De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23 das bases reguladoras da orde, publícanse as subvencións concedidas por resolución do director xeral de Comercio e Consumo, por delegación da Conselleira de Economía, Industria e Innovación (Orde do 9 de febreiro de 2023; DOG núm. 34, do 17 de febreiro), relacionadas no anexo.
Norma reguladora: Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300B).
Crédito orzamentario: 500.000,00 €.
| Aplicación orzamentaria | Importe | Beneficiarias | 
| 05.04.751A.781.1 | 500.000,00 € | Asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal e federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia | 
Finalidade: concesión de subvencións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023
Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo
ANEXO
Beneficiarios da subvención para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial
| Expediente | Entidade beneficiaria | Importe subvención | 
| CO300B-2023-03 | Consorcio do Comercio do Salnés | 20.202,76 € | 
| CO300B-2023-04 | Federación Unión de Comercios Coruñesa | 35.993,33 € | 
| CO300B-2023-05 | Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor (Ovalmi) | 9.697,94 € | 
| CO300B-2023-06 | Federación Galega de Asociacións e Gremios de Xoiaría, Prataría e Reloxaría | 36.000,00 € | 
| CO300B-2023-07 | Asociación de Minoristas del Puerto de A Coruña | 7.986,00 € | 
| CO300B-2023-08 | Federación de Asociacións de Comerciantes, Empresarios, Industriais e Artesáns do Sur de Galicia-Fesurga | 25.308,62 € | 
| CO300B-2023-09 | A Mariña Federación | 36.000,00 € | 
| CO300B-2023-10 | Federación de Libreros de Galicia | 30.621,20 € | 

