DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49295

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso de acceso por oposición libre (código de procedemento PR461B).

Con data do 5 de maio de 2023, o DOG fixo pública a Orde do 19 de abril de 2023 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por oposición libre nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

O 23 de maio de 2023, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Con data do 17 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 7 de xullo pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre. Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou de non exención da proba de lingua galega. Unha vez rematado este prazo, e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 19 de abril, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por oposición libre convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (DOG núm. 86, do 5 de maio), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas ou non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de acceso por oposición libre, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo I a esta resolución.

Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso por oposición libre, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 23 de setembro de 2023, no Recinto Feiral de Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra) en chamamento único que se realizará ás 10.00 horas.

As persoas convocadas deberán presentarse na porta asignada, que será publicada con anterioridade á proba na páxina web da Agasp, coa seguinte documentación:

1. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

2. Lapis número 2, goma de borrar e, no caso de realizar a proba de coñecementos da lingua galega, bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Terceiro. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase inmediatamente a continuación da primeira proba, unha vez finalizada esta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 8 de agosto de 2023

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de acceso por oposición libre
nos corpos de policía local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 19 de abril de 2023 (PR461B)

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***1998**

Abella

García

Jacobo

2

***3250**

Álvarez

Pérez

Marcos

4

***8918**

Ares

Villamor

Lucía

4

***4892**

Barreiro

Turnes

Anxo

4

***0341**

Berbés

Amoedo

Rocío

4

***7906**

Blanco

Villar

Antonio

4

***6793**

Cajide

López

Emma

4

***9029**

Cao

Diéguez

Juan

4

***3320**

Castro

Lage

Sara

4

***1228**

Docampo

Cortegoso

María Demelza

4

***5747**

Fernández

Teixeira

Jaime

2

***1130**

Ferreiro

Pumariño

Carlos

4

***5963**

García

Suárez

Adrián

1

***2414**

González

García

Antonio

1, 2

***6121**

González

Huerta

Adrián

4

***0340**

González

Lorenzo

Mario

1

***8120**

González

Torres

Rubén

3

***8102**

González

Huerta

Hugo

6

***6443**

Iglesias

García

Sergio

3

***0946**

Iglesias

Torres

Alberto

6

***5263**

Leiros

Losada

Elder

6

***9944**

López

López

Alejandro

4

***1324**

Losada

Figueira

Marta

4

***3863**

Loureiro

Mañana

Fernando

4

***8448**

Martínez

Martínez

Diego

4

***3675**

Martínez

Trillo

Eduardo

4

***2631**

Ogando

Villanueva

David

4

***4775**

Pampín

Villar

Alejandro

4

***5016**

Pena

Hermida

Pablo

4

***1507**

Piñón

Rey

Sergio

1, 2

***0154**

Quintas

Díaz

Rubén

4

***2110**

Ramos

Rueda

José Luis

4, 5

***6225**

Rial

González

Ángel

6

***2419**

Rivera

Rey

Lidia

4

***6771**

Santos

Fernández

Borja

1

***2955**

Tellado

Santaeufemia

Marta

4

***8784**

Vázquez

Vázquez

Paula

4

***8200**

Vicente

García

Diego

4

***1238**

Vilaro

Rodríguez

Miguel

4

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto.

2

Non foi posible consultar os antecedentes penais.

3

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida.

4

Non ten ou non foi posible consultar os datos do carné de conducir.

5

Falta xustificación do pagamento da taxa ou é incorrecto.

6

Solicitude presentada fóra de prazo.