DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 47972

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 pola que se publica a resolución das solicitudes de subvención da Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

Antecedentes.

No Diario Oficial de Galicia núm. 114, do 16 de xuño de 2023, publicouse a Orde do 6 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE402B).

Unha vez pechado o prazo de presentación de solicitudes, o órgano instrutor remite á comisión encargada da súa valoración aqueles expedientes administrativos que cumpren todos os requisitos e reúnen toda a documentación necesaria. O 20 de xullo de 2023 reuniuse a Comisión de Valoración, que emite o seu informe cunha relación das solicitudes presentadas e admitidas ordenadas por orde de prelación de maior a menor puntuación en aplicación dos criterios de baremación establecidos no artigo 8 das bases reguladoras, e a proposta de concesión de conformidade co crédito asignado á convocatoria.

O 26 de xullo de 2023, ao non figuraren no procedemento outros feitos nin outras alegacións ou probas que as achegadas polos interesados, o órgano instrutor formulou proposta de resolución definitiva.

A concesión destas subvencións será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, ata un importe máximo de 2.773.095 €.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. De conformidade co artigo 6 das bases reguladoras, a Subdirección Xeral de Plans e Programas, como órgano competente para a instrución do procedemento, elevou informe técnico de valoración, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte. A Secretaría Xeral para o Deporte elevou a proposta de resolución á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, que é o órgano competente para a resolución do procedemento.

Segunda. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada, sen prexuízo desta. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.gal

Terceiro. Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Valoración a que se refiren os artigos 7 e 8 da Orde do 6 de xuño de 2023, e con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte, do 26 de xullo de 2023, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións ás federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do Plan Corresponsables a través da realización de actividades de animación sociodeportiva que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas por orde decrecente dos puntos acadados. No anexo determínanse a entidade beneficiaria, a actuación que se desenvolverá, o investimento subvencionable, a contía da axuda e a puntuación outorgada.

De conformidade co artigo 9 das bases reguladoras da convocatoria, o importe das subvencións será o resultado de asignar un importe de 1.660 €/mes por grupo de actividade, ata o máximo do importe subvencionable por entidade que, de conformidade co artigo 1.3 da convocatoria, é de 300.000 €.

Segundo. Desestimar as solicitudes de subvención por esgotamento do crédito ás entidades que se recollen no anexo II desta resolución, ordenadas pola puntuación acadada.

Terceiro. Non admitir as solicitudes de subvención que se recollen no anexo III polo motivo que alí se indica.

Cuarto. Poderase realizar o pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, segundo o anexo III da Orde do 6 de xuño de 2023, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación expresa desta. A solicitude de pagamento anticipado poderá remitirse ata o 31 de outubro de 2023.

Quinto. De acordo co artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, a entidade beneficiaria deberá presentar ante a Secretaría Xeral para o Deporte a documentación xustificativa da subvención, prevista no artigo 6.2 da convocatoria, ata o 30 de novembro de 2023.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán desenvolver o Plan Corresponsables para a habilitación de servizos de coidado profesional de nenas, nenos e mozas e mozos de ata 16 anos, desenvolvendo actividades de animación sociodeportiva, de acordo coas condicións de execución establecidas no artigo 10 das bases reguladoras (anexo I da Orde do 6 de xuño de 2023).

Sétimo. De conformidade co artigo 16 das bases reguladoras, as entidades que resulten beneficiarias das subvencións concedidas ao abeiro desta orde estarán obrigadas a cumprir o establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e especificamente:

a) Á aplicación pública da imaxe corporativa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, da Secretaría Xeral para o Deporte, do Plan Corresponsables, do Ministerio de Igualdade e da Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.

b) A conservar, nos seguintes catro anos, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

c) A estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) A someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das actividades subvencionadas por parte da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

e) A reintegrar os fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 16 das presentes bases.

f) Á adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte.

g) A garantir os dereitos lingüísticos de todas as persoas, empregando o galego e o castelán nas súas comunicacións.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO I

Subvencións concedidas

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Nº grupos actividade x nº meses

Orzamento subvencionable (1660€/grupo, max 300.000 €)

Subvención proposta

Puntuación

DE402B-2023-00000015-00

Federación Galega de Balonmán

G36690832

1.132

300.000,00 €

300.000,00 €

82,5

DE402B-2023-00000002-00

Federación Galega de Tenis

G15102767

1.592

300.000,00 €

300.000,00 €

82,5

DE402B-2023-00000001-00

Federación Galega de Boxeo

G15108996

152

252.320,00 €

252.320,00 €

65

DE402B-2023-00000006-00

Federación Galega de Piragüismo

G36040764

172

285.520,00 €

285.520,00 €

65

DE402B-2023-00000007-00

Federación Galega de Salvamento e Socorrismo

G27033737

696

300.000,00 €

300.000,00 €

65

DE402B-2023-00000017-00

Real Federación Galega de Fútbol

G15055890

69

114.540,00 €

114.540,00 €

60

DE402B-2023-00000016-00

Federación Galega de Taekwondo

G15237233

246

300.000,00 €

300.000,00 €

60

DE402B-2023-00000021-00

Federación Galega de Montañismo

G36630259

131

217.460,00 €

217.460,00 €

57,5

DE402B-2023-00000013-00

Federación Galega de Surf

G15565484

24

39.840,00 €

39.840,00 €

55

DE402B-2023-00000014-00

Federación Galega de Loita

G36651081

114

189.240,00 €

189.240,00 €

55

DE402B-2023-00000023-00

Federación Galega de Hóckey

G32172058

18

29.880,00 €

29.880,00 €

45

DE402B-2023-00000011-00

Federación Galega de Péntatlon Moderno Tríatlon

V36703932

45

74.700,00 €

74.700,00 €

45

DE402B-2023-00000012-00

Federación Galega de Vela

G36644862

125

207.500,00 €

207.500,00 €

45

DE402B-2023-00000010-00

Federación Galega de Esgrima

G15109077

199

300.000,00 €

162.095,00 €

45

Total

2.773.095,00

ANEXO II

Solicitudes desestimadas por esgotamento do crédito asignado á convocatoria.

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Puntuación

DE402B-2023-00000008-00

Federación Galega de Squash

G36644680

40

DE402B-2023-00000009-00

Federación Galega de Bolos

V36650133

37,5

DE402B-2023-00000020-00

Federación Galega de Atletismo

G15103500

37,5

DE402B-2023-00000004-00

Federación Galega de Kickboxing

G27464221

32,5

DE402B-2023-00000024-00

Federación Galega de Bádminton

G36645133

32,5

DE402B-2023-00000019-00

Federación Galega de Baile Deportivo

G10883999

25

DE402B-2023-00000022-00

Federación Galega de Ciclismo

G36644870

22,5

DE402B-2023-00000018-00

Federación Galega de Tenis de Mesa

V15149453

22,5

DE402B-2023-00000005-00

Federación Galega de Espeleoloxía

G15062193

7,5

ANEXO III

Solicitudes non admitidas

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Puntuación

DE402B-2023-00000003-00

Federación Galega de Orientación

G70381603

A actividade proposta non cumpre os requisitos de idade dos participantes previstos no artigo 3.1 (ata os 16 anos) das bases reguladoras