DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49067

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Nas sesións do tribunal que tiveron lugar os días 3 e 14 de xullo e 1 de agosto de 2023, o tribunal que cualifica o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Anular as preguntas núm. 62, 91, 98, 100 e 101. Estas preguntas son substituídas polas preguntas de reserva núm. 121, 127, 128, 129 e 130, respectivamente.

Segundo. Tendo en conta que, ao mesmo tempo, este tribunal esta nomeado para cualificar o proceso selectivo libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, nomeado pola Orde do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril), ao se realizar o mesmo día e hora o primeiro exercicio e coincidir o texto na súa totalidade nos dous procesos de selección, acorda unificar os criterios de corrección para os dous procesos.

Polo tanto, acorda modificar o modelo de corrección de respostas do exercicio e cambiar a resposta considerada como correcta da pregunta 99, que pasa a ser a opción d) en lugar da opción c).

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e/ou alegacións presentadas ao dito exercicio.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1, o primeiro exercicio da fase de oposición cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de quince (15) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Tendo en conta o anterior e o Acordo deste tribunal, do 2 de xuño de 2023, polo que se deu publicidade aos criterios de corrección do primeiro exercicio, superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden o mínimo do 50 %, en cada unha das dúas partes, das respostas correctas, unha vez realizados os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de vinte e catro (24) persoas aspirantes.

No caso de que o número de aspirantes que supere este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo do 40 %, en cada unha das partes, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocado nesta quenda, que é de vinte e catro (24) persoas aspirantes.

Quinto. Realizada a corrección dos exames na sesión do día 14 de xullo de 2023 de acordo coas normas e criterios anteriores, acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de 11 aspirantes; fixouse en 48 o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base da convocatoria, e sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (36 respostas correctas) e segunda (12 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. As respostas incorrectas descontan un cuarto dunha pregunta correcta e as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. Para a obtención do dito número de persoas aptas foi preciso aplicar o criterio de porcentaxe mínima do 40 % de respostas correctas en cada unha das dúas partes.

Sexto. Publicar, no portal web corporativo da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal), as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, e son declaradas aptas.

Ao respecto das persoas que non acadaron algunha da porcentaxe mínima do 40 %, publícase na relación correspondente, decláranse non aptas e sinálanse para cada aspirante as partes *1, *2 e *3 (ambas as partes) en que non se cumpriu a condición da porcentaxe mínima do 40 %.

Sétimo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. De conformidade coa base III.13 da resolución de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2023

Roberto Álvarez Fraguas
Presidente do tribunal