DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 28 de agosto de 2023 Páx. 50808

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 21 de agosto de 2023 pola que se publica a redistribución e a ampliación do crédito da Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

O 17 de xaneiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

A dita orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas ás seguintes accións:

1. Modalidade A: axudas destinadas a realizar actuacións que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sostible desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48 (letras: a, b, c, d, f, h) do Regulamento UE 508/2014).

2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables (artigo 48, letra k), do Regulamento UE 508/2014).

3. Modalidade C: axudas destinadas a obter servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento (artigo 49, letra b) do Regulamento UE 508/2014).

Así mesmo, a Orde do 27 de decembro de 2022 establece no seu artigo 3.2 que se poderá ampliar o importe fixado na convocatoria no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións establecidas no número 2 do artigo 30 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto, respectando o disposto nos artigos 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia.

Tendo en conta que este ano, polo número e contía das axudas correspondentes á modalidade A, o crédito orzamentario non é suficiente para atender as solicitudes que cumpren cos requisitos, é polo que procede redistribuír e ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas destinadas a realizar actuacións que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sostible desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48 letras: a, b, c, d, f, h, do Regulamento UE 508/2014).

Por todo o anterior, e en uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Modifícase o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 27 de decembro de 2022, redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2023 entre as diferentes modalidades de axuda:

Aplicación de orixe

Proxecto de orixe

Aplicación de destino

Proxecto de destino

Importe

15.02.723A.772.5

2016 269

15.02.723A.772.2

2016 271

92.656,90 €

15.02.723A.772.6

2016 272

15.02.723A.772.2

2016 271

90.000,00 €

Total

182.656,90 €

Segundo. Amplíase o importe da contía máxima das axudas, correspondentes á modalidade A, que se van conceder ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2022, na seguintes contías e aplicacións orzamentarias dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023:

Aplicación de orixe

Proxecto de orixe

Aplicación de destino

Proxecto de destino

Importe

15.02.723A.770.0

2016 273

15.02.723A.772.2

2016 271

49.504,50 €

15.02.723A.770.0

2016 260

15.02.723A.772.2

2016 271

70.000,00 €

Total

119.504,50 €

Terceiro. As axudas correspondentes á Orde do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F), concederanse con cargo ás aplicacións orzamentarias que figuran no cadro que se insire dotadas na Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023. Os importes máximos que se concedan no dito exercicio orzamentario ascenderán ás seguintes contías:

Crédito

Modalidade de axuda

Aplicación orzamentaria

Proxecto

Total

Inicial

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

2.500.000,00 €

Ampliado

Modalidade A

15.02.723A.772.2

2016 271

2.802.161,40 €

Inicial

Modalidade B

15.02.723A.772.5

2016 269

150.000,00 €

Modificado

Modalidade B

15.02.723A.772.5

2016 269

57.343,10 €

Inicial

Modalidade C

15.02.723A.772.6

2016 272

90.000,00 €

Modificado

Modalidade C

15.02.723A.772.6

2016 272

0,00 €

Cuarto. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar