DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV CTO1 Pedrido-Sada distancias antirregulamentarias entre Ap.28 e Ap.32, no concello de Bergondo (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/256-1).

Feitos:

1. O 30.8.2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. (en diante, UFD) presentou, ante a Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (en diante, xefatura territorial), a solicitude de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV CTO1 Pedrido-Sada distancias antirregulamentarias entre Ap.28 e Ap.32, no termo municipal de Bergondo (A Coruña), á cal se lle asignou o número de expediente IN407A 2022/256-1.

Esta solicitude acompañouse da seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado LAT 132 kV CTO1 Pedrido-Sada distancias antirregulamentarias entre Ap.28 e Ap.32, asinado o 7.7.2022 polo enxeñeiro Industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado nº 2.221 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado por este colexio, con nº 20222013 e data 6.7.2022; e en que figura un orzamento total de 38.574,04 euros.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas: Concello de Bergondo, Deputación Provincial da Coruña, Augas de Galicia e Telefónica de España, S.A.U.

• Relación de bens e dereitos afectados (RBDA).

A infraestrutura eléctrica proxectada, que ten por obxecto a corrección dunha distancia antirregulamentaria (detectada entre os apoios 29 e 30 con outra liña eléctrica propiedade do promotor), presenta as seguintes características técnicas:

• Modificación, respectando o seu actual trazado, do tramo da LAT 132 kV subestación Pedrido-subestación Sada de 951 m de lonxitude comprendido entre os seus apoios nº 28 (matrícula: 92018746) e nº 32 (matrícula: 92004742), consistente na substitución do apoio nº 30 (matrícula: 92018748) metálico de celosía (tipo A) AL-SUS/CS-120-132-IV de 20,46 m de altura, polo novo apoio metálico de celosía AL-AMAGRI-6000-CAPA-21/CS-120-132-IV de 24,70 m de altura, que pasará a ser identificado como apoio nº 30N e que se desprazará 5 m cara ao apoio nº 29 (matrícula: 92018747) existente respecto do emprazamento actual do apoio nº 30. Neste apoio nº 29 metálico de celosía (tipo A) AL-SUS/CS-120-132-IV de 16,23 m de altura proxéctase a instalación de contrapesos (120dAN).

• Esta operación implicará a demolición da cimentación existente do actual apoio nº 30, o recheo da cepa que se retira e a construción dunha nova cimentación para o apoio nº 30N proxectado, a retirada provisional do condutor tipo AL-AC-15.82-dúplex no tramo da liña comprendido entre os apoios nº 29 e nº 31 e da fibra óptica tipo AUT-24, da fibra óptica tipo OPGW e do cable de terra tipo AC-50 no tramo comprendido entre os apoios nº 28 e nº 32 para proceder á súa posterior reinstalación e regulado nos tramos indicados unha vez instalado o apoio proxectado.

• Instalación de posta a terra dobre con picas no novo apoio nº 30N proxectado.

2. O 16.3.2023, a xefatura territorial adoptou o acordo polo que se someteron a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura eléctrica.

Este acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 10.4.2023, no Boletín Oficial da provincia do 22.3.2023 e no xornal La Voz de Galicia do 7.4.2023. Así mesmo, estivo exposto nos taboleiros de anuncios do Concello de Bergondo e nas dependencias da xefatura territorial, así como no Portal de transparencia desta consellería.

Durante o período de información pública non se presentaron escritos de alegacións.

3. O 20.3.2023, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución da referida infraestrutura eléctrica ás seguintes entidades: Concello de Bergondo, Deputación Provincial da Coruña, Augas de Galicia e Telefónica de España, S.A.U.

A seguir relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, os correspondentes condicionados técnicos: Concello de Bergondo o 21.3.2023 e Telefónica de España, S.A.U. o 21.3.2023. O promotor prestou a súa conformidade cos condicionados emitidos.

Para o resto das entidades que non contestaron, e sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, enténdese a súa conformidade co proxecto, de conformidade co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

4. O 12.7.2023, a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente, deu traslado del á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, DXPERN) para os efectos de ditar a oportuna resolución. A xefatura territorial incorporou ao expediente o informe emitido o 12.7.2023 polos seus servizos técnicos, en que se informa que desde un punto de vista técnico non se atopa ningún impedimento para emitir a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura eléctrica.

Consideracións legais e técnicas:

1. A DXPERN é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 15.6.2023), no artigo 28 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4.7.2022), e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1.2.2017).

2. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV CTO1 Pedrido-Sada distancias antirregulamentarias entre Ap.28 e Ap.32, no termo municipal de Bergondo (A Coruña), e que promove UFD Distribución Electricidad, S.A.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da citada infraestrutura eléctrica.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada infraestrutura eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado LAT 132 kV CTO1 Pedrido-Sada distancias antirregulamentarias entre Ap.28 e Ap.32, asinado o 7.7.2022 polo enxeñeiro Industrial Ricardo Lago Alonso (colexiado nº 2.221 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia) e visado por este colexio, con nº 20222013 e data 6.7.2022; e en que figura un orzamento total de 38.574,04 euros.

2. A empresa promotora (UFD) asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manteñan as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobado polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobado polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

3. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a xefatura territorial, quen deberá estendela tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

5. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes, para os que mostrou a súa conformidade.

6. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao promotor, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

7. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura eléctrica, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

8. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

9. Como anexo a esta resolución recóllese a RBDA definitiva que se empregará no procedemento expropiatorio e que coincide coa sometida a información pública.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) pola infraestrutura eléctrica denominada LAT 132 kV CTO1 Pedrido-Sada distancias antirregulamentarias entre Ap.28 e Ap.32

Nº predio

Concello

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Nº apoio

m2

1

Bergondo

60

165

Moa de Arriba

Labor ou labradío secaño

Juan Manuel Fernández Martínez

30N

27