténdese apoiar a fase de desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos impulsados por produtoras independentes, que teñan como destino final a exhibición en pantallas cinematográficas e/ou a difusión en canles de televisión e plataformas de vídeo baixo demanda.

En vista do anterior,

RESOLVO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega das Industrias Culturais ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas subvencións para o ano 2023 (código de procedemento CT207B).

2. Segundo establece o Regulamento UE núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo ao artigo 107, punto 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, punto 3 do Tratado sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible que se dá na presente convocatoria. De conformidade co artigo 54 do Regulamento, «co fin de evitar erros manifestos á hora de cualificar un produto como cultural, cada Estado membro establecerá procesos eficaces, como a selección de propostas por unha ou varias persoas encargadas da selección, ou a verificación con respecto a unha lista predeterminada de criterios culturais».

Na presente convocatoria defínense os requisitos para obter o certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, e a fórmula da declaración responsable para acreditar o seu cumprimento.

3. Para a concesión destas subvencións destínanse 300.000 euros con cargo ao orzamento da Axencia Galega das Industrias Culturais dos exercicios 2023 e 2024.

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións as persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 3 das bases reguladoras, que figuran como anexo I da presente resolución.

Artigo 3. Solicitudes

3.1. Para poder ser persoa beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 das bases reguladoras, cumprir cos requisitos establecidos nos artigos 2 e 3 das bases reguladoras da subvención e ser cualificados conforme os criterios establecidos no artigo 16 destas. Aquelas solicitudes que sexan presentadas sen consignar os documentos que se consideran obrigatorios nas bases reguladoras non serán admitidas a trámite.

3.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado e segundo o disposto nos artigo 8 e 9 das Bases reguladoras e o prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 4. Prazo de duración do procedemento de concesión

As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras e non poderá ter unha duración superior aos cinco meses contados a partir do día seguinte ao remate de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo, de conformidade co artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 5. Información ás persoas interesadas

1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais: http://agadic.gal

b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.

c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas e as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

Artigo 6. Réxime de recursos

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

b) Recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso administrativo de Santiago de Compostela.

Artigo 8. Base de datos nacional de subvencións

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Román Rodríguez González
Presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos para o ano 2023
(código de procedemento CT207B)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o 2023 (código de procedemento CT207B).

2. Para efectos das presentes bases, entenderase por desenvolvemento audiovisual o conxunto de accións e tarefas relacionadas coa fase previa á produción, dentro do período subvencionable, de proxectos de longametraxes e series de ficción, animación ou documental.

3. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

4. De conformidade co artigo 54 do Regulamento UE núm. 651/2014, da Comisión Europea, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo ao artigo 107, apartado 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, punto 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións exixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible na presente convocatoria do Regulamento 651/2014. Estas bases establecen a fórmula de declaración responsable para acreditar o cumprimento dos requisitos para a obtención do certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, así como os criterios que permitirán seleccionar as solicitudes propostas para subvención.

5. Estas axudas son incompatibles con outras liñas de subvencións da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se publiquen no mesmo ano da presente convocatoria. En todo caso, son incompatibles con outras axudas da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o mesmo proxecto.

6. Porén, estas subvencións son compatibles con outras axudas para o mesmo proxecto do resto da Administración da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas.

7. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

8. Nos anexos da presente resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes, así como calquera outro ingreso ou recurso.

Artigo 2. Proxectos subvencionables e categorías de proxectos

1. Serán obxecto de subvención aqueles proxectos audiovisuais sobre os que realizar traballos previos ao momento da produción da obra, entendendo como tales os relacionados co guión, financiamento, venda e distribución, xestión de dereitos, investigación, elaboración de materias promocionais e outros adheridos ás actividades propias da fase de desenvolvemento anterior á rodaxe. O destino último dos ditos proxectos audiovisuais será a súa produción para a distribución cinematográfica ou a difusión en televisión e/ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda de ámbito nacional e internacional, debendo poderse encadrar nalgunha das categorías seguintes:

A- Proxectos de longametraxe cinematográfica previstos para ter unha duración mínima de 60 minutos, de ficción, animación ou documental de carácter creativo.

B- Proxectos de series de ficción previstos para ter unha duración total mínima de 150 minutos.

C- Proxectos de series de animación previstos para ter unha duración total mínima de 100 minutos.

D- Proxectos de series documentais previstos para ter unha duración total mínima de 100 minutos.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta no epígrafe IAE 961.1, que teñan cando menos un ano de antigüidade e un ano de actividade sen interrupcións no momento da publicación da presente convocatoria. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e desenvolver a súa actividade habitual en Galicia.

1.1. Para estes efectos, se a produtora non ten o domicilio social na Comunidade Autónoma, entenderase que desenvolve a súa actividade habitual en Galicia cando máis do 50 % do IVE declarado pola empresa no exercicio económico anterior ao ano de publicación da presente convocatoria se corresponda con gastos efectuados na Comunidade Autónoma de Galicia.

1.2. Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

1.3. Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.

1.4. Ademais, a persoa solicitante deberá posuír, cando menos, a opción de compra sobre os dereitos de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan ou os dereitos de adaptación cando se trate de obras preexistentes. No caso de existir acordos de codesenvolvemento entre empresas produtoras, aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre estas. A posesión dos dereitos deberá ter unha duración mínima suficiente para cubrir todo o cronograma de desenvolvemento do proxecto.

1.5. A persoa solicitante deberá ter, cando menos, un acordo ou precontrato cun director e/ou guionista para o desenvolvemento do proxecto audiovisual.

2. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, así como ás empresas en crise, tal e como establecen os artigos 1 e 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo I desta convocatoria.

Artigo 4. Financiamento

1 . O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 300.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.770.0 código de procedemento 2010-0005 do orzamento de gastos da Axencia Galega das Industrias Culturais.

2. Esta convocatoria ten carácter bianual e a asignación dos créditos terá a seguinte distribución:

2023

2024

Axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais

60.000,00 €

240.000,00 €

3. Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, de acordo coa orde de prelación de solicitudes.

4. No caso de que os créditos fosen ampliados, publicarase esta circunstancia nos mesmos medios que esa convocatoria, sen que esta publicidade implique a apertura do prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. No caso de existir solicitudes que non acadan o dereito á subvención por terse esgotado o orzamento dispoñible, pasarán a formar unha lista de agarda formada polas persoas solicitantes que poderían ser susceptibles de recibir a axuda se se produce un incremento de crédito, ben por dispoñer de crédito por producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente propostos ou ben por incremento do orzamento inicialmente destinado a esta liña de axudas.

Artigo 5. Contías máximas, intensidade das axudas e concorrencia

1.A intensidade da axuda é do 100 % do gasto subvencionable.

2. As cantidades máximas que se poderán conceder segundo o tipo de proxecto son as seguintes:

Finalidade da obra

Modalidade

Contía máxima

Obras cinematográficas

Proxecto de longametraxe de animación

30.000 €

Proxecto de longametraxe de ficción

25.000 €

Proxecto de longametraxe documental

15.000 €

Obras audiovisuais para TV e plataformas

Proxecto de serie de ficción ou animación

30.000 €

Proxecto de serie documental

20.000 €

2. A adxudicación non excederá as porcentaxes máximas establecidas en relación co importe subvencionable achegado pola empresa solicitante.

3. Para os efectos de control da intensidade máxima de subvencións, terase en conta a totalidade das axudas públicas recibidas para o proxecto.

Artigo 6. Concepto de gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os traballos de desenvolvemento do proxecto desde a súa creación ata a fase de produción deste e que se leven a cabo dentro do período subvencionable que será o comprendido desde o día da presentación da correspondente solicitude ata o último día de prazo establecido no artigo 22.2 destas bases.

2. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto obxecto de subvención, concedida con base na descrición realizada na memoria técnica e na solicitude. Todo gasto non xustificado polo solicitante será eliminado do orzamento elixible do proxecto. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

4. Co fin de cumprir co efecto incentivador do Regulamento (UE) 651/2014, os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderá ser incorrido con carácter previo a esta presentación; de ser así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.

5. Para os efectos da presente convocatoria, considéranse gastos subvencionables os directamente relacionados cos traballos de desenvolvemento, e que se poidan encadrar nas seguintes epígrafes:

5.1. Dereitos. Son os gastos relativos á adquisición de dereitos de autor ou de propiedade intelectual, incluíndo dereitos de preferencia ou opción de compra, tanto de adaptación de obra preexistente como de obra orixinal; escritura ou reescritura do argumento ou tratamento ata a versión definitiva; deseño de personaxes e fondos (animación); dereitos de tradución sempre que non sexa do galego para o castelán e viceversa; dereitos de imaxes, musicais, documentos sonoros e outros relacionados co desenvolvemento do proxecto que se poidan xustificar.

5.2. Gastos de persoal. Consideraranse subvencionables os gastos de persoal que teñan subscrito un contrato específico, conforme unha categoría laboral asignada para a realización da actividade subvencionada. Nesta epígrafe inclúense as tarefas de produción executiva, guionista, director/a da obra, dirección de produción, e outros que se deberán detallar e xustificar. Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa produtora executiva, deberá acompañarse o contrato correspondente e a súa factura. Se a relación é laboral, deberá achegarse, xunto co contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da Seguridade Social.

Só se recoñecerá como custo a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo doutros, o de produción executiva. Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa produtora executiva, deberá acompañarse o contrato correspondente e a súa factura. Se a relación é laboral, deberá achegarse, xunto ao contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da Seguridade Social.

5.3. Gastos de asesoría ou consultoría. Enténdese por gastos de asesoría ou consultoría todos os gastos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, tales como asesoramento de escritura de guión, asesoramento para estratexias de promoción e comercialización de contidos audiovisuais, asesoramento legal e contable relacionado especificamente cos dereitos do proxecto e a súa estrutura de financiamento, asesoramento en traballos de investigación; outras asesorías propias das tarefas de desenvolvemento directamente vinculadas ao proxecto que se poidan xustificar. Os gastos de asesoría non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, nin calquera outro non vencellados directamente ao obxecto do proxecto.

5.4. Gastos de elaboración de materiais. Estes gastos refírense á realización do teaser do proxecto; elaboración do storyboard; páxina web do proxecto, elaboración de dosieres e outros materiais directamente relacionados co proxecto que se deberán especificar e xustificar. O importe da elaboración do teaser do proxecto non poderá superar o 20 % do orzamento subvencionable.

5.5. Loxística e participación en mercados e/ou foros de negocio. Baixo esta epígrafe recóllense os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención derivados de traballos de localización de escenarios e asistencia a reunións e foros de negocio propios das tarefas de desenvolvemento que se realicen durante o período subvencionable e se xustifiquen adecuadamente. O custo de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día. Os custos de desprazamento serán os da orixe e fin da viaxe e non estarán admitidas as viaxes interiores en destino ou orixe. Así mesmo, serán gastos xustificables os de inscrición ou rexistro en mercados e foros de negocio cando asistan os responsables da produción executiva e/ou de dirección da obra audiovisual, limitados a dúas persoas por proxecto individual.

Quedan exentos aqueles gastos derivados da asistencia aos foros e mercados incluídos nas subvencións específicas que convoca a Agadic para este fin, que son os seguintes: Ventana Sur, NATPE, Cinemart, Marché du Court de Clermont-Ferrand, European Film Market, MIPTV, Marché du Film, Sunny Side of the Doc, MIPCOM, American Film Market.

Así mesmo, quedan exentos aqueles gastos derivados da participación do proxecto en laboratorios e incubadoras obxecto da presente convocatoria.

5.6. Gastos xerais. Serán subvencionables os gastos xerais entendendo como tales aqueles que non se poden vincular directamente cunha operación determinada pero que son indubidablemente necesarios para a realización da actividade subvencionada e se poden argumentar e xustificar. Estes custos indirectos poderán ser subvencionados con base nos custos reais en que se incorran, acreditados coas facturas correspondentes e xustificante do seu pagamento.

En todo caso de conformidade co disposto no artigo 29.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os custos indirectos deberán imputarse na parte que corresponda de conformidade cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e que se correspondan co período de tempo en que efectivamente realizan as actividades, debendo achegar xustificación sobre o método de imputación de tales costes indirectos.

En ningún caso a porcentaxe subvencionada por este concepto superará o 15 % do importe xeral de gastos subvencionables.

Terán a consideración de gastos xerais:

a) Gastos de persoal. Os gastos de persoal considerados dentro dos gastos xerais serán aqueles referidos aos gastos do cadro de persoal que non teñen un contrato laboral específico para o proxecto obxecto da subvención. O seu custo calcularase mediante un rateo en función da súa participación nel.

b) Alugamento de espazos de traballo, consumos de enerxía e auga, limpeza, comunicacións cun límite de dúas liñas por proxecto individual, apoio informático e compra de material de oficina, durante o período subvencionable.

6. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos, en concreto o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias, os xuros e demais gastos financieros, recargas e sancións administrativas e penitenciarias, nin os gastos de procedementos xudiciais.

Artigo 7. Subcontratación

1. De acordo co establecido no artigo 27 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con outra entidade da mesma natureza e que realice a mesma actividade a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social da entidade coa que se pretenda contratar a actividade.

2. Admitirase a subcontratación de actividades e servizos con entidades co mesmo obxecto social que a entidade beneficiaria e co límite máximo do 15 por cento do custo subvencionable de cada proxecto, sempre que as actividades e servizos sexan subcontratadas con máis dunha empresa e sen que, en ningún caso, poidan incluírse facturas relativas a gastos de persoal.

3. En ningún caso poderá concertarse polo beneficiario a execución total ou parcial das actividades subvencionadas nos supostos comprendidos non artigo 27.7 da Lei 9/2007.

Artigo 8. Inicio do procedemento: solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Achegaranse as seguintes declaracións responsables que se recollen no anexo II:

2.1. Que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) ao concorrer como mínimo dous dos requisitos que se relacionan:

a) Que teña como versión orixinal calquera das linguas oficiais en España. No caso das coproducións con empresas estranxeiras, a longametraxe poderá ter como versión orixinal algunha das linguas oficiais da Unión Europea.

b) Que o contido estea ambientado principalmente en España.

c) Que o contido teña relación directa coa literatura, a música, a danza, a arquitectura, a pintura, a escultura e, en xeral, coas expresións da creación artística.

d) Que o guión sexa adaptación dunha obra literaria preexistente.

e) Que o contido teña carácter biográfico, ou en xeral reflicta feitos ou personaxes de carácter histórico, sen prexuízo das adaptacións libres propias dun guión cinematográfico.

f) Que o contido inclúa principalmente relatos, feitos ou personaxes mitolóxicos ou lendarios que poidan considerarse integrados en calquera patrimonio ou tradición cultural do mundo.

g) Que emita un mellor coñecemento da diversidade cultural, social, relixiosa, étnica, filosófica ou antropolóxica.

h) Que o contido estea relacionado con asuntos ou temáticas que forman parte da realidade social, cultural ou política española, ou con incidencia sobre eles.

i) Que no relato cinematográfico, un dos protagonistas ou varios dos personaxes secundarios estean directamente vinculados con esa mesma realidade social, cultural ou política española.

j) Que se dirixa especificamente a un público infantil ou xuvenil e conteña valores acordes cos principios e fins da educación recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a norma que, de ser o caso, a substitúa, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

2.2. Que a entidade solicitante é titular dos dereitos suficientes de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, e coa presente convocatoria.

2.3. Que a entidade solicitante cumpre cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.

2.4. Declaración das características e condicións do proxecto segundo a ficha de produción recollida no anexo IV destas bases, relativas a autoría galega, autoría novel, autoría feminina, historial en canto a obras previas producidas da empresa solicitante ou da persoa proposta para a produción executiva, experiencia dos/as autores/as con base en anteriores obras escritas e/ou realizadas, subvención previa da Agadic á escrita de guión, proxectos rematados pola empresa nos últimos 6 anos que recibisen unha subvención da Agadic ao desenvolvemento de proxecto audiovisual.

2.5. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.

2.6. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

2.7. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2.8. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

2.9. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 sobre empresas vinculadas.

2.10 Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

Artigo 9. Prazo para presentar as solicitudes e emenda

1. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non está debidamente cuberta, non se achega a documentación exixida ou non se reunen os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican na Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, a persoa interesada será requirido para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, e indícase ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos na lei.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación, que terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes:

1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.4. Copia da documentación acreditativa de que cada proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.

1.5. Acordo asinado co/coa guionista e/ou director/a para a realización das tarefas de desenvolvemento.

Toda a documentación anterior terá a consideración de obrigatoria para os efectos de admisión de solicitudes.

2. As persoas solicitantes deberán presentar un dosier do proxecto en formato de documento único indexado segundo a mesma orde de numeración e nomenclatura, que conteña os seguintes puntos:

2.1 Datos identificativos do proxecto: título, xénero, versión lingüística orixinal da obra, custo de produción estimado. Deberán constar os nomes das persoas responsables da produción executiva, guión e dirección, indicando se residen ou desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.

2.2. Descrición das intencións artísticas e creativas por parte do/da autor/a, así como das referencias, aspectos singulares, e outros que se consideren relevantes.

2.3. Descrición dos valores de produción do proxecto, orzamento de produción estimado, viabilidade de financiamento e realización, intencións en canto a coprodución e outros aspectos que consideren relevantes.

2.4. Descrición de audiencias, mercados obxectivo e intencións en canto a lanzamento, difusión e distribución da obra audiovisual.

2.5. Estratexia de desenvolvemento, cronograma de realización dos traballos, relación e currículo dos/as profesionais propostos/as para levar a cabo os traballos de desenvolvemento do proxecto.

2.6. Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha páxina.

2.7. Guión ou tratamento secuencial do proxecto, cando se trate dunha longametraxe cinematográfica de ficción ou animación, de non menos de 10 páxinas Tratamento ou escaleta cando o proxecto sexa dunha longametraxe documental. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais haberá que achegar, xunto co tratamento secuencial do proxecto do capítulo piloto, un mapa de tramas. No caso de proxectos de longametraxe que obtivesen subvención na modalidade de escrita de guión dalgunha convocatoria de axudas á promoción do talento audiovisual galego, haberá que presentar un guión.

3. Orzamento de gastos de desenvolvemento do proxecto segundo o modelo do anexo III.

4. Ficha do proxecto segundo o modelo do anexo IV.

5. Voluntariamente, poderase achegar unha ligazón a unha presentación do proxecto a cargo do/a autor/a do proxecto.

6. Calquera outra documentación que a persoa solicitante considere pertinente para unha mellor defensa do proxecto.

Con relación ao punto 2 deste artigo, o órgano instrutor comprobará a presentación do dosier como documento único, pero non realizará a comprobación do seu contido. O dosier non poderá ser obxecto de modificación ou mellora ao longo da fase de instrución do procedemento previa á reunión da Comisión de Valoración.

Os documentos presentados en branco non se considerarán defectos emendables, senón que continuarán coa súa tramitación para os efectos da instrución do expediente.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

7. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

9. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento, consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao corrente das obrigas no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

– Certificado de estar ao corrente de pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. A dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1.1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

1.2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.

1.3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, ou aos profesionais ou expertos consultados.

En todo caso, a dirección da Agadic poderá requirirlle ás persoas solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levará a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.

Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención.

Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación administrativa necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración.

Artigo 15. Comisión de Valoración

1. Para a avaliación dos proxectos presentados constituirase unha Comisión de Valoración, nomeada polo director da Agadic, que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios fixados nas presentes bases.

2. A Comisión de Valoración estará formada por catro membros:

– Tres persoas profesionais de recoñecido prestixio no mundo cultural e/ou audiovisual, entre os que se designará o seu presidente/a.

– Unha persoa técnica pertencente ao cadro de persoal da Agadic.

A secretaría da comisión será exercida por unha persoa designada pola Dirección da Agadic, pertencente ao cadro de persoal da Agadic, con voz e sen voto.

3. A condición de persoa membro da comisión ten carácter persoal e non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso. As persoas que formen parte da comisión declararán por escrito non ter relación coas persoas solicitantes ou, se é o caso, cos partícipes das persoas xurídicas solicitantes na correspondente convocatoria e absteranse se se dá algunha das circunstancias do artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

4. A Comisión de Valoración, previamente á cualificación das solicitudes, elaborará unha acta concretando os criterios subxectivos definidos nestas bases para aplicalos de xeito semellante aos obxectivos. Así mesmo, tras a súa avaliación deixarase constancia documental cun informe da motivación das puntuacións.

5. O informe dos proxectos obxecto de subvención realizarase separadamente para cada categoría atendendo aos seguintes factores: puntuación final recibida por cada proxecto, orzamento subvencionable deste, contía solicitada con atención ao límite máximo da categoría correspondente e orzamento total da convocatoria.

Artigo 16. Criterios de valoración

1. A valoración total máxima establécese en 70 puntos distribuídos segundo os criterios que se establecen a continuación:

Criterios técnicos

40 puntos

A) Promoción do talento creativo galego, novo talento e contribución á igualdade.

Máximo 13 puntos

A1. Autores que desenvolvan a sua actividade fundamentalmente no ámbito da Comunidade en Galicia ou xeneren actividades económicas nela. Non puntúa coautoría inferior ao 50 %. Cando a dirección e o guión recaen na mesma persoa, a puntuación máxima será de 3 puntos.

Máximo 4 puntos

– Director/a que desenvolvan a súaa actividade fundamentalmente no ámbito da Comunidade en Galicia ou xeneren actividades económicas nela.

2 puntos

– Guionista que desenvolva a sua actividade fundamentalmente no ámbito da Comunidade en Galicia ou xeneren actividades económicas nela.

2 puntos

A2. Primeiro proxecto para os/as autores/as nalgunha das modalidades de proxecto obxecto da presente convocatoria. Se a dirección e o guión recaen na mesma persoa a puntuación máxima será de 3 puntos.

Máximo 5 puntos

– Primeiro proxecto do/a director/a, sempre que a dirección da obra se realice íntegramente.

3 puntos

– Primeiro proxecto do/a guionista, sempre que a súa porcentaxe de autoría sexa como mínimo do 50 %.

2 puntos

A3. Dirección e/ou guión a cargo de mulleres sempre que o traballo se realice integramente. Se as funcións recaen na mesma persoa, a puntuación máxima será de 3 puntos.

Máximo 4 puntos

– Directora.

2 puntos

– Guionista.

2 puntos

B) Solvencia da entidade solicitante e/ou da produción executiva, e dos/as autores segundo obras anteriores realizadas.

Máximo 27 puntos

B1- Historial da empresa ou da persoa responsable da produción executiva en canto a obras producidas con anterioridade, sempre que así figure nos títulos de crédito. Terase que optar por só unha das dúas fórmulas.

Poderase computar por un máximo de 3 longametraxes ou series e/ou por un máximo de 2 curtametraxes, en que se tivese dado algunha das condicións seguintes:

a) Que fosen seleccionadas ou finalistas nalgún dos festivais e outros certames de premios audiovisuais de recoñecido prestixio que se recollen no anexo VI.

b) Obras realizadas en coprodución internacional.

c) Que acadasen distribución comercial cun mínimo de 5.000 espectadores en España.

d) Que tivesen distribución comercial en salas de cine en dous ou máis países estranxeiros.

e) Que tivesen repercusión en televisións e principais plataformas VOD que operen en España e/ou fosen emitidas en máis de dous países estranxeiros.

Máximo 8 puntos

2 puntos por cada longametraxe ou serie

1 punto por cada curtametraxe que cumpra as condicións a) e/ou b)

B2- Experiencia e traxectoria dos/as autores/as con base en anteriores obras realizadas sempre que así figure nos créditos, non podendo puntuar nos casos de coautoría cando esta é inferior ao 50 %.

Poderán puntuar os/as directores/as de curtametraxes sempre que se acredite a súa selección nalgún dos festivais relacionados no anexo VI.

Se nunha mesma longametraxe ou serie as funcións de dirección e guión tivesen recaído na mesma persoa, só se poderá acadar un máximo de 1,5 puntos por cada obra.

Máximo 10 puntos

– Director/a.

1 punto por cada longametraxe ou serie, computando un máximo de catro obras.

0.5 puntos por cada curtametraxe computando un máximo de catro obras.

Máximo 6 puntos

– Guionista

1 punto por cada longametraxe ou serie, computando un máximo de catro obras.

Máximo 4 puntos

B3- Guión subvencionado nalgunha convocatoria de Agadic de axudas á creación audiovisual.

5 puntos

B4- Proxectos da empresa ou do/a produtor/a executivo/a rematados nos últimos 6 anos que recibisen previamente unha subvención da Agadic-Xunta de Galicia ao desenvolvemento.

1 punto por cada proxecto realizado.

Máximo 4 puntos

Criterios artísticos e de viabilidade

30 puntos

C) Calidade do proxecto.

Máximo 15 puntos

Calidade e orixinalidade do tratamento secuencial achegado, interese e creatividade do contido, proposta artística, contribución á diversidade audiovisual e aspectos singulares e innovadores con respecto a obras xa existentes.

Máximo 15 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

D) Viabilidade de produción e internacionalización e contribución ao fomento do sector audiovisual galego

Máximo 10 puntos

Análise da estratexia de desenvolvemento prevista segundo os traballos e o equipo propostos; potencial de internacionalización do proxecto en canto a coprodución, difusión e comercialización; impacto potencial do proxecto en canto a localizacións galegas e utilización de recursos audiovisuais galegos na súa futura produción.

Máximo 10 puntos que se outorgarán con motivación en relación cos aspectos citados

E) Adecuación do orzamento.

Máximo 5 puntos

Deseño do orzamento e adecuación ás tarefas de desenvolvemento previstas.

Máximo 3 puntos que se outorgarán con motivación.

Proporcionalidade entre as distintas partidas de orzamento segundo as características do proxecto.

Máximo 2 puntos que se outorgarán con motivación

Artigo 17. Resolución da convocatoria

1. O órgano instrutor, á vista da documentación que consta no expediente así como a requirida, da acta levantada e o informe preceptivo motivado da Comisión de Valoración, concretará o resultado da avaliación efectuado e establecerá unha prelación de proxectos en función da puntuación total obtida por estes e realizará unha proposta de adxudicación provisional das axudas tendo en conta o límite da dotación orzamentaria segundo o tipo de proxecto e as reservas de crédito establecidas pola convocatoria.

2. De conformidade co disposto no artigo 21.4 parágrafo 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a proposta de adxudicación provisional debidamente motivada deberá notificarse aos interesados concedendo un prazo de dez días para a presentación de alegacións as puntuacións recibidas e farase pública na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (www.agadic.gal).

3. As persoas solicitantes que figuren como beneficiarias de subvención ou como suplentes na proposta provisional de resolución deberán achegar, no prazo máximo de dez días contados desde o día seguinte a súa notificación, a seguinte documentación que acredite o especificado nas declaracións responsables realizadas no momento da solicitude, presentando o anexo V xunto coa seguinte documentación ordeada e numerada segundo se especifica:

3.1. Acreditación do desenvolvemento da actividade fundamentalmente no ámbito da Comunidade en Galicia ou xeren actividades económicas nela do/da director e/ou o/a guionista da obra, de ser o caso.

3.2. Declaracións individuais por parte dos/das autores/as de que o proxecto presentado é o primeiro proxecto do/da director/a e/ou o/a guionista, en desenvolvemento, rodado ou finalizado nalgunha das modalidades de proxecto obxecto da presente convocatoria.

3.3. Dosier acreditativo da solvencia da entidade solicitante ou da persoa responsable da produción executiva segundo consta na ficha de proxecto recollida no anexo IV da presente convocatoria:

3.3.1. Convites emitidos por festivais de cine ou documentación que acredite a participación de obras realizadas nalgún dos certames de premios que se recollen no anexo VI destas bases, de ser o caso.

3.3.2. Recoñecemento da nacionalidade de obras anteriores en coprodución internacional mediante certificados oficiais emitidos polas autoridades competentes nos diferentes países.

3.3.3. Documentación emitida polas compañías e institucións correspondentes que acredite suficientemente a distribución e/ou emisión nacional e internacional e o número de espectadores cinematográficos acadado por obras realizadas con anterioridade, de ser o caso.

3.4. Dosier relativo aos/ás autores/as no que conste:

3.4.1. Acreditación suficiente dos traballos audiovisuais previos, ben sexa mediante a base de datos de obras calificadas do ICAA ou títulos de crédito das obras en que os/as autores/as tivesen desenvolvido a mesma función que no proxecto presentado, restrinxindo a documentación ás obras relacionadas na ficha de proxecto que consta no anexo IV da presente convocatoria.

4. Transcorrido o prazo de dez días desde a contestación do trámite de audiencia unha vez examinadas as posibles alegacións e a documentación presentada polas persoas solicitantes propostas como beneficiarias de subvención e suplentes, o órgano instrutor ditará a proposta de resolución definitiva, indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á presidencia do Consello Reitor da Agadic.

5. No expediente da subvención tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que as persoas beneficiarias cumpren os requisitos necesarios para acceder ás axudas.

6. A presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor segundo a disposición adicional do Acordo de data 24 de xullo do 2012 (DOG núm. 164, do 29 de agosto), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución.

7. Esta resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de cinco meses contados desde o día seguinte á finalización do prazo de presentación de solicitudes, será motivada e expresará, cando menos:

a) A relación de persoas beneficiarias da axuda.

b) O importe global da axuda para cada entidade e a desagregación do dito importe por anualidades.

c) A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

8. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se notifique a resolución posibilitará que a persoa interesada poida entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.

10. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa.

Artigo 18. Notificacións de resolucións e actos administrativos

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico.

En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 19. Aceptación da subvención

1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicarán á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2. A entidade beneficiaria poderá remitir á Agadic o orzamento adaptado á subvención concedida (só no suposto de que a subvención recibida sexa inferior á solicitada e, como máximo, pola diferenza entre ambas as cantidades, a recibida e a solicitada). A dita documentación deberase remitir no prazo máximo de 10 días, contados desde a notificación da resolución de concesión

Artigo 20. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias da subvención deberán cumprir as seguintes obrigas:

1. Sen prexuízo das obrigacións dispostss no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias das subvencións quedarán obrigadas a destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o que foron concedidos e levar a cabo a actividade subvencionada de acordo co proxecto presentado. Calquera alteración relevante do proxecto, cambio de título, modificación substancial de contidos ou cambios nos responsables do equipo técnico notificarase con anterioridade á Agadic, que adoptará as medidas que considere procedentes.

2. Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes empresas, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

3. Notificar en todo momento á Agadic as axudas, ingresos ou recursos que financien a actuación subvencionada, obtidos ou solicitados a outras administracións ou entidades públicas ou privadas, que se teñan producido con posterioridade á presentación da solicitude.

4. Na futura documentación de cada proxecto individual (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción resultante deberá figurar «coa subvención ao desenvolvemento da Axencia Galega das Industrias Culturais, Xunta de Galicia», utilizando as súa marcas principais:

http://www.agadic.gal/identidade

https://www.xunta.gal/identidade-corporativa/marca-principal

5. Así mesmo, cando a Agadic o solicite, as persoas beneficiarias estarán obrigadas a facilitarlle copias da documentación empregada para a realización, promoción e difusión da obra (carteis, fotografías, músicas, portadas, trailers e outros materiais) para actividades de promoción do audiovisual galego.

Artigo 21. Pagamento

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención ademais dos formularios establecidos para o efecto (anexo III orzamento do proxecto).

2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas na presente resolución, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta para o que se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Para a realización dos pagamentos á conta ou dos pagamentos anticipados, os beneficiarios estarán exonerados de constituír as garantías a que fan referencia os artigos 62.3 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en aplicación da excepción prevista no artigo 67.4 desta.

3. Pagamentos anticipados.

As persoas beneficiarias, unha vez ditada a resolución de concesión da subvención poderán solicitar un anticipo de ata o 80 % da subvención concedida sen que se superen a cantidades previstas para cada anualidade, en virtude do disposto no artigo 63.3 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobada por Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que prevé a excepcionalidade de modificar as porcentaxes sinaladas no artigo 63.dous logo de autorización do Consello da Xunta de Galicia. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada.

4. Pagamentos á conta.

As persoas beneficiarias poderán solicitar pagamentos á conta ata un 80 % da subvención concedida sen que se superen as cantidades previstas para cada anualidade, respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación.

5. O importe conxunto de pagamentos anticipados e á conta que, de ser caso, se concedan non poderá ser superior ao límite do 80 % antes indicado.

Artigo 22. Xustificación

1. Só serán computados para os efectos de xustificación os gastos que fosen efectivamente pagados no momento da xustificación do gasto e así se acredite documentalmente, mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente no tráfico mercantil, que teñan como destinataria a empresa produtora e cuxo expedidor quede identificado nestas, así como mediante nóminas que estean emitidas pola empresa produtora. As facturas e os documentos xustificativos similares serán expedidos conforme o disposto na normativa reguladora das obrigas de facturación que resulte aplicable. En todos os supostos deberán presentarse copia das facturas ou documentos xustificativos, acompañados da copia da documentación acreditativa do seu pagamento, en concreto os extractos e certificacións bancarias que deixen constancia do pagamento dos gastos polo beneficiario.

Así mesmo, presentarase a xustificación sobre o método de imputación dos custos indirectos.

2. Os prazos para a xustificación son os seguintes:

– Primeira anualidade: desde a resolución definitiva de concesión ata o 15 de novembro de 2023.

– Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 15 de xullo de 2024.

3. O investimento xustificado ten que coincidir coa resolución de concesión da subvención, ou as modificacións autorizadas. Se a xustificación é inferior ao investimento previsto, sempre que se manteña o cumprimento da finalidade da subvención, minorarase a concesión proporcionalmente ao investimento non xustificado. No caso de que non se xustifique a subvención en prazo, ou de que o executado non cumprise o fin para o que se concedeu a subvención, quedaría anulada na súa totalidade.

4. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas, caso de habelas, e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a oportuna resolución, nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 22. Conta xustificativa

1. A persoa beneficiara entregará unha conta xustificativa que deberá incluír a declaración das actividades realizadas que foron financiadas coa subvención e o seu custo, coa desagregación de cada un dos gastos producidos. Deberase acreditar, así mesmo, na conta xustificativa o cumprimento de todas as obrigas do artigo vixésimo segundo. A conta xustificativa deberá incluír:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica abreviada, xustificativa do custo das actividades realizadas, que incluirá unha relación clasificada dos gastos e investimentos correspondentes a cada proxecto, con identificación do acredor e do documento, o seu importe, data de emisión e data de pagamento. Así mesmo, indicará as desviacións producidas nos conceptos de gasto en relación ao orzamento presentado na solicitude e en que se basea a concesión da subvención.

c) A persoa beneficiaria presentará unha declaración complementaria do conxunto de axudas solicitadas para o mesmo proxecto, tanto das aprobadas como das pendentes de resolución, das diferentes administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (anexo V).

d) Os tres orzamentos que deba ter solicitado o beneficiario, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, que establece que cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non existan no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

e) Xustificación que evidencie a publicidade realizada en cumprimento das obrigas establecidas no Regulamento 1303/2013.

Artigo 23. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobro da subvención o incumprimento do beneficiario da súa obriga de estar ao corrente das súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica, e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se tivese aboado a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 24. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de mora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

3. Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a que a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 30 desta resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 25. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique polo menos o 60 % dos custos previstos no proxecto con respecto ao gasto a realizar en Galicia.

2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.

O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Son casos de reintegro parcial os seguintes casos de incumprimento:

a) Se se incumpre a obriga de dar publicidade do financiamento do proxecto, consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo proxecto, aplicarase un factor de corrección do 2 %.

b) Suporá a perda dun 2 % da subvención concedida non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder.

c) Suporá a perda dun 5 % non comunicarlle á Axencia Galega das Industrias Culturais a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención, unha vez recalculada a subvención e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte da suma de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

No caso das condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas etc), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 26. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 24 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas, e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas, e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, os interesados poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 27. Control

1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento aos beneficiarios as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.

3. Así mesmo, no caso de axudas plurianuais, a Axencia Galega das Industrias Culturais poderá convocar anualmente os beneficiarios a unha entrevista para coñecer a planificación das actividades en curso e valorar a consecución dos obxectivos e resultados do ano anterior.

Artigo 28. Normativa aplicable

1. Será de aplicación a seguinte normativa:

1.1. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e, supletoriamente, a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como os preceptos básicos do Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións.

1.2. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1.3. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

1.4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

1.5. Lei 55/2007 do 28 de decembro, do cinema, Real decreto 1084/2015, do 4 de decembro, que a desenvolve, e Real decreto 1090/2020, do 9 de decembro, que modifica o anterior.

Artigo 29. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Relación de certames de premios e festivais de cine para os efectos
de acreditación de historiais

Certame de premios

Premios Goya

Premios Mestre Mateo

Premios José María Forqué

Premios Feroz

Premios Gaudí

Premios Óscar

Premios Platino

Premios EFA

Premios César

Premios Bafta

Premios David de Donatello

Festivais de cine

Amsterdam-International Documentary Film Festival Amsterdam (IDFA)

Países Baixos

Calquera sección competitiva

Annecy-Festival international du film d'animation d'Annecy

Francia

Calquera sección competitiva

Berlín-Internationale Filmfestpiele Berlin (Berlinale)

Alemaña

Calquera sección

Bilbao-Zinebi. Festival Internacional de Cine Documental y Cortometraje de Bilbao

España

Calquera sección competitiva

Buenos Aires-Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI)

Arxentina

Calquera sección competitiva

Busan-Busan International Film Festival

Corea do Sur

Calquera sección competitiva

Cannes-Festival de Cannes (inclúe Semaine de la Critique e Quinzaine des Realisateurs)

Francia

Calquera sección

Cartagena-Festival Internacional de Cine de Cartagena de Indias

Colombia

Calquera sección competitiva

Ciudad de México-Ficunam Festival Internacional de Cine UNAM

México

Calquera sección competitiva

Cracovia-Krakow Film Festival

Polonia

Calquera sección competitiva

El Cairo-Cairo International Film Festival

Egipto

Calquera sección competitiva

Gijón-Festival Internacional de Cine de Gijón (FICX)

España

Calquera sección competitiva

Goa-International Film Festival of India

India

Calquera sección competitiva

Guadalajara-Festival Internacional de Cine de Guadalajara

México

Calquera sección competitiva

Karlovy Vary-Karlovy Vary International Film Festival

República Checa

Calquera sección competitiva

Lisboa-Doclisboa

Portugal

Calquera sección competitiva

Lisboa-IndieLisboa

Portugal

Calquera sección competitiva

Locarno-Festival del Film Locarno

Suiza

Calquera sección

Londres-London Film Festival

Reino Unido

Calquera sección

Málaga-Festival de Málaga

España

Calquera sección competitiva

Mar del Plata-Festival Internacional de Cine de Mar del Plata

Arxentina

Calquera sección competitiva

Marsella-FID International Film Festival Marseille

Francia

Calquera sección competitiva

Montreal-Festival des Films du Monde

Canadá

Calquera sección competitiva

Moscú-Moscow International Film Festival

Rusia

Calquera sección competitiva

Nova York-New York Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección

Nova York-Tribeca Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección competitiva

Nyon-Visions du Réel Nyon-Festival International du Cinema

Suíza

Calquera sección competitiva

Oberhausen-International Short Film Festival

Alemaña

Calquera sección competitiva

París-Cinéma du Réel festival international du film documentaire

Francia

Calquera sección competitiva

Park City, Utah-Sundance Film Festival

Estados Unidos

Calquera sección competitiva

Roma-Festa del Cinema di Roma

Italia

Calquera sección

Róterdam-International Film Festival Rotterdam

Países Baixos

Calquera sección

San Petersburgo-Message to Man International Film Festival

Rusia

Calquera sección competitiva

San Sebastián-Festival Internacional de Cine de San Sebastián

España

Calquera sección

Sevilla-Festival de Sevilla

España

Calquera sección competitiva

Shanghai-Shanghai International Film Festival

China

Calquera sección competitiva

Sitges-Festival Internacional de Cinema Fantastic de Catalunya

España

Calquera sección competitiva

Tallin-Back Nights Film Festival

Estonia

Calquera sección competitiva

Tampere-Tampere Film Festival

Finlandia

Calquera sección competitiva

Tokio-Tokyo International Film Festival

Japón

Calquera sección competitiva

Toronto-Toronto International Film Festival (TIFF)

Canadá

Calquera sección

Toulouse-CinEspaña Festival du Film Espagnol de Toulouse

Francia

Calquera sección competitiva

Turín-Torino Film Festival

Italia

Calquera sección competitiva

Valencia-Cinema Jove

España

Calquera sección competitiva

Valladolid-Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci)

España

Calquera sección competitiva

Varsovia-Warsaw International Fil Festival

Polonia

Calquera sección competitiva

Venecia-La Biennale di Venezia / Mostra Internationale d'Arte Cinematografica (inclúe Settimana della Critica e Giornate degli Autori)

Italia

Calquera sección

Viena- Viennale-Vienna International Film Festival

Austria

Calquera sección

Vila do Conde-Curtas Vila do Conde International Film Festival

Portugal

Calquera sección competitiva