Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT BRT803 (Buño-Auto 1), apoio 77-69 ao 77-73, no concello de Ponteceso (expediente IN407A 2022/91-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 8 de agosto de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/91-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMT BRT803 (Buño-Auto 1), apoio 77-69 ao 77-73.
Concello: Ponteceso.
| Predio | Polígono | Parcela | Titularidade proposta | Data de ocupación | 
| 1 | 10 | 39 | Descoñecida | 24.8.2023 | 
| 2 | 6 | 134 | Descoñecida | 24.8.2023 | 
| 3 | 6 | 273 | Descoñecida | 24.8.2023 | 

