DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48712

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 21 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

acordou:

Primeiro. Á vista das reclamacións presentadas, anúlanse as preguntas número 19 e número 25 e substitúense polas preguntas de reserva número 101 e número 102, respectivamente.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, e cos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio do proceso selectivo aprobados o 15 de xuño do 2023 polo tribunal, superan o primeiro exercicio vinte e cinco (25) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 10 puntos, fixándose en cincuenta (50) o número de respostas correctas necesarias para acceder á dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1. da convocatoria. Considéranse aprobadas 25 persoas ao acadar dúas aspirantes a puntuación correspondente á nota de corte.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.3.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo se dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2023

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal