DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49182

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 11 de agosto de 2023 pola que se modifica a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E).

Mediante a Orde do 24 de maio de 2023 establéceronse as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarían na súa xestión, e convocáronse para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E) (Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio de 2023).

Tal e como se indica na parte expositiva desa orde, por primeira vez a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal integra na xestión da orde de axudas as entidades colaboradoras, que son aquelas que, actuando en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaboran na execución e xestión da subvención sen que se produza a entrega previa e distribución de fondos recibidos, de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Con esta medida pretendeuse reducir e facilitar a carga administrativa das persoas titulares dos soutos danados polos incendios de 2022.

Tendo en consideración esta primeira experiencia na xestión, e co obxecto de facilitar a tramitación dentro do prazo de presentación de solicitudes e que a dita tramitación destas por parte de entidades colaboradoras sexa o máis ampla e eficaz posible, debe modificarse a Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros.

Consecuentemente con todo o anterior, esta consellería, no exercicio das facultades conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E).

A Orde do 24 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas por danos para a recuperación de soutos de castiñeiros, previstas polo Decreto 130/2022, do 21 de xullo, de medidas urxentes de axuda para a reparación de danos causados polos incendios que se produciron en Galicia durante o mes de xullo de 2022, así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR616D e MR616E), publicada no Diario Oficial de Galicia número 99, do 26 de maio de 2023, modifícase nos seguintes termos:

O número 1 do artigo 21, relativo ao prazo de presentación de solicitudes e emenda da solicitude, queda redactado como segue:

«1. O prazo para a presentación das solicitudes remata o día 15 de setembro de 2023».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural