DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50474

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2023 pola que se publica a Resolución do 17 de agosto de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2023/24 (código de procedemento MR207A).

O día 17 de xullo de 2023 publicouse a Resolución do 4 de xullo de 2023, do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pola que se establecen as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas de residencia e comedor nos centros de formación e experimentación agraria e se convocan para o curso académico 2023/24 (código de procedemento MR207A).

De conformidade co artigo 13 da Resolución do 4 de xullo de 2023, correspóndelle á dirección da Agacal, unha vez comprobadas as reclamacións presentadas contra a relación provisional, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e excluídas en cada centro.

Así mesmo, o seu artigo 15 establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de adxudicación. Será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural, https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/formacion/centros-de-formacion, e no taboleiro de anuncios do centro correspondente.

Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Con base no Decreto 52/2018, do 5 de abril, polo que se crea a Axencia Galega da Calidade Alimentaria, e na Orde conxunta do 14 de abril de 2009, das consellerías do Medio Rural e de Sanidade, o órgano competente para ditar a resolución deste expediente é o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de agosto de 2023 pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas/excluídas no procedemento de adxudicación de prazas de residencia e/ou comedor nos centros de formación e experimentación agraria da Axencia para o curso académico 2023/24.

Segundo. Comunicar que a referida Resolución do 18 de agosto de 2023, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución, as persoas ás cales se adxudicou a praza dispoñerán dun prazo de oito días, computado a partir do día seguinte ao desta publicación, para a formalización da matrícula no centro onde obtiveron a dita praza.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
P.A. (Artigo 19 bis.5 do Decreto 52/2018)
Manuel Castro-Gil Amigo
Xerente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria