DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49054

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de xullo de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 17 de xuño), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar os días 13 e 20 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) para cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado mediante a Resolución do 9 de xuño de 2022 (DOG núm. 166, do 17 de xuño),

acordou:

Primeiro. Anular, unha vez revisadas as reclamacións presentadas, as preguntas 43, 67, 103, 104 e 128 do primeiro exercicio do proceso selectivo. O seu lugar, de conformidade coas bases da convocatoria, pasa a ser ocupado polas preguntas de reserva 154, 155, 156 e 157. Así mesmo, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta núm. 131, sendo correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións. O exame valorarase sobre un total de 149 preguntas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de vinte e cinco (25) puntos. Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal do 7 de xuño de 2023, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación deste primeiro exercicio:

– Superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de trescentas sesenta (360) persoas aspirantes, sempre que acaden, en cada unha das partes, o mínimo do 50% das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

– Unicamente de darse o caso de non se completar o número de trescentas sesenta (360) persoas aprobadas, rebaixarse ao mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de trescentas sesenta (360) persoas aspirantes.

– O criterio expresado de obtención neste primeiro exercicio dunha porcentaxe mínima de acertos en cada unha das partes refírese respectivamente á primeira parte do contido teórico (30 preguntas) e á segunda parte de contido teórico e práctico (120 preguntas) sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra.

– Toda as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores se considerarán igualmente aprobadas.

– O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 25 puntos. Asignarase a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Realizada a corrección na sesión do 13 de xullo de 2023, acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 360 persoas aspirantes; fixouse en 91,50 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 de la convocatoria.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da resolución da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Paula Oliete Trillo
Presidenta do tribunal