DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48710

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de xullo de 2023, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 20 de abril de 2023 (DOG núm. 82, do 28 de abril), modificada pola Resolución do 8 de maio de 2023 (DOG núm. 93, do 16 de maio), para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, anular as preguntas número 88, 94, 99, 101 e 119. O seu lugar pasa a ser ocupado polas preguntas 183, 184, 185, 186 e 187. Modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 98, en que é correcta a alternativa c), e na pregunta 183, en que é correcta a alternativa a). Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, e de acordo cos criterios de corrección publicados, superan o exercicio doce (12) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 20 puntos e fixase en 82,50 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1. da convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os/as aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Natalia Crespo González
Presidenta do tribunal