DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 14 de agosto de 2023 Páx. 48516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2022/400-1).

Expediente: IN407A 2022/400-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LMTS, CTC e RBTS. Lugar Porto de San Pedro, número 3.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O 23 de novembro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A., empresa promotora das instalacións do proxecto de execución, solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dar resposta a unha solicitude de subministración eléctrica a unha parcela.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 achegan o proxecto denominado LMTS, CTC e RBTS. Lugar Porto de San Pedro, nº 3, asinado o 9 de agosto de 2022 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial coa especialidade en Electricidade, número colexial 1.905 da Coruña e con declaración responsable do 9 de agosto de 2022, que inclúe memoria, planos e orzamento.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante o Acordo de información pública do 16 de marzo de 2023, publicado nos seguintes medios:

– DOG do 10 de abril de 2023.

– BOP do 22 de marzo de 2023 e cunha corrección de erros do 27 de marzo de 2023.

– Xornal La Voz de Galicia do 14 de abril de 2023.

– Taboleiro de anuncios do concello segundo certificado municipal do secretario xeral do Pleno do Concello da Coruña do 2 de xuño de 2023.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, ao Concello da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado.

5. O 12 de xullo de 2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro); o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 113, do 15 de xuño); o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño), e ao abeiro do artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– Desconexión e desmonte (peche e desmantelamento) do CT tipo intemperie O Portiño (expediente: 29.555/matrícula: 15ABA0) de 160 kVA de potencia e relación de transformación de 15/0,4-0,23 kV, instalado no apoio número 4-CT (matrícula: ACYS5115) de formigón tipo FL-HP-CR1-CAIII pertencente á arquitectura da liña SPV-712, localizado no lugar do Portiño (concello da Coruña).

– En substitución do CT Portiño que se desmantela, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, dotado de equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, para instalar na parcela con referencia catastral 5224411NJ4052S0001ZJ sita no lugar do Portiño (concello da Coruña), próxima á que se atopa o actual CT.

– Modificación proxectada no apoio número 4-CT da liña SPV-712 (matrícula: ACYS5115), consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 32 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume sinaladas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 21 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña