DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión dunha árbore e varias formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión dunha árbore e varias formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foi realizada polas persoas interesadas de acordo a ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2023/1782772.

Data: 16.6.2023.

Solicitante: Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Especie: formación de Cupressus macrocarpa; Hartw.

Localidade: Vilaframil.

Concello: Ribadeo.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2023/1878083.

Data: 26.6.2023.

Solicitante: José Benito Cabana Rodríguez.

Especie: formación de Quercus robur; L.

Localidade: Viladonga.

Concello: Castro de Rei.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 2023/2092121.

Data: 18.7.2023.

Solicitante: Ana María Lucía González Serón.

Especie: formación de Platanus hispanica Mill. ex Münchh; Laurus nobilis L e Populus nigra L.

Localidade: Ares.

Concello: Ares.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 2023/2121729.

Data: 21.7.2023.

Solicitante: Salvador Fernández de la Cigoña Fraga.

Especie: Eucalyptus globulus Labill. subsp. globulus.

Localidade: A Ponte do Porco.

Concello: Miño.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto a elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmatv@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Coruña r/ Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural