DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50454

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2023 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico e da Administración institucional.

Unha vez aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2023 polo Consello Reitor deste organismo, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, procede convocar as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración xeral autonómica de Galicia, da Administración institucional e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2023

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos dos/das participantes

1. Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal empregado público destinado na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nas entidades públicas instrumentais enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e na Administración institucional, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade; o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e bombeiros, e o persoal do Servizo Galego de Saúde. Non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas ao persoal empregado público pertencente a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza na epígrafe «persoal destinatario» da actividade formativa.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 3 de setembro de 2023.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

2. O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

3. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

4. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

5. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

6. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación e/ou telepresenza deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipamento informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web actualizado.

Para as actividades impartidas na modalidade de telepresenza contarán, ademais, cun manual de usuario na páxina web da EGAP no seguinte enlace <https://egap.xunta.gal/formulariosrecursos> onde se indica como acceder a esta plataforma de telepresenza e os compoñentes que o equipamento necesita para un funcionamento básico da plataforma.

8. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando a casa de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Os datos persoais proporcionados polas persoas interesadas para a xestión das solicitudes de participación na acción formativa convocada a través desta resolución, así como aqueloutros que se recollan ou elaboren con motivo do desenvolvemento desta, serán tratados pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na súa condición de responsable do tratamento, coa finalidade de levar a cabo a selección do alumnado, a impartición da formación e a xestión xeral desta.

A lexitimación para o tratamento dos datos é o cumprimento dunha misión realizada en interese público conforme o disposto no artigo 6.1.e) do Regulamento xeral de protección de datos (RXPD), con base no disposto na Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública e fundamentada nun interese público esencial (artigo 9.2.g) do RXPD). Os datos identificativos das persoas seleccionadas para participar nesta acción formativa serán publicados conforme o detallado na base sexta desta resolución. Así mesmo, os datos dos alumnos e alumnas relativos á súa participación nesta acción formativa poderán ser comunicados aos órganos da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia cando sexa estritamente necesario para o exercicio das súas competencias.

As sesións dos cursos impartidos na modalidade de telepresenza serán gravadas coa finalidade de ofrecer ao alumnado a posibilidade do seu visionado posterior como material de estudo, así como para a resolución de posibles reclamacións. En todo caso, o alumnado, se o estima oportuno, poderá desactivar a súa cámara e/ou micrófono e participar a través do chat de acordo coas indicacións da persoa docente. As devanditas gravacións conservaranse á disposición do alumnado e profesorado durante o tempo que dure a acción formativa ou, de ser o caso, ata que finalice a avaliación do alumnado. A retransmisión das sesións formativas e a gravación destas poderá ser accesible unicamente ao profesorado e alumnado a que van dirixidas e ao persoal da EGAP autorizado.

Prohíbese expresamente a descarga, a difusión, a distribución ou a divulgación das gravacións, e particularmente a súa compartición en redes sociais xa que estes usos poden conculcar o dereito á protección de datos, o dereito á propia imaxe e os dereitos de propiedade intelectual, e poderían xerar responsabilidade disciplinaria, administrativa ou civil. As gravacións non poderán ser usadas para outros fins fóra do ámbito docente.

As persoas interesadas poderán solicitar ante a persoa responsable do tratamento o acceso, rectificación, limitación e supresión dos seus datos, así como opoñerse ao seu tratamento por motivos relacionados coa súa situación particular, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común segundo se recolle en https://www.xunta.gal/exercicio-de-dereitos. Contacto delegado/a de protección de datos e información adicional en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

2. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes desta acción formativa necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na páxina web da EGAP e que poderán ser consultados no seguinte enlace https://egap.xunta.gal/ecloud/s/eBXtEfnF8MGqCJB, sen prexuízo dos criterios específicos establecidos na epígrafe «persoal destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2023 segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 23 de xaneiro (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), comezarase pola letra V.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas admitidas e excluídas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección. A renuncia. A asistencia e o seguimento das actividades formativas

1. En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia.

a) As persoas seleccionadas poderán renunciar á actividade formativa. A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

b) As persoas que incumpran o prazo previsto pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade, agás que a renuncia teña algunha das seguintes causas:

i. Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

ii. Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

iii. Por razóns de conciliación familiar.

iv. Por outras causas xustificadas documentalmente.

3. A asistencia e o seguimento das actividades formativas:

3.1. Seguimento das actividades presenciais e telepresenciais:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia:

i. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

ii. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais ou telepresenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3.2. Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

Para poder superar as actividades formativas, será necesario cumprir os seguintes requisitos:

a) Para as actividades presenciais e telepresenciais: cumprir coa porcentaxe de asistencia indicada no punto 3.1 letra c) e superar a proba de avaliación que se realizará ao final delas.

b) Para as actividades de teleformación:

– A adecuada realización de todas as actividades que o/a titor/a propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final.

– A superación dunha proba de avaliación final.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Nestas actividades as probas de avaliación finais serán en liña. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Persoal destinatario

Cualificación

Localidade/modalidade

Data de inicio

Data de fin

Data e hora do exame final

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC23227

Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Avanzado

30

12

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Telepresenza

8, 10, 15, 17, 22 e 24 de novembro, das 16.30 ás 18.30 h

24.11.2023 18.00 h

FC23228

Declaración do impostos de sucesións. Uso avanzado do programa de Axuda á Liquidación do Imposto de Sucesións (ALISe).

25

30

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación + Telepresenza

Teleformación: de 25 de outubro a 23 de novembro

Telepresenza: 25, 30 e 31 de outubro e 7 e 16 de novembro, das 16.30 ás 19.30 h

28.11.2023 18.00 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC23223

Técnicas de xestión executiva no sector público

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

22.11.2023

27.11.2023 17.00 h

FC23224

Habilidades sociais de especial interese no ámbito laboral

35

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Telepresenza

6, 8, 13, 15, 20 e 22 de novembro, das 16.30 ás 19.30 h
27 de novembro, das 16.30 ás 18.30 h

27.11.2023 18.00 h

FC23225

Comunicación en público. Manexo da linguaxe xestual e corporal

30

15

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

17, 19, 24, 26 e 31 de outubro, das 16.30 ás 19.30 h

31.10.2023 19.00 h

FC23226

Protocolo institucional na Administración pública

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

22.11.2023

27.11.2023 18.00 h

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades: Cultura

FC23194

A expurgación na colección das bibliotecas públicas

25

12

Persoal bibliotecario, técnico e auxiliar, da Rede de bibliotecas públicas de Galicia ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional e das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

2 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 20.00 h
3 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h

3.10.2023 13.30 h

FC23195

Seguridade e protección de datos no ámbito educativo

50

10

Persoal administrativo e de servizos (persoal non docente dos centros educativos) dos centros educativos públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

6.11.2023

16.11.2023

22.11.2023 19.00 h

FC23196

Os problemas de conduta no ámbito educativo

30

15

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

Aproveitamento

Telepresenza

25, 26 e 28 de setembro e 3, 4 e 6 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h

6.10.2023 18.30 h

FC23197

Competencias emocionais do alumnado con trastornos do espectro autista

30

15

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

Aproveitamento

Telepresenza

18, 19, 21, 22, 27 e 28 de setembro, das 16.30 ás 19.00 h

28.9.2023 18.30 h

FC23198

A atención ao alumnado con discapacidade visual nas diferentes modalidades de ensino

30

15

Persoal laboral que desenvolva o seu labor en centros de ensino da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española.

Aproveitamento

Telepresenza

23, 24, 26, 30 e 31 de outubro e 3 de novembro, das 16.30 ás 19.00 h

3.11.2023 18.30 h

FC23199

Accesibilidade comunicativa e cognitiva nos centros educativos

30

8

Persoal intérprete de lingua de signos. Outro persoal con funcións de mediación comunicativa.

Aproveitamento

Telepresenza

20 e 22 de novembro, das 17.00 ás 20.00 h
23 de novembro, das 17.00 ás 19.00 h

23.11.2023 18.30 h

FC23200

A mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos

30

15

Persoal educador e auxiliar coidador e intérpretes da lingua de signos española da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Aproveitamento

Telepresenza

16, 17, 19, 24, 25 e 27 de outubro, das 16.30 ás 19.00 h

27.10.2023 18.30 h

Consellería de Economía, Industria e Innovación

FC23178

A dixitalización do control de mercado de consumo

25

12

Persoal ao servizo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, así como persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

18, 19 e 20 de setembro, das 10.00 ás 14.00 h

20.9.2023 13.30 h

FC23179

Aplicacións avanzadas de ArcGIS en proxectos de eólica terrestre e mariña

15

21

Persoal ao servizo do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), enxeñeiros/as da Consellería de Economía, Industria e Innovación, así como persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

12, 14, 19, 21, 26 e 28 de setembro e 3 de outubro, das 9.00 ás 12.00 h

3.10.2023 11.30 h

FC23180

Hidróxeno de orixe renovable: Aspectos técnicos e de seguridade nas instalacións

25

18

Persoal ao servizo do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), enxeñeiros/as da Consellería de Economía, Industria e Innovación, así como persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

17, 18 e 19 de outubro, das 9.00 ás 12.00 h
24, 25 e 26 de outubro, das 16.00 ás 19.00 h

26.10.2023 18.30 h

Consellería de Facenda e Administración Pública

FC23073

A potestade sancionadora en materia tributaria: procedemento e réxime sancionador

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

23.10.2023

24.11.2023

30.11.2023 18.30 h

FC23187

Fiscalidade do patrimonio familiar

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

23.11.2023

29.11.2023 19.00 h

FC23188

Tratamento da información estatística e presentación de resultados empregando o software libre R

50

30

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

2.10.2023

30.10.2023

3.11.2023 17.30 h

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

FC23189

ArcGIS para persoal técnico urbanístico.

Nivel intermedio-avanzado

25

30

Persoal técnico da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

25 e 27 de setembro, das 10.00 ás 12.00 h, das 12.30 ás 14.30 h, das 16.00 ás 18.00 h,

2 e 4 de outubro, das 10.00 ás 12.00 h, das 12.30 ás 14.30 h, das 16.00 ás 18.00 h
9 de outubro, das 10.00 ás 12.00 h, das 12.30 ás 14.30 h, das 16.00 ás 18.00 h

9.10.2023 17.30 h

FC23190

Seguimento das autorizacións ambientais integradas

30

40

Persoal técnico ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, relacionados coa tramitación e seguimento das autorizacións ambientais integradas (AAI).

Aproveitamento

Telepresencial +Presencial

Presencial: 3, 10 e 17 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h
Telepresenza: 5, 19, 24, 26 e 31 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h e 2 de novembro, das 9.30 ás 14.30 h

2.11.2023 14.00 h

FC23191

Control e inspección de verteduras líquidas

40

20

Persoal inspector ambiental da Dirección xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, tanto en servizos centrais como nas delegacións territoriais.
Persoal técnico de Augas de Galicia.
Outro persoal da Dirección xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda que realice funcións relacionadas coa calidade ambiental e avaliación ambiental, en servizos centrais e nas delegacións territoriais.

Aproveitamento

Presencial +Telepresenza +Teleformación

Presencial: 19 de setembro e 9 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h
Telepresenza: 21, 26 e 28 de setembro e 4 de outubro, das 10.00 ás 12.00 h
Teleformación: 2 horas (unha tarefa)

9.10.2023 13.30 h

FC23192

Actividades de xestión de residuos sometidas a comunicación previa: aspectos teóricos e prácticos

30

25

1. Persoal dos servizos de Calidade Ambiental das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
2. Persoal do Servizo de Residuos.
3. Persoal de empresas públicas que traballen en materia de residuos.
4. Persoal do Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.
5. Persoal do Servizo de Intervención Ambiental.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

3, 10, 17, 24 e 31 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h

31.10.2023 13.30 h

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

FC23181

Metodoloxía de elaboración de informes no traballo social forense

20

12

Traballadores/as sociais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Aproveitamento

Telepresenza

26 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h
27 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h

27.10.2023 13.30 h

FC23182

Actualización en violencia de xénero

35

12

Médicos forenses, psicólogos e traballadores sociais do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Aproveitamento

Telepresenza

16 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h
17 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h

17.11.2023 13.30 h

FC23183

Memoria de testemuñas. Desenvolvemento recente en investigación

20

12

Psicólogos/as do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).

Aproveitamento

Telepresenza

23 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h
24 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h

24.11.2023 13.30 h

FC23184

Técnicas especiais en autopsia

20

12

Auxiliares de autopsia e médicos forenses.

Aproveitamento

Telepresenza

6 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h
7 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h

7.11.2023 13.30 h

FC23185

Programas de exercicio físico saudable en centros de maiores

25

15

Prioridade 1- Directores/as de centros de maiores dependentes da Xunta de Galicia.
Prioridade 2- Fisioterapeutas e terapeutas ocupacionais dos centros de maiores dependentes da Xunta de Galicia, así como outros traballadores que deseñen e programen actividade física para a saúde nestes centros.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

14, 15, 16 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h

16.11.2023 13.30 h

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: Prevención de riscos laborais

FC23186

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

A Coruña

21 e 22 de setembro, das 8.30 ás 14.30 h

22.9.2023

FC23186

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Ourense

5 e 6 de outubro, das 8.30 ás 14.30 h

6.10.2023

FC23186

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

9 e 10 de novembro, das 8.30 ás 14.30 h

10.11.2023

FC23186

Prevención de riscos laborais. Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

25

12

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Pontevedra

19 e 20 de outubro, das 8.30 ás 14.30 h

20.10.2023

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade: Emprego

FC23193

O radon no ámbito laboral

25

8

Persoal técnico do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia, da Administración autonómica de Galicia e outro persoal interesado ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Telepresenza

18 e 19 de outubro, das 9.30 ás 13.30 h

19.10.2023 13.00 h

Consellería de Sanidade

FC23206

Formación básica en inspección de matadoiros para persoal substituto

25

10

Veterinarios das listas de vinculación temporal do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, que non consten como penalizados nin en suspensión de chamamentos.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

8 de setembro, das 9.00 ás 14.30 h e das 15.30 ás 20.00 h

8.9.2023

19.30 h

FC23207

Resolución de conflitos na inspección de saúde pública

30

12

Persoal implicado na inspección de saúde pública (Persoal de inspección farmacéutico e veterinario de Saúde Pública e persoal de xestión de servizos centrais da Dirección Xeral de Saúde Pública).

Aproveitamento

Santiago de Compostela

26 de setembro, das 9.30 ás 14.30 h e das 15.30 ás 18.30 h
27 de setembro, das 9.30 ás 13.30 h

27.9.2023 13.00 h

Consellería do Mar

FC23201

Identificación de especies: poliquetos: bioloxía e xestión

13

20

Persoal técnico priorizándoo do seguinte xeito:

1. Persoal técnico que ocupe prazas e realice as funcións de biólogo de zona ou técnico en zonas e instalación de produción.
2. Persoal técnico do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) que teña relación directa coa investigación e seguimento de recursos mariños.
3. Resto do persoal técnico da Consellería do Mar cuxo traballo teña relación directa cos recursos mariños obxecto do curso.
4. Resto do persoal técnico das consellerías.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

Sesións teóricas: 11 e 12 de setembro, na EGAP, das 9.00 ás 14.00 h

Sesións prácticas: 14 e 15 de setembro, no Laboratorio da UDC, das 9.00 ás 14.00 h

Saída a intermareal: 18 de setembro, en Miño

(A Coruña)

18.9.2023 13.00 h

FC23202

Comercialización no ámbito da inspección pesqueira

30

15

Persoal do Servizo de Inspección e Control dos Recursos da Subdirección Xeral de Gardacostas e outros corpos de Inspección e persoal técnico da Consellería do Mar, tendo preferencia os recentemente incorporados.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

14, 15 e 16 de novembro, das 9.00 ás 14.00 h

16.11.2023 13.30 h

FC23203

Perfeccionamento en sistemas de información xeográfica aplicados ao espazo marítimo

25

24

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, con coñecementos básicos de emprego de ferramentas de información xeográfica.

Aproveitamento

Telepresenza +Teleformación

Teleformación: do 17 ao 26 de outubro

Telepresenza: 17, 18, 19, 20, 25 e 26 de outubro, das 16.00 ás 19.00 h

26.10.2023 18.30 h

FC23204

Redacción de documentos e principios xurídicos nas actuacións do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia

25

20

Persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia. Persoal veterinario da Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

16, 17, 18, 19, 20 e 23 de outubro, das 17.00 ás 20.00 h
24 de outubro, das 17.00 ás 19.00 h

24.10.2023 18.30 h

FC23205

Relacións entre os ecosistemas litorais e plans de xestión

25

30

1. Persoal técnico da Consellería do Mar que realiza as funcións dos coñecidos como biólogos de zona.
2. Persoal técnico con funcións de xestión da Consellería do Mar que ten que ver coa aprobación dos plans de xestión marisqueira.

3. Persoal técnico investigador da Consellería do Mar no eido dos recursos mariños.
4. Resto do persoal técnico da Consellería do Mar.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

Sesións teóricas: 21, 22, 25 e 26 de setembro, na EGAP,
21 e 25 de setembro, das 10.00 ás 14.00 h,
22 e 26 de setembro, das 10.00 ás 13.00 h

Sesións prácticas: 29 de setembro e 2 de outubro,
Mañás: saídas a campo (Cabo Estai e Punta Bombardeira)
Tardes: laboratorio

2.10.2023 13.00 h

Consellería do Medio Rural

FC23169

Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

50

25

En primeiro lugar, técnicos/as dos servizos da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e dos servizos provinciais de Infraestruturas Agrarias e persoal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
En caso de que non haxa solicitudes suficientes, o resto de persoal técnico das dirección xerais da Consellería do Medio Rural e da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.
En caso de que non haxa solicitudes, o resto de persoal da Xunta de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

18.9.2023

18.10.2023

23.10.2023 19.30 h

FC23170

A produción ecolóxica: normativa reguladora, procesos produtivos, industrias e comercialización

30

20

Persoal da Área de Calidade Alimentaria e persoal da Subdirección xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

17 de outubro, das 10.00 ás 15.00 h,
18 de outubro, das 10.00 ás 15.00 h e das 16.00 ás 21.00 h (visita á Casa Grande de Xanceda)
24 de outubro, das 10.00 ás 15.00 h

24.10.2023 14.30 h

FC23171

O Fogga e a xestión dos fondos da PAC

50

40

Con prioridade para o persoal do Fogga e para os xestores de fondos europeos agrícolas Feaga ou Feader. En caso de prazas vacantes, o resto de persoal da Xunta de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

20.10.2023

27.11.2023

30.11.2023 17.00 h

FC23172

Prevención, detección e loita contra a fraude e conflito de intereses na xestión dos fondos europeos agrícolas

50

15

Con prioridade para o persoal do Fogga e para os xestores de fondos europeos agrícolas Feaga ou Feader. En caso de vacantes, o resto de persoal da Xunta de Galicia.

Aproveitamento

Teleformación

16.10.2023

27.10.2023

31.10.2023 19.00 h

FC23173

A actuación inspectora: actuacións e procedementos. Novidades lexislativas que afectan o réxime sancionador relacionado coa calidade alimentaria

30

20

Persoal da Subdirección Xeral da Cadea e Industrias Agroalimentarias e dos servizos de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e instrutores dos expedientes sancionadores de calidade alimentaria dos servizos xurídicos da Consellería do Medio Rural.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

15 e 22 de novembro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h,
16 e 23 de novembro, das 10.00 ás 14.00 h

23.11.2023 13.30 h

FC23174

O control da calidade dos produtos fertilizantes. O Regulamento (UE) 2019/1009, sobre comercialización dos produtos fertilizantes UE e actualización do Real decreto 509/2013

30

12

Persoal da Subdirección xeral da Cadea e Industrias Agroalimentarias e dos servizos de Industrias, Calidade e Cadea Agroalimentaria das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

19 de outubro, das 10.00 ás 14.00 h e das 16.00 ás 18.00 h
26 de outubro, das 10.00 ás 18.00 h

26.10.2023 17.30 h

FC23175

Controis oficiais en materia de zootecnia

30

8

Persoal veterinario da Consellería do Medio Rural responsable dos controis oficiais competencia da Subdirección Xeral de Gandaría en materia de zootecnia.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

17 e 18 de outubro, das 9.30 ás 13.30 h

25.10.2023 13.00 h

FC23176

Revisión dos procedementos administrativos en oficinas rurais da Consellería do Medio Rural

50

30

O curso está dirixido ao persoal administrativo da Consellería do Medio Rural con prioridade para o persoal administrativo das oficinas rurais.

Aproveitamento

Teleformación

2.10.2023

7.11.2023

13.11.2023 18.00 h

FC23177

Controis oficiais nos programas de seguridade alimentaria dos produtos de orixe animal

30

20

Persoal veterinario da Consellería do Medio Rural responsable dos controis oficiais competencia da Subdirección Xeral de Gandaría en materia de seguridade alimentaria nas producións gandeiras.

Aproveitamento

Santiago de Compostela

19 e 26 de setembro e
3 e 17 de outubro, das 9.00 ás 14.00 h

17.10.2023 13.30 h

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC23208

A Lei da ciencia, a tecnoloxía e a innovación

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

10.10.2023

30.10.2023

3.11.2023 16.30 h

FC23209

Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica

50

30

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

25.10.2023

25.11.2023

30.11.2023 16.30 h

FC23210

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

50

30

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

18.9.2023

18.10.2023

23.10.2023 16.30 h

FC23211

Dereitos e obrigas da cidadanía na súa relación coas administracións públicas

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

28.9.2023

18.10.2023

23.10.2023 17.00 h

FC23212

Integridade institucional e plans antifraude

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

2.11.2023

20.11.2023

24.11.2023 18.00 h

FC23213

A selección do persoal empregado público e provisión de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

26.9.2023

14.10.2023

18.10.2023 17.30 h

FC23214

A estrutura do emprego público e ordenación dos recursos humanos na administración da Comunidade Autónoma de Galicia: a elaboración da relación de postos de traballo (RPT)

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

3.10.2023

22.10.2023

26.10.2023 17.30 h

FC23215

Nóminas e retribucións do persoal

50

25

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

17.10.2023

11.11.2023

15.11.2023 18.30 h

FC23216

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

50

25

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

2.10.2023

26.10.2023

31.10.2023 17.30 h

FC23217

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

3.10.2023

22.10.2023

26.10.2023 18.30 h

FC23218

Execución de resolucións xudiciais e as súas repercusións económicas

50

20

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

6.11.2023

23.11.2023

28.11.2023 17.00 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

FC23219

Básico de dereito social europeo

50

30

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional.

Aproveitamento

Teleformación

30.10.2023

27.11.2023

1.12.2023 18.00 h

FC23220

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia

50

30

Funcionarios e persoal laboral da Administración autonómica, local, das universidades galegas e doutras entidades públicas que deban intervir na acción exterior consonte coa Lei 10/2021.

Aproveitamento

Teleformación

18.9.2023

18.10.2023

24.10.2023 17.00 h

FC23221

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas

30

14

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema Universitario de Galicia (UDC, USC e Uvigo).

Aproveitamento

Telepresenza + Presencial

Telepresenza: 10, 17 e 19 de otuburo, das 17.00 ás 19.30 h,
26 de outubro, das 17.00 ás 20.00 h

Presencial: 24 de outubro, das 16.30 ás 20.00 h

26.10.2023 19.30 h

FC23222

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

50

25

Persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; das entidades locais; da Administración de xustiza e persoal de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

Aproveitamento

Teleformación

25.9.2023

18.10.2023

23.10.2023 17.30 h