DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49294

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral.

Advertidos erros na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 129, do 7 de xullo de 2023, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 42297, respecto da base I.2.2.3. Titulación, onde di: «Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de diplomada/o ou graduada/o nunha titulación de calquera rama», debe dicir: «Titulación: estar en posesión ou en condición de obter, o día de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o título de licenciada/o ou graduada/o nunha titulación de calquera rama».