DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49065

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se fan públicos acordos do tribunal.

En sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 27 de abril de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de minas, convocado pola Resolución do 30.3.2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

acordou:

Primeiro. Revisadas as alegacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, establece que se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes ao da realización do exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección de respostas, publicarao no Diario Oficial de Galicia (DOG).

De acordo co disposto na base II.1.1 da convocatoria, logo de revisadas ás alegacións, acórdase que cando se anulen preguntas da segunda parte do exercicio correspondentes ao suposto práctico, o seu lugar pasará a ser ocupado polas preguntas de reserva correspondentes ao suposto práctico.

De conformidade co anterior, acórdase, ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, modificar o cadro de corrección de respostas nas preguntas: 3 e 5, sendo correcta en ambas a alternativa b), e a pregunta 78, en que é correcta a alternativa c). Desestímanse na súa totalidade as restantes alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1, o exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 25 puntos. Para estes efectos, tivéronse en conta os criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio aprobados polo tribunal o 30.5.2023 e publicados na páxina web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Superaron o primeiro exercicio dúas (2) persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 25 puntos; fixouse en 48 o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria. As persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade enxeñaría técnica de minas, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

De conformidade coa dita base II.1.2.7, publicarase o acordo no DOG xunto coas notas do primeiro exercicio.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución do DOG.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023

Javier Domínguez González
Presidente do tribunal