DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 18 de agosto de 2023 Páx. 49062

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2023, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 30 de marzo de 2022, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 27 de xullo de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos (DOG núm. 78, do 24 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, acórdase modificar o modelo de corrección de respostas da quenda de acceso libre na pregunta 69 e na quenda de promoción interna na pregunta 29, sendo correcta, en ambos os casos, a alternativa d). Desestímanse na súa totalidade as restantes reclamacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, superarán o primeiro exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de vinte e cinco puntos (25 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, pola Resolución deste tribunal, do 5 de xuño de 2023, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do primeiro exercicio, estableceuse que no acceso libre superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de oito (8) persoas, sempre e cando acaden en cada un dos bloques o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Unicamente de darse o caso de non completar o número de oito (8) persoas aprobadas, rebaixarase ao mínimo do 40 % das respostas correctas en cada unha das partes, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de oito (8) persoas.

No acceso pola quenda de promoción interna superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo en cada un dos bloques do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, rebaixarase ao mínimo en cada un dos bloques do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

O criterio expresado de obtención neste primeiro exercicio dunha porcentaxe mínima de acertos en cada unha das dúas partes refírese respectivamente á primeira parte teórica e á segunda parte práctica.

Cada resposta correcta equivale a unha unidade de puntuación, cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta e as preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Todas as persoas aspirantes con idéntica puntuación a aquela que marque a nota de corte establecida de acordo cos criterios anteriores se consideran igualmente aprobadas

Feita a corrección, na sesión do 11 de xullo de 2023, na quenda de acceso libre asígnase a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 77,25 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, e sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (56 respostas correctas) e segunda (16 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Na quenda de acceso libre acadaron a puntuación mínima de 25 puntos un total de 7 aspirantes.

Na quenda de promoción interna asígnase a valoración de 25 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada en 70 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, e sempre que se acaden os mínimos fixados para as partes primeira (50 respostas correctas) e segunda (20 respostas correctas) do exercicio, sen que sexa posible compensar os acertos que excedan nunha parte cos que falten na outra. O resto das persoas declaradas aptas terá unha cualificación distribuída entre os 25 e os 50 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.

Na quenda de promoción interna acadou a puntuación mínima de 25 puntos un total de 1 aspirante.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, e as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas que superaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1. da convocatoria pero non superaron o exercicio e ás cales se lles asignou unha puntuación de 0 a 25 puntos. Así mesmo, publicar a relación das persoas aspirantes presentadas que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.1 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2023

Xulio Rodríguez González
Presidente do tribunal