DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 49877

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 2023 pola que se publica a relación definitiva das solicitudes beneficiarias, as desestimadas e as inadmitidas, ao abeiro da Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

Antecedentes:

No Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril de 2023, publicouse a Orde do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B) (corrección de erros no DOG núm. 84, do 3 de maio de 2023).

Unha vez pechado o prazo de presentación de solicitudes, o 19 de xuño de 2023 publicouse no DOG a Resolución do 8 de xuño de 2023, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes de solicitudes suxeitas a emenda, de solicitudes provisionalmente inadmitidas e admitidas, que establecía un prazo de dez (10) días hábiles para formular reclamacións, emendar erros e a falta de documentación.

Con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes (26 de maio) catro entidades presentaron a desistencia da súa solicitude por renuncia.

Unha vez pechado o prazo de reclamacións, emenda de erros e falta de documentación, o órgano instrutor remite aqueles expedientes administrativos que cumpren todos os requisitos e reúnen toda a documentación necesaria á comisión encargada da súa valoración.

O 12 de xullo de 2023 tivo lugar a Comisión de Valoración, que emite o seu informe cunha relación das solicitudes presentadas ordenadas por orde de prelación de maior a menor puntuación en aplicación dos criterios de baremación establecidos na base 16ª das bases reguladoras da Orde do 13 de abril de 2023, e a proposta de concesión de conformidade co crédito asignado á convocatoria.

O 19 de xullo de 2023, non figurando no procedemento outros feitos nin outras alegacións ou probas que as achegadas polos interesados, o órgano instrutor formulou proposta de resolución definitiva.

A concesión destas subvencións será atendida con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.441A.781.0, convocatoria para equipamento deportivo ás entidades deportivas, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, ata un importe máximo de 226.754 € (douscentos vinte e seis mil setecentos cincuenta e catro euros).

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes é o órgano competente para ditar as resolucións de subvencións de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A Subdirección Xeral de Plans e Programas é o órgano competente para a instrución do procedemento e elevará proposta de resolución, conforme todo o actuado, á persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte.

Segunda. As solicitudes, os equipamentos solicitados, as contías e os trámites dos expedientes axústanse ao establecido na devandita convocatoria e bases reguladoras. As solicitudes aceptadas foron presentadas dentro do prazo establecido na orde de convocatoria. Examinados os expedientes, e logo do estudo das emendas presentadas, comprobouse que as solicitudes para as que se propón subvención compren todos os requisitos establecidos na convocatoria e nas bases reguladoras das citadas subvencións.

Terceira. De acordo co disposto na base 17ª.4 poderase prescindir do trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados. Neste caso, a proposta de resolución formulada terá o carácter de definitiva.

Cuarta. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co establecido no artigo 45.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación no DOG producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte https://deporte.xunta.gal

Quinta. Unha vez acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Valoración a que se refiren os artigos 15 e 16 da Orde do 13 de abril de 2023, e con base na proposta formulada pola Secretaría Xeral para o Deporte, do 21 de xullo de 2023, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, e en virtude das atribucións que me foron conferidas,

Resolvo:

Primeiro. Outorgar as subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos adaptados que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas por orde decrecente dos puntos acadados. No anexo determínase o investimento subvencionable e a axuda concedida.

De conformidade coa base 5ª das bases reguladoras da convocatoria, a intensidade da axuda será do 80 % do investimento subvencionable; ata o límite de 5.000 € previsto na citada base. Non obstante, dado que non se esgotou o crédito da convocatoria, o crédito excedente que ascendeu a 42.313,64 € incrementou a contía máxima por entidade beneficiaria de forma proporcional en función do equipamento solicitado. A porcentaxe restante ata o importe do orzamento subvencionable será por conta da entidade beneficiaria.

Segundo. Desestimar o outorgamento das solicitudes de subvención e declarar inadmitidas as entidades que se recollen no anexo II desta resolución, ordenadas polo número de expediente.

Terceiro. Poderase realizar o pagamento do 100 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo, por solicitude da entidade beneficiaria, segundo o anexo V da orde de convocatoria, unha vez realizada a notificación da subvención e logo da aceptación expresa desta. A solicitude de pagamento anticipado poderase remitir ata o prazo dos dez (10) días seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución de concesión das subvencións.

Cuarto. As entidades beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade previstas na base 23ª das bases reguladoras que figuran no anexo I da Orde 13 de abril de 2023.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2023

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes

Anexo I

Subvencións concedidas

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Equipamento solicitado

Orzamento subvencionable

Puntuación

Subvención proposta

DE401B-2023-00000035-00

Club Deportivo Minauta

G36834240

Embarcación e remolque

22.155,10

77,5

14.928,24

DE401B-2023-00000015-00

Club de Esgrima de Vigo El Olivo

G36869873

Luces de reacción e sinalizador

2.340,21

76

1.872,17

DE401B-2023-00000024-00

Quenlla Surf Clube

G27864032

Táboas surf adaptadas e neoprenos adaptados

6.240,99

74

4.992,79

DE401B-2023-00000029-00

Club Náutico Folixa

G15440969

Embarcación adaptada

9.000,00

73,5

6.716,60

DE401B-2023-00000051-00

Club Deportivo Akai Ryu

G70294863

Diverso equipamento de adestramento adaptado á discapacidade sensorial

2.627,25

73,3

2.101,80

DE401B-2023-00000005-00

Club de Mar Ría del Aldan

G36043149

Embarcacións adaptadas

7.342,00

70,7

5.681,65

DE401B-2023-00000046-00

Club Piragüismo Ciudad de Lugo

G27107176

Embarcacións adaptadas

6.074,20

69,5

4.859,36

DE401B-2023-00000034-00

Adeco-Dea

G15257645

Diverso equipamento náutico adaptado a persoas con discapacidade

6.340,40

67,5

5.056,43

DE401B-2023-00000009-00

C. Kayak Tudense

G36029908

Embarcación adaptada, pas e ergómetro

6.250,00

66

5.000,00

DE401B-2023-00000050-00

Club Náutico Inclusivo Baixo Miño

G72660277

Material náutico adaptado

4.980,00

65,5

3.984,00

DE401B-2023-00000002-00

Club Fluvial Avión

G32385304

Embarcación adaptada, pas e chalecos

6.217,00

65,2

4.973,60

DE401B2023- 00000017-00

Club Deportivo Delikia

G67788828

Runbike

2.232,45

65

1.785,96

DE401B-2023-00000044-00

Agrupación Deportiva Minusválidos Ferrol

G15124449

Cadeiras de rodas multideporte

6.700,00

63,5

5.280,90

DE401B-2023-00000040-00

Club Fluvial de Lugo

G27008549

Embarcacións adaptadas

6.328,30

63

5.048,88

DE401B2023- 00000019-00

Club Ría de Betanzos

G15128853

Embarcacións adaptadas

4.500,00

61,5

3.600,00

DE401B-2023-00000027-00

Club Deportivo Inclusivo Enki

G70505276

Diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade

6.250,00

61

5.000,00

DE401B-2023-00000031-00

Grupo de Montaña Alud

G36897437

Diverso equipamento de escalada adaptado a persoas con discapacidade

5.000,00

61

4.000,00

DE401B-2023-00000042-00

Asociación Ámbar

G15052434

Diverso equipamento de adestramento adaptado á persoas con discapacidade

2.919,21

60,5

2.335,37

DE401B-2023-00000053-00

Agrupación Deportiva Sodim

G27727965

Material náutico adaptado

9.500,00

60,5

7.028,71

DE401B-2023-00000055-00

Spsco Watersports

G72747983

Cadeira de rodas hippocampe e accesorios

5.607,02

60,5

4.485,62

DE401B-2023-00000036-00

Club Tenis de Mesa Mos

G27873686

Cadeira e protectores

5.860,12

60

4.688,10

DE401B-2023-00000041-00

Club Piragüismo Vilaboa

G36163681

Embarcacións adaptadas

4.598,00

59

3.678,40

DE401B-2023-00000028-00

Asoc. Doma Adaptada Galicia

G67700237

Diverso equipamento adaptado a persoas con discapacidade

1.499,99

58,5

1.199,99

DE401B-2023-00000004-00

Wind Club Aguete

G72779796

Base de guindastre, guía e braga de transferencia

3.968,80

58

3.175,04

DE401B-2023-00000010-00

Club Piragüismo Illa de Arousa

G36042067

Embarcacións adaptadas

4.598,00

57,2

3.678,40

DE401B-2023-00000006-00

Asociación Deportiva e Cultural Bolboretas. A Coruña Dragon Boat Bcs

G67861476

Embarcación adaptada e pas

15.187,46

55,5

10.578,92

DE401B-2023-00000025-00

Club de Remo de Ares

G15102254

Embarcación adaptada

8.175,00

55,5

6.201,62

DE401B-2023-00000037-00

Club Marítimo Deportivo e Cultural Breogán do Grove

G36015634

Embarcación adaptada e pas

7.785,00

54,5

5.958,17

DE401B-2023-00000008-00

Club Piragüismo Rías Baixas

G70196126

Embarcación adaptada e pas

6.080,40

53,5

4.864,32

DE401B-2023-00000049-00

Club Cabanas Kdm

G70345970

Embarcacións adaptadas

5.400,00

53

4.320,00

DE401B2023- 00000016-00

Monte Real Club de Iates de Baiona

G36623346

Material náutico adaptado

22.926,00

52,5

15.409,45

DE401B-2023-00000021-00

Escola Xadrez de Pontevedra

G94022498

Xogos xadrez adaptados e outro equipamento adaptado

2.278,94

52

1.823,15

DE401B2023- 00000018-00

Club do Mar de Noia

G15120744

Embarcacións adaptadas

19.065,00

51,5

12.999,35

DE401B-2023-00000020-00

Asociación de Boxeo de Pontevedra

G36459741

Diverso equipamento de boxeo adaptado á discapacidade sensorial

7.850,00

50,7

5.998,75

DE401B-2023-00000007-00

Club Galicia Waterman

G70356191

Equipamento paddlesurf híbrido adaptado

3.999,99

50,5

3.199,99

DE401B-2023-00000056-00

Club Natación Galaico

G36217461

Cadeira anfibia mariña

2.495,00

49,5

1.996,00

DE401B-2023-00000059-00

Club Hípico Equo Alalma

G01731843

Chalecos airbag

2.120,02

48,5

1.696,00

DE401B-2023-00000023-00

Asociación de Escaladores Ourensáns

G32341943

Equipamento escalada adaptado

5.203,00

48

4.162,40

DE401B-2023-00000039-00

Societario De Cazadores Terra Chá

G27304542

Diverso equipamento de tiro adaptado a persoas con discapacidade

4.440,00

47

3.552,00

DE401B-2023-00000047-00

Club Pulpeiros Mugardos

G70532692

Bicicleta adaptada

6.769,40

46

5.324,22

DE401B-2023-00000003-00

Imua Paddle Surf Club Aguete

G09723636

Cadeira anfibia, arnés e freos hippocampe

5.163,00

43,5

4.130,40

DE401B-2023-00000026-00

Club Tenis de Mesa Cidade de Narón

G15892946

Mesas e robot para adestramento autónomo de tenis de mesa

5.180,00

43,2

4.144,00

DE401B-2023-00000033-00

Club de Tenis As Termas

G27419423

Cadeiras de rodas adaptadas

6.250,00

39

5.000,00

DE401B-2023-00000022-00

Clube de Piragüismo Altruán de Ribadeo

G27282946

Embarcación adaptada

2.785,00

34

2.228,00

DE401B-2023-00000062-00

Club Kenpo Vilagarcía

G36576353

Diverso equipamento de adestramento adaptado a persoas con discapacidade

3.641,88

22,5

2.913,50

DE401B-2023-00000048-00

Club Hípico La Cruz

G27453042

Diverso equipamento hípico adaptado a persoas con discapacidade

6.413,00

13,5

5.101,75

 

226.754,00

Anexo II

Solicitudes desestimadas, por renuncia e por inadmisión

Número de expediente

Entidade solicitante

NIF

Provincia

Motivo inadmisión/desestimento

DE401B-2023-00000001-00

Club Patins Lóstregos Lucus

G27267483

Lugo

Renuncia

DE401B-2023-00000011-00

Club de Patinaxe Artistico Ribex

G27718113

Pontevedra

Renuncia

DE401B-2023-00000012-00

Club Patinaxe Artístico Luar

G36202513

Pontevedra

Renuncia

DE401B-2023-00000013-00

Centro Ecuestre Rías Baixas

G67735977

Pontevedra

Renuncia

DE401B-2023-00000014-00

Club Basketmi-Ferrol

G15282221

A Coruña

Non acredita estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT

DE401B-2023-00000030-00

Club Patinaxe Artístico Coruxo

G27865831

Pontevedra

Non acreditan que conten con licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade (base 3ª.1). O equipamento non está destinado para a práctica de deporte adaptado (base 4ª). A data do acordo do órgano competente da entidade solicitante, polo cal se solicita a subvención, non foi adoptado no prazo establecido na base 9ª.1.a)

DE401B-2023-00000032-00

Club Ciclista Ribeira Sacra

G10957454

Lugo

Non se adecúa ao equipamento deportivo subvencionable (base 4ª): non é inventariable e non está destinado para a práctica de deporte adaptado.
Non achega certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Atriga, certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social

DE401B-2023-00000038-00

Patos Surf Club

G36796209

Pontevedra

A solicitude non cumpre os requisitos mínimos para ser admitida, xa que non especifica o equipamento solicitado, e non acredita que estea destinado para a práctica de deporte adaptado (base 4ª)
Non achega: anexo II (incompleto), anexo III, anexo IV (non se xustifica que o equipamento solicitado sexa para a práctica de deporte adaptado), anexo IX, anexo X, anexo XI, certificado do número de licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade con que contan na entidade

DE401B-2023-00000043-00

Club Deportivo Calasancio

G27104736

Lugo

Non se adecúa ao equipamento deportivo subvencionable (base 4ª): non está destinado para a práctica de deporte adaptado

DE401B-2023-00000045-00

Asoc. Club De Bolos Belesar Urgal

G36742914

Pontevedra

Non acreditan que conten con licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade (base 3ª.1). O equipamento solicitado non está destinado para a práctica de deporte adaptado (base 4ª)

DE401B-2023-00000052-00

Itf Coirós

G70594684

A Coruña

Non acreditan que conten con licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade (base 3ª.1)

DE401B-2023-00000054-00

Xuncas Diversia

G42910364

Lugo

Non acreditan que conten con licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade (base 3ª.1), ata a data de publicación da convocatoria

DE401B-2023-00000057-00

Club Deportivo Escuela Ayude

G70159959

A Coruña

Non acreditan que conten con licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade (base 3ª.1)

DE401B-2023-00000058-00

Fundación Celta de Vigo

G36810042

Pontevedra

Non achega certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Atriga

DE401B-2023-00000060-00

Club Ximnasia Rítmica María Barbeito

G15803786

A Coruña

O equipamento inventariable subvencionable, unha vez excluído o equipamento non inventariable (maillots), non acada a contía establecida como gasto mínimo subvencionable (base 5ª)

DE401B-2023-00000061-00

Fundación Real Club Deportivo, S.A.D.

G70519400

A Coruña

O equipamento inventariable subvencionable, unha vez excluído o equipamento non inventariable, non acada a contía establecida como gasto mínimo subvencionable (base 5ª). Non inscrito no Rexistro de Entidades Deportivas da Xunta de Galicia (base 3ª.2).

DE401B-2023-00000063-00

Club Náutico de Cangas

G36457877

Pontevedra

Non acreditan que conten con licenzas (específicas ou non) de deportistas con discapacidade (base 3ª.1), ata a data de publicación da convocatoria

DE401B-2023-00000064-00

Sociedad Deportiva Antas

G27124205

Lugo

Non se adecúa ao equipamento deportivo subvencionable (base 4ª): non é inventariable e non está destinado para a práctica de deporte adaptado

DE401B-2023-00000065-00

Club Deportivo CTM Vigo

G27779016

Pontevedra

Non achega certificado de titularidade da conta bancaria indicada no anexo II, anexo III, anexo IX, anexo X, anexo XI