DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 23 de agosto de 2023 Páx. 49885

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ORDE do 16 de agosto de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

A Orde do 15 de maio de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 101, do martes 30 de maio, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e realiza a segunda convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

No artigo 1.3 da convocatoria e no artigo 2 do anexo I establécese que para a concesión destas subvencións se destina un crédito total de 3.800.000,00 €, que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2023:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarias/os

05.04.751A.770.7

3.300.000,00 €

Artigo 3.1.1.1 do anexo I

05.04.751A.781.2 MRR

500.000,00 €

Artigo 3.1.1.2 do anexo I

Por outra banda, no artigo 1.4 da convocatoria sinálase que as anteditas cantidades se poderán incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que a orde de convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Co obxecto de poder amparar o maior número de solicitudes, e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, cómpre mediante esta orde incrementar a dotación orzamentaria consignada inicialmente dada a existencia de remanentes de créditos.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Industria e Innovación en materia de comercio interior, e en exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación da dotación orzamentaria

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300G).

2. O incremento da dotación será de 506.442,08 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.751A.770.7, Fondo Tecnolóxico MRR dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria da aplicación 05.04.751A.770.7 ascenderá a 3.806.442,08 € e o importe total da orde de axudas ascende a 4.306.442,08 €.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2023

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación