DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48555

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 8 de agosto de 2023 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimentos establecido na base 25ª do anexo I da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/23 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

Mediante a Orde do 13 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 26 de abril) a antiga Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/23 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procedeu á súa convocatoria para o ano 2023.

Segundo a base 25ª do anexo I de dita orde, a data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 1 de setembro de 2023. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito a cobrar a subvención, a exixencia de reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes finalizou o 26 de maio de 2023, polo que a resolución de concesión das axudas se atrasará ata o comezo de agosto, motivo polo que o prazo de execución e xustificación se verá reducido a menos dun mes.

Deste modo, resulta necesario ampliar o prazo de execución e xustificación das subvencións para que se facilite a todas as entidades beneficiarias a adecuada realización das actuacións subvencionadas e a súa xustificación.

O artigo 45.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, agás precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que non se prexudiquen dereitos de terceiros. Por outra parte, remítese ao disposto con carácter xeral no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en que se indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellan. En todo caso, o prazo de xustificación, incluída a ampliación, deberá permitir ao órgano concedente a verificación do cumprimento dos requisitos fixados nas bases reguladoras dentro do exercicio orzamentario correspondente.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1. Ampliación do prazo para a execución e presentación da documentación xustificativa

Amplíase o prazo establecido na base 25ª do anexo I da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/23 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B), e establécese como data límite para a execución do proxecto e presentación da documentación xustificativa o 15 de outubro de 2023.

De acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra o presente acordo de ampliación non cabe recurso de ningún tipo.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes