De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2023
O secretario xeral técnico da Consellería de Economía, 
Industria e Innovación
P.S. (Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
María Adelaida Couto Piñón
Vicesecretaria xeral da Consellería de Economía, 
Industria e Innovación
ANEXO
| Expediente/recurso | NIF | Acto obxecto de notificación | 
| IN408A 2020/42 RAI-DXEM-85.15/23 | 32753813L | Acordo de denegación da solicitude de suspensión | 

