Unha vez elaborada a versión inicial do documento do Plan de xestión de residuos municipais de Galicia 2023 2030 (PXRMG), e de conformidade co establecido no artigo 54.4 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, procedendo a consellería tramitadora á súa aprobación inicial mediante a Resolución do 3 de agosto de 2023, antes de redactar a proposta definitiva do plan, sométese o documento ao trámite de información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG. Neste tempo os interesados poden efectuar as alegacións que consideren oportunas.
O documento está á disposición dos interesados no seguinte enderezo da sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://transparencia.xunta.gal/participacion-plans-programas
Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático